29 de marzo

O 29 de marzo é o 88º día do ano do calendario gregoriano e o 89º nos anos bisestos. Quedan 277 días para finalizar o ano.

<< Marzo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Sanctorius
Santorio Santorio.

Mortes

Georges Seurat 1888
Georges Seurat.

Outros

Eclipse Solar

Os 366 días do ano

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

Aeroporto de Fort Lauderdale-Hollywood

O aeroporto internacional de Fort Lauderdale-Hollywood (IATA: FLL, OACI: KFLL) é un aeroporto estadounidense situado no condado de Broward, en Florida. O aeroporto atópase entre as cidades de elimitando as cidades de Fort Lauderdale, Hollywood e Dania Beach, a 5 quilómetros ao suroeste do centro de Fort Lauderdale e a 34 ao norte de Miami. O aeroporto está preto da terminal de cruceiros de Port Everglades e é popular entre os turistas que embarcan cara o Caribe. Dende finais dos anos 90, Fort Lauderdale converteuse nunha porta de entrada intercontinental, aínda que o aeroporto de Miami aínda manexa a meirande parte dos voos de longo alcance na zona.

É a base máis grande para Spirit Airlines e é unha cidade focal para JetBlue, Norwegian Long Haul, Allegiant Air e Southwest Airlines. No ano 2016, as cinco primeiras aeroliñas no aeroporto por porcentaxe de mercado foron JetBlue cun 25%, Southwest Airlines cun 19,7%, Spirit Airlines cun 19,4%, Delta Air Lines cun 10,2% e American Airlines cun 6,9%. FLL é o 19º aeroporto máis concorrido dos Estados Unidos en termos de pasaxeiros, ademais de ser o 14º con máis pasaxeiros internacionsi e un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo. No ano 2017 pasaron polo aeroporto un total de 32 511 053 pasaxeiros, dos cales 7 183 275 foron internacionais.

Ayu-mi-x II version Non-Stop Mega Mix

O Ayu-mi-x II version Non-Stop Mega Mix é a versión definitiva da serie "ayu-mi-x II", xa que este álbum contén remixes dos outros tres álbums mezcrados entre eles polo produtor Shoji Ueda nun megamix de 70 minutos de duración. O segundo disco inclúe novos remixes, entre os que se encontra unha versión inconclusa de "Far away" (Hal’s Mix 2000) e 6 mezcras feitas por aquel entón produtores afeccionados usando as voces incluídas nos singles. Foi lanzado tres semanas despois das outras versións, o 29 de marzo do ano 2000. É o undécimo álbum de remixes máis vendido a nivel mundial con 515.410 copias vendidas.

Curitiba

Curitiba é unha cidade brasileira, capital do estado do Paraná. Sitúase a 934,6 metros por riba do nivel do mar, na primeira altiplano paranaense. A súa poboación é de 1 587 315 habitantes, segundo o censo de 2000, sendo a máis grande cidade da Rexión Sur de Brasil.

Considerada por moitos a metrópole brasileira que ofrece a mellor calidade de vida e unha das mellores cidades brasileiras para facer negocios, Curitiba fundouse en 1654 e elevouse á categoría de vila e de municipio o 29 de marzo de 1693, co nome de Nosa Señora da Luz dos Pinhais. Pasou en 1721 a chamarse Curitiba (en lingua guaraní, Kurit = piñeiro, e Ybá = gran cantidade) que debe o seu nome aos milleiros de piñeiros que cubrían o seu territorio. Nas mediadas do século XIX, a entón Provincia do Paraná sepárase do entón Provincia de São Paulo e Curitiba convértese na súa capital. Durante a súa histaria, Curitiba recibiu un gran fluxo de inmigrantes europeos, especialmente italianos, polacos, alemáns e ucranianos.

Joseph Hooton Taylor Jr.

Joseph Hooton Taylor, Jr., nado o 29 de marzo de 1941 en Filadelfia, é un astrofísico estadounidense.

Netflix

Netflix, Inc. é unha empresa comercial estadounidense de contidos multimedia que proporciona mediante unha tarifa plana mensual, series e filmes en streaming, baixo demanda por internet e DVD-por-correo, onde os DVD se envían mediante Permit Reply Mail. A compañía foi fundada en 1997 e ten a súa sede en Los Gatos, California. Comezou o seu servizo baseado en subscrición en 1999. Para o ano 2009, Netflix estaba a ofertar unha colección de 100 000 títulos en DVD e posuía máis de 10 millóns de clientes subscritores. O 25 de febreiro de 2007, Netflix entregou o DVD número mil millóns. En abril de 2011, Netflix superou a cifra de 23 millóns de subscritores, que se converteron en máis de 60 millóns no ano 2015.O 20 de outubro de 2015, Netflix chegou a Galicia. En xaneiro de 2016, a empresa expandiuse pola maioría dos países do mundo, chegando a máis de 190.Netflix estreou internacionalmente a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma o 29 de marzo de 2019: O sabor das margaridas.

Premios Oscar

Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Oscar son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Oscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Oscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.

Radio Galega

Radio Galega (RG) é o nome da radio pública de Galicia, integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, que inclúe tamén á Televisión de Galicia (TVG). Comezou a emitir, en fase de probas, o 24 de febreiro de 1985 e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo dese ano. Desde mediados de 2009 a súa directora é a xornalista Rosa Martínez, en substitución do tamén xornalista Virxilio Costas.

Vixilio, papa

Vixilio foi papa entre o 29 de marzo do 537 e o 7 de xuño de 555, nun período de dificultades no territorio italiano, dadas as axitacións que abalaban o Imperio romano. Propuxo a Pragmática Sanción, emanada en realidade polo emperador Xustiniano.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.