29 de novembro

O 29 de novembro é o 333º día do ano do calendario gregoriano e o 334º nos anos bisestos. Quedan 32 días para acabar o ano.

<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Gaetano Donizetti 2
Gaetano Donizetti.

Mortes

Francisco Pi y Margall
Francesc Pi i Margall.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: San Saturnino.

Os 366 días do ano

2001

2001 (MM)foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio, aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os atentados do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo", que incluíu a invasión de Afganistán e a segunda guerra do Golfo, e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.

28 de novembro

O 28 de novembro é o 332º día do ano do calendario gregoriano e o 333º nos anos bisestos. Quedan 33 días para acabar o ano.

Carlos IV de Luxemburgo

Carlos IV (en alemán: Karl IV, en checo: Karel IV, en latín: Carolus IV) nado en Praga o 14 de maio de 1316 e finado na mesma cidade o 29 de novembro de 1378, foi un emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, da Casa de Luxemburgo, e rei de Alemaña, Bohemia, Borgoña e Italia.

Clemente IV, papa

Clemente IV, nado en Saint-Gilles-du-Gard en 1202 e finado en Viterbo o 29 de novembro de 1268, foi o Papa nº 183 da Igrexa católica de 1265 a 1268.

Ernesto Lecuona

Ernesto Lecuona Casado, nado en Guanabacoa o 6 de agosto de 1895 e finado o 29 de novembro de 1963, en Santa Cruz de Tenerife, foi un intérprete e compositor de música cubano.

É considerado o músico cubano máis destacado, e a súa obra pianística compárase coa de Manuel de Falla ou a de Ravel.

Canda Gonzalo Roig e Rodrigo Prats, forma o trío máis importante de compositores do teatro lírico cubano e en especial da zarzuela. A achega máis importante de Lecuona ao xénero teatral é a romanza cubana.

Entre as súas obras destacan as zarzuelas Canto Siboney, que está integrada na súa obra La tierra de Venus; Damisela Encantadora, incluída na zarzuela Lola Cruz; Diablos y Fantasías, El Amor del Guarachero, El Batey (1929), El Cafetal, El Calesero, El Maizal, La Flor del Sitio, Tierra de Venus (1927), María la O (1930) ou Rosa la China (1932). Tamén destacar as cancións Canto Carabalí, La Comparsa e Malagueña (1933), pertencente á suite Andalucía; as súas obras para danza, Danza de los Ñáñigos e Danza Lucumí ; a ópera El Sombrero de Yarey (de paradeiro descoñecido), a Rapsodia Negra para piano e orquestra, así como a Suite Española.

Coas súas zarzuelas, deulle unha forma clasicamente definida á zarzuela cubana en canto a xénero e estilo se refire, e, polos seus logros dramáticos e musicais, fican próximas á ópera. En 1942, a súa composición "Siempre en mi corazón", foi candidata para o Oscar como canción; mais no seu lugar gañou "White Christmas".

Filipe IV de Francia

Filipe IV de Francia, coñecido como Filipe o Fermoso, naceu en 1268, e morreu o 29 de novembro de 1314 en Fontainebleau; foi rei de Francia de 1285 a 1314, o décimo primeiro da dinastía dos chamados "capetos directos".

Gaetano Donizetti

Domenico Gaetano Maria Donizetti, máis coñecido como Gaetano Donizetti, nado en Bérgamo o 29 de novembro de 1797 e finado na mesma cidade o 8 de abril de 1848, foi un compositor italiano de óperas moi prolífico, coñecido polas súas obras L'elisir d'amore, que contén a famosa aria "Unha furtiva bágoa"; Lucia dei Lammermoor, inspirada na novela de Walter Scott; e La favorita.

Museo Británico

O Museo Británico (en inglés: British Museum) é un museo sobre a cultura e historia humana situado en de Londres (Inglaterra). A súas coleccións, constituídas por máis de 13 millóns de obxectos, atópanse entre as maiores e máis detalladas do mundo, formadas por obxectos de tódolos continentes que ilustran e documentan a historia da cultura dende a os seus comezos ata a actualidade.

O Museo Británico foi inaugurado en 1753. Nun primeiro momento, o museo estaba formado principalmente polas coleccións do físico e científico británico Sir Hans Sloane. O museo abriu por primeira vez ao público o 15 de xaneiro de 1759 na Casa Montagu (Montagu House), Bloomsbury, no mesmo emprazamento no que se atopa hoxe en día o museo. A expansión do museo ao longo do tempo deu lugar á creación de diferentes institucións relacionadas co Museo Británico como son o Museo Británico de Historia Natural (British Museum of Natural History) creado en South Kensington en 1887. Ata 1997, cando a actual edificio da Biblioteca Británica (British Library) abriu ao público, O Museo Británico era o único museo do mundo que posuía unha biblioteca e un museo nacional de antigüidades nun só edificio. Dende o 2001 o director do museo é Neil MacGregor.

Coma outros museos nacionais e galerías de arte do Reino Unido, a entrado do museo é de balde, aínda que hai que pagar por algunhas exposicións temporais.

Three Imaginary Boys

Three Imaginary Boys é o álbum de estrea da banda inglesa The Cure. Foi posteriormente reeditado nos Estados Unidos con pequenos cambios na listaxe de cancións co nome de Boys Don't Cry. O álbum foi re-editado o 29 de novembro de 2004 cun segundo disco que contén material non editado previamente, incluíndo cancións gravadas co nome "Easy Cure" con Porl Thompson.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.