28 de xuño

O 28 de xuño é o 179º día do ano do calendario gregoriano e o 180º nos anos bisestos. Quedan 186 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Jean-Jacques Rousseau (painted portrait)
Jean-Jacques Rousseau.

Mortes

Jaume Vicens Vives.jpeg
Jaume Vicens i Vives.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: Arximiro, Ireneo, Marcela.

Os 366 días do ano

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

Frank Sherwood Rowland

Frank Sherwood Rowland, nado o 28 de xuño de 1927 en Delaware, Ohio (Estados Unidos) e finado o 10 de marzo de 2012, foi un profesor de química estadounidense na Universidade de California, Irvine. A súa investigación dedícase á química atmosférica e á cinética química, foi condecorado co Premio Nobel de Química en 1995.

Galicia Hoxe

Galicia Hoxe foi un xornal galego que se publicou en Santiago de Compostela editado pola Editorial Compostela, a mesma que edita El Correo Gallego. Foi o primeiro diario en lingua galega, apareceu o 6 de xaneiro de 1994 coa cabeceira O Correo Galego e cunha tirada inicial de 10.000 exemplares, e en maio de 2003 cambiou para o seu nome definitivo. O derradeiro número saíu o 28 de xuño de 2011. As razóns do peche hai que buscalas, segundo o propio medio, no recorte de axudas económicas que habitualmente recibía da Xunta de Galicia. Non obstante mantén a súa cabeceira como diario dixital.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

James Madison

James Madison, nado en Port Conway (Virxinia) o 16 de marzo de 1751 e finado en Montpelier o 28 de xuño de 1836, foi un avogado e político norteamericano. Pai fundador da Constitución dos Estados Unidos e cuarto presidente dos Estados Unidos, entre 1809 e 1817,é alcumado "O Pai da Constitución".

Jean-Jacques Rousseau

Jean-Jacques Rousseau, nado en Xenebra (Suíza) o 28 de xuño de 1712 e finado en Ermenonville o 2 de xullo de 1778, foi un filósofo suízo, escritor, teórico político e un compositor autodidacta. Unha das figuras sobranceiras do Iluminismo francés, Rousseau é tamén un precursor do romanticismo. Rousseau cóntase entre os autores que mitificaron un pasado fraternal e feliz de todos os Homes, fronte a un presente desordenado e desigual do século XVIII. Voltaire criticou a Rousseau afirmando que: "ninguén colocou algunha vez tanto enxeño en nos querer converter en animais" do que el. Ler a Rousseau fai nacer "o desexo de camiñar a catro patas".

Rousseau asóciase frecuentemente ás ideas anticapitalistas e considérase un antecesor de socialismo e comunismo. Foi un dos primeiros autores modernos en atacar a propiedade privada. Victor Klemperer, ao estudar o Iluminismo francés en xeral e Rousseau en particular, viu en Adolf Hitler a concretización suprema dos ideais defendidos polo filósofo do século XVIII. Rousseau cuestionou a afirmación de que a maioría está sempre no certo e argumentou que o obxectivo do goberno debería ser asegurar a liberdade, igualdade e xustiza para todos, independentemente da vontade da maioría.

Klaus von Klitzing

Klaus von Klitzing, nado en Schroda o 28 de xuño de 1943, é un físico alemán. Recibiu o Nobel de Física en 1985 polo descubrimento da cuantización do Efecto Hall.

The Cure (álbum)

The Cure é o duodécimo álbum de estudio da banda inglesa The Cure, editado o 28 de xuño do 2004 por Geffen Records. As primeiras unidades incluían un DVD extra cun documental sobre a concepción dos temas do álbum titulado Making The Cure. O disco continúa o patrón de edicións da banda, cun disco de estudio cada 4 anos, precedido por Wish en 1992, Wild Mood Swings en 1996 e Bloodflowers en 2000, e seguido por 4:13 Dream aparecido no 2008.

Vítor II, papa

Vítor II (de nome Gebhard de Dollnstein-Hirschberg ), nado en Baviera e finado en Arezzo o 28 de xuño de 1057, foi o Papa nº 153 da Igrexa católica de 1055 a 1057.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.