27 de xaneiro

O 27 de xaneiro é o 27º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 338 días para finalizar o ano, 339 nos anos bisestos.

<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Martini bologna mozart 1777
Wolfgang Amadeus Mozart.
LewisCarrollSelfPhoto
Lewis Carroll.

Mortes

Johann Gottlieb Fichte
Johann Gottlieb Fichte.
Giuseppe Verdi-Reutlinger
Giuseppe Verdi.

Outros

Os 366 días do ano

1999

1999 foi Ano Santo Xacobeo.

Barry Barish

Barry C. Barish, nado en Omaha (Nebrasca) o 27 de xaneiro de 1936, é un físico estadounidense.

CITES

O Convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres) é un acordo internacional concertado entre os gobernos para asegurar que o comercio internacional de espécimes de animais e plantas salvaxes non ameace a súa supervivencia no seu medio natural. Foi asinado en Washington o 3 de marzo de 1973 por 21 países e entrou en vigor o 1 de xullo de 1975. Actualmente están adheridos 172 países, denominados Partes. A adhesión de España ao Convenio CITES efectuouse mediante o Instrumento de ratificación de 16 de maio de 1986.

Hoxe en día, o CITES ofrece diversos graos de protección a máis de 33.000 especies de animais e plantas.

Charles Townes

Charles Hard Townes, nado en Greenville (Carolina do Sur) o 28 de xullo de 1915 e finado en Oakland (California) o 27 de xaneiro de 2015, foi un físico estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1964, polos seus traballos sobre o láser.

Gonzalo Torrente Ballester

Gonzalo Torrente Ballester, nado en Serantes (Ferrol) o 13 de xuño de 1910 e finado en Salamanca o 27 de xaneiro de 1999, foi un novelista galego en lingua castelá. Entre outros recoñecementos, recibiu o Premio Cervantes, o Premio Príncipe de Asturias das Letras e o Premio Nacional de Literatura.

Max Verstappen

Max Verstappen Emilian, nado o 30 de setembro de 1997 en Hasselt (Bélxica), é un piloto de carreiras holandés. Piloto do equipo Red Bull Racing na tempada 2016 de Fórmula Un. Naceu nunha familia de pilotos de carreiras. O seu pai Jos Verstappen é un ex piloto de Fórmula 1, mentres que a súa nai Sophie Kumpen é unha famosa ex piloto de kart. O seu avó Paul Kumpen é un ex piloto de resistencia GT e o seu tío Anthony Kumpen é un piloto de FIA GT e das 24 Horas de Le Mans. Con 17 anos e 166 días, converteuse no piloto máis novo en competir na Fórmula 1 no Gran Premio de Australia de 2015 con Toro Rosso. Tamén é o piloto máis novo en liderar unha volta durante un Gran Premio de Fórmula Un, o piloto máis novo en lograr un podio e o gañador máis novo dun Gran Premio de Fórmula 1.

Logo de pasar toda a tempada 2015 con Toro Rosso, tamén comezou a tempada de Fórmula Un de 2016 co equipo italiano, antes de ser promovido por Red Bull como substituti de Daniil Kvyat, quen se fixo cargo do seu asento en Toro Rosso. Gañou o Gran Premio de España de 2016 na súa primeira carreira con Red Bull á idade de 18 anos, converténdose no gañador máis novo dun Grand Prix e o primeiro que baixo a bandeira holandesa.

Rexións de Finlandia

Finlandia está dividida en 19 rexións, denominadas en lingua finesa maakunta e en sueco andskap. As rexións están gobernadas por consellos rexionais, que serven como foros de cooperación para os concellos da rexión. As principais funcións das rexións son os plans rexionais e o desenvolvemento de empresas e da educación. Ademais, os servizos da sanidade pública adoitan organizarse en base ás rexións. Actualmente a única rexión na que se celebra unha elección popular para o cosello é Kainuu. Outros consellos rexionais son elixidos polos consellos municipais, enviando cada consello municipal representantes en proporción á súa poboación.

Ademais da cooperación intermunicipal, que é responsabilidade dos consellos rexionais, hai 15 Centros de Desenvolvemento Económico, Transporte e Medio Ambiente (en finés: elinkeino-, liikenne- ja ympäristökeskus, abbreviated ely-keskus), que é responsable da administración local de traballo, agricultura, pesca, bosques e asuntos empresariais. Cada un deles é responsable dunha ou máis rexións de Finlandia, e inclúe oficinas do Ministerio de Traballo e Economía, Transporte e Comunicacións, e Medio Ambiente. As oficinas das Forzas Armadas Finlandesas son responsables dos preparativos de defensa e da administración do servizo militar obrigatorio na rexión.

Samuel C. C. Ting

Samuel Chao Chung Ting (en mandarín: 丁肇中; en pinyin: Dīng Zhàozhōng), nado en Ann Arbor (Míchigan) o 27 de xaneiro de 1936, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1976.

Vitaliano, papa

San Vitaliano nado en Segni (Italia) (¿?), e finado en Roma o 27 de xaneiro de 672, foi o papa n.º 76 da Igrexa católica dende 657 ata 672.

Vitaliano mantivo a disciplina eclesiástica, enviou misioneiros a Inglaterra e morreu en olor de santidade. É celebrado o 27 de xaneiro.

No aspecto litúrxico foi o papa que autorizou o uso do órgano nas cerimonias relixiosas.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.