28 de novembro

O 28 de novembro é o 332º día do ano do calendario gregoriano e o 333º nos anos bisestos. Quedan 33 días para acabar o ano.

<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Friedrich Engels-1840-cropped
Friedrich Engels.

Mortes

Mary Somerville
Mary Somerville.

Outros

  • Santoral: San Tiago de Marca.

Os 366 días do ano

Afonso XII de España

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Gregorio III, papa

San Gregorio III de Roma, naceu en Siria.

Manuel Díez Sanjurjo

Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1941, foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega

Matt Cameron

Matthew David Cameron, nado o 28 de novembro de 1962 en San Diego (California), é un músico estadounidense. Tocou a batería na banda de grunge Soundgarden dende 1986 ata a súa disolución en 1997. Despois da desaparición de Soundgarden foi invitado polos seus amigos de Pearl Jam, onde estivo tocando ata a actualidade. Cameron tamén tocou a batería nos proxectos paralelos Hater e Wellwater Conspiracy, facendo tamén funcións de vocalista na última.

Moscovio

O moscovio é un elemento sintético da táboa periódica, con símbolo químico Mc e número atómico 115. Fora descuberto en Rusia en 2004 e identificado provisionalmente como ununpentio, co símbolo Uup.

O 28 de novembro de 2016 a IUPAC asignoulle definitivamente o nome en inglés Moscovium.

Nihonio

O nihonio é un elemento químico sintético, con símbolo químico Nh, número atómico 113 (113 protóns e 113 electróns), probablemente de masa atómica [284] u. Pertence ao grupo 13 da táboa periódica.

O 28 de novembro de 2016 a IUPAC asignoulle o nome en inglés Nihonium , na honra de Xapón (que en xaponés se denomina Nihon).

Russell Alan Hulse

Russell Alan Hulse, nado o 28 de novembro de 1950 en Nova York, é un astrofísico estadounidense e gañador do Premio Nobel de Física en 1993, xunto co seu mestre de tese Joseph Hooton Taylor Jr., "polo descubrimento dun novo tipo de púlsar que abre novas posibilidades para o estudo da gravitación". É un especialista en estudos de pulsares e ondas gravitacionais.

Xesús Alonso Montero

Xesús Alonso Montero, nado en Vigo o 28 de novembro de 1928, é un ensaísta, membro do CCG e da RAG, catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego. Foi presidente da Real Academia Galega entre 2013 e 2017.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.