29 de outubro

O 29 de outubro é o 302º día do ano do calendario gregoriano (303º nos anos bisestos). Quedan 63 días para finalizar o ano.

<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Croixrouge logos
Cruz Vermella

Nacementos

Richard Dreyfuss
Richard Dreyfuss
Winona Ryder 2010 TIFF
Winona Ryder
Amarna Miller
Amarna Miller

Mortes

JosephPulitzerPinceNeznpsgov
Joseph Pulitzer

Festas e celebracións

  • Día Mundial do Ictus [1]
  • Día Mundial da Psoríase e da Artrite Psoriásica [2]

Outros

  • Santoral: Santa Ermelinda, virxe; San Fidel, mártir; San Feliciano, mártir; San Maximiliano, bispo; San Narciso de Xerusalén, bispo.

Os 366 días do ano

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

Alcalá de Henares

Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.

O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor do Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.

A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.

Arne Tiselius

Arne Wilhelm Kaurin Tiselius, nado o 10 de agosto de 1902 en Estocolmo (Suecia) e finado o 29 de outubro de 1971 en Uppsala (Suecia), foi un bioquímico sueco galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1948.

Cut Here

"Cut Here" é un sinxelo da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editado o 29 de outubro do 2001 como parte do seu recompilatorio Greatest Hits. O tema acadou o número 54 na lista británica de sinxelos.

Dereito

O Dereito é a orde normativa e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica, baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais.

A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito.

A expresión «dereito» utilízase indistintamente para nomear á disciplina e ao seu obxecto de estudo. Así, «dereito» refírese á ciencia do dereito ou a un determinado corpo de normas (por exemplo, dereito civil, dereito penal, dereito procesal, dereito internacional, etc.).

Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social. Isto é, tendo en conta a validez, é dicir, se se levou a cabo o procedemento adecuado para a súa creación, independientemente da súa eficacia (se é acatada ou non) e do seu ideal axiolóxico (se busca concretar un valor como a xustiza, a paz, a orde, o ben común, etcétera).

O dereito subxectivo é a facultade que outorgou o ordenamento xurídico a un suxeito (por exemplo, dereito á nacionalidade, dereito á saúde, dereito a demandar, dereito a manifestarse libre e pacificamente, etc.).

Falange Española

Falange Española (FE, en galego: Falanxe Española) foi un partido político fundado o 29 de outubro de 1933 no Teatro da Comedia de Madrid por José Antonio Primo de Rivera (fillo de Miguel Primo de Rivera) durante a campaña para as eleccións lexislativas de 1933. Na súa dirección figuraban Julio Ruiz de Alda e Alfonso García Valdecasas.

Imperio Otomán

O Sublime Estado Otomán (en turco otomán: دَوْلَتِ عَلِيّهٔ عُثمَانِیّه, Devlet-i ʿAliyye-yi ʿOsmâniyye, tamén عثمانلى دولتى Osmanlı Devleti, en turco: Yüce Osmanlı Devleti ou Osmanlı İmparatorluğu) foi un imperio que durou dende o 27 de xullo de 1299 até o 29 de outubro de 1923. Foi habitualmente coñecido polos seus contemporáneos como Imperio Otomán, Imperio Turco, a Sublime Porta ou, máis comunmente, Turquía. Dende 1923, úsase preferentemente o nome de Imperio Otomán para non crear confusión coa actual República de Turquía.

No cumio do seu poder, nos séculos XVI e XVII, controlaba territorios no sueste de Europa, suroeste de Asia e norte de África. O Imperio Otomán estaba formado por vinte e nove provincias e numerosos estados vasalos, algúns dos cales chegaron a ser absorbidos completamente polo imperio, mentres que a outros foilles concedido certo grao de autonomía no transcurso dos séculos. O imperio gañou tamén eventualmente autoridade sobre terras estranxeiras afastadas a través de declaracións de lealdade ao Sultán, como por exemplo a declaración do Sultán de Aceh en 1565, ou a través de adquisicións temporais de illas, como por exemplo Lanzarote no océano Atlántico en 1585.

Con Constantinopla (en turco otomán: استنبول, Istanbul e قسطنطينيه, Kostantiniyye) como capital, e control de extensión de terra por todo o mar Mediterráneo durante o reinado de Suleimán o Magnífico (dirixente de 1520 a 1566), o imperio foi o centro de interaccións entre o mundo Occidental e Oriental durante seis séculos. O imperio chegou á súa fin, como réxime baixo a monarquía imperial, o 1 de novembro de 1922, rematando a súa existencia de iure o 24 de xullo de 1923 baixo o Tratado de Lausana. Foi sucedido pola República de Turquía, que foi oficialmente proclamada o 29 de outubro dese mesmo ano.

Inocencio IX, papa

Giovanni Antonio Facchinetti, nado en Bolonia o 20 de xullo de 1519 e falecido en Roma o 30 de decembro de 1591. Baixo o nome de Inocencio IX (en latín Innocens IX, en italiano Innocenzo IX) foi o 230º papa da igrexa católica e apostólica romana durante 62 días do 29 de outubro ao 30 decembro de 1591.

Antigo xurista, procedente da universidade de Bolonia, despois diplomático, deixou diversos ensaios, un deles opoñéndose a Maquiavelo, Adversus Machiavellem.

En Roma, baixo o seu reinado, homes e mulleres de máis de 14 anos tiveron o dereito de voto.

Reveriano Soutullo

Reveriano Soutullo Otero, nado en Ponteareas o 11 de xullo de 1880 e finado en Vigo o 29 de outubro de 1932, foi un compositor galego de pasodobres e zarzuelas. Entre 1919 e 1931 formou un famoso tándem con Juan Vert, con quen compuxo grandes éxitos da zarzuela.

Tanzania

Tanzania, oficialmente República Unida de Tanzania (en suahili: Jamhuri ya Muungano wa Tanzania), é un país da África Oriental, limitado ao norte por Uganda e por Quenia, ao leste polo Océano Índico, ao sur por Mozambique, por Malawi e por Zambia e ao oeste por Burundi, por Ruanda e pola República Democrática do Congo, fronteira exclusivamente lacustre, a través do Lago Tanganica. O país inclúe tamén o arquipélago de Zanzíbar, no Índico. O Kilimanjaro, a montaña máis alta de África, está situada no nordeste de Tanzania.

O país está dividido en 30 rexións administrativas: cinco na área semi-autónoma do arquipélago de Zanzíbar e 25 no continente, na antiga Tanganica. O xefe do estado é o Presidente Jakaya Mrisho Kikwete, elixido en 2005. Dende 1996, a capital oficial de Tanzania foi Dodoma, onde está localizada a Asemblea Nacional e as oficinas do goberno. Entre a súa independencia e 1996, a principal cidade costeira, Dar es Salaam, serviu como capital política. Segue a ser a principal cidade comercial do país e numerosas institucións do goberno siguen localizadas alí. É tamén o porto máis importante do país.Tanganica e Zanzíbar fusionáronse o 26 de abril de 1964 para formar a República Unida de Tanganica e Zanzíbar. O 29 de outubro dese mesmo ano, o país foi renomeado como República Unida de Tanzania ('Tan' provén de Tanganica e 'Zan' de Zanzíbar). É, canda Quenia e Uganda, un dos tres países da África oriental ex británica. Agás os masai do norte do país, que son nilocamitas, o resto da poboación está formada por unhas 140 tribos bantú, sendo as máis importantes as de sukuma, nyamwezi, gogo e chagga no norte, e makonde e hehe no sur. O suahili e o inglés son as dúas linguas oficiais.

Universidade de Madrid

Universidade de Madrid ou Universidade Central foron os nomes que tomou a Universidade de Madrid cando se pechou a Universidade de Alcalá, e os seus estudos foron trasladados á cidade de Madrid, a mediados do século XIX. Mediante Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse o comezo do traslado a Madrid dos estudos. A universidade de Madrid denominouse nun principio Universidade Literaria e en 1851, Universidade Central.

Xesús Mato Mato

Xesús Mato Mato, nado en Cabo de Vila (San Martiño de Castro, Paradela) o 29 de outubro de 1932, é un sacerdote, musicólogo e escritor galego.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.