28 de febreiro

O 28 de febreiro é o 59º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 306 días para finalizar o ano, 307 nos anos bisestos.

<< Febreiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Michel de Montaigne 1
Michel de Montaigne.

Mortes

Portrait of Henry James 1913
Henry James.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: San Macario, Abercio, Rufino, Xusto, Teófilo, Cereal, Alercio, Púpulo, Caio e Serapión (Mártires); Proterio (Patrono e mártir); Barso e Ovaldo (Bispos); Román (Abade); Basilio (Monxe); Hilario (Papa).

Os 366 días do ano

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

29 de febreiro

O 29 de febreiro é o 60º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 306 días para finalizar o ano. Este día só existe nos anos bisestos.

As persoas nadas neste día acostuman celebra-lo seu aniversario o 28 de febreiro ou 1 de marzo nos anos non bisestos. Na Unión Europea, o 29 de febreiro converteuse en día bisesto oficial no ano 2000.

A Best 2

A Best 2 é unha serie de álbums compilatorios de grandes éxitos gravados pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzados asemade o 28 de febreiro de 2007 baixo o selo Avex trax e producido por Max Matsuura. A serie consiste dos álbums A Best 2 -Black- e A Best 2 -White-.

Abriuse unha páxina web especial para promocionar A Best 2. As cancións de A Best 2 foron remasterizadas nos Ánxeles por Brian “Big Bass” Gardner, porén, a diferenza do predecesor A BEST, as voces non foron regravadas.

A Best 2 -Black-

A Best 2 -Black- é un dos dous álbums da serie de compilacións de grandes éxitos "A Best 2" da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 28 de febreiro de 2007 (o mesmo día que "A Best 2 -White-") baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. O álbum debutou na primeira posición en Xapón no seu primeiro día a venda e tomou a segunda posición nas listas semanais, algo que tamén logrou noutros países de Asia. "A Best 2 –Black-" esta situado no cuarto posto dos CDs xaponeses máis vendidos de 2007.

A Best 2 -White-

A Best 2 -White- é un dos dous álbums da serie de compilacións de grandes éxitos "A Best 2" da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 28 de febreiro de 2007 (o mesmo día que "A Best 2 -Black-") baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. O álbum debutou na primeira posición no seu primeiro día á venda en Xapón e noutros países de Asia. "A Best 2 –White-" esta situado no terceiro posto dos CDs xaponeses máis vendidos de 2007.

Afonso XIII de España

Afonso XIII, nado en Madrid o 17 de maio de 1886 e finado en Roma o 28 de febreiro de 1941, foi rei de España. Fillo póstumo de Afonso XII e de María Cristina de Habsburgo-Lorena, foi coroado rei no seu nacemento e reinou até 1931. A súa nai exerceu a rexencia da coroa durante a súa infancia.

Ayu-mi-x III Acoustic Orchestra Version

Ayu-mi-x III Acoustic Orchestra Version é un álbum de versións que foi lanzado ó mercado o 28 de febreiro do ano 2001 pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.

Daniel C. Tsui

Daniel Chee Tsui (en chinés 崔琦, en pinyin Cuī Qí) nado o 28 de febreiro de 1939, na provincia de Henan, China, é un físico chino-estadounidense.

Donald Arthur Glaser

Donald Arthur Glaser, nado en Cleveland, Ohio, o 21 de setembro de 1926 e finado o 28 de febreiro de 2013, foi un físico e neurobiólogo norteamericano galardoado no ano 1960 co Premio Nobel de Física.

Leon Cooper

Leon Neil Cooper, nado en Nova York o 28 de febreiro de 1930, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1972.

Owen Chamberlain

Owen Chamberlain, nado en San Francisco en 1920 e finado en Berkeley (California) o 28 de febreiro+ de 2006, foi un físico e profesor universitario norteamericano galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1959, xunto con Emilio Gino Segrè, grazas ao descubrimento do antiprotón, unha das partículas fundamentais.

Rexións de Finlandia

Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación. Ademais, os servizos da sanidade pública adoitan organizarse en base ás rexións. Actualmente a única rexión na que se celebra unha elección popular para o cosello é Kainuu. Outros consellos rexionais son elixidos polos consellos municipais, enviando cada consello municipal representantes en proporción á súa poboación.

Ademais da cooperación intermunicipal, que é responsabilidade dos consellos rexionais, hai 15 Centros de Desenvolvemento Económico, Transporte e Medio Ambiente (en finés: elinkeino-, liikenne- ja ympäristökeskus, abbreviated ely-keskus), que é responsable da administración local de traballo, agricultura, pesca, bosques e asuntos empresariais. Cada un deles é responsable dunha ou máis rexións de Finlandia, e inclúe oficinas do Ministerio de Traballo e Economía, Transporte e Comunicacións, e Medio Ambiente. As oficinas das Forzas Armadas Finlandesas son responsables dos preparativos de defensa e da administración do servizo militar obrigatorio na rexión.

Steven Chu

Steven Chu, nado o 28 de febreiro de 1948 en St. Louis (Missouri), é un científico estadounidense.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.