27 de setembro

O 27 de setembro é o 270º día do ano do calendario gregoriano e o 271º nos anos bisestos. Quedan 95 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Grazia Deledda 1926
Gracia Deledda

Mortes

Edgar Germain Hilaire Degas 061
Edgar Degas.

Festas e celebracións

  • Santa Minia de Brión.

Outros

  • Santoral: San Vicente de Paulo, Santa Minia.

Os 366 días do ano

Bernardino Graña

Bernardino Graña Villar, nado en Cangas o 27 de setembro de 1932, é un escritor galego.

Cosme Damián Churruca

Cosme Damián Churruca y Elorza, nado en Mutriku o 27 de setembro de 1761, e finado na batalla de Trafalgar o 21 de outubro de 1805, foi un científico, mariño e militar español, brigadier da Real Armada e alcalde de Mutriku.

Distinguiuse na batalla de Trafalgar ó mando do navío de liña San Juan Nepomuceno, a bordo do cal atopou a morte.

Cyber trance presents Ayu trance

"Cyber trance presents Ayu trance" é un álbum de remixes da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o mercado orixinalmente o 27 de setembro do ano 2001 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. Neste caso os remixes son do xénero Trance e realizados por CYBER trance.

Dearest

Dearest é o single nº 24 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o día 27 de setembro do ano 2001 baixo o selo avex trax.

Duty

Duty é o terceiro álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, producido por Max Matsuura e lanzado o 27 de setembro do ano 2000. Este álbum, a pesar de ser un dos máis curtos con respecto ó numero de cancións, é o álbum con mellores vendas en toda a carreira de Ayumi, vendendo 2.904.000 copias en Xapón.

O mesmo día da comercialización deste álbum foron lanzados o single "Surreal” e o DVD do "Concert Tour 2000 Vol. 1'". Debutando os tres na primeira posición nas listas de Oricon, converteron a Ayumi na primeira artista en alcanzar estas posicións nas tras listas na mesma semana.

Groove metal

O groove metal (tamén coñecido como post-thrash ou neo-thrash) é un subxénero da música heavy metal. Os xornalistas musicais e seareiros usan o termo para definir a bandas como Pantera, Exhorder e Machine Head. O groove metal colle a intensidade e cualidades sónicas do thrash metal e interprétaas a tempos medios, coa meirande parte das bandas facendo só ocasionais incursións cara tempos rápidos.

Inocencio XII, papa

Antonio Pignatelli, nado en Spinazzola, preto de Bari (Italia) o 13 de marzo 1615, e finado en Roma o 27 de setembro de 1700, papa baixo o nome de Inocencio XII (en latín Innocentius XII, en italiano Innocenzo XII) — Rastrum in porta nas profecías de San Malaquías.

O seu pontificado contrastou co dos seus predecesores, do feito de que inclinaba para Francia máis ben que para Alemaña. Este papa benevolente , cheo de abnegación e piadoso, morreu o 27 de setembro de 1700 despois de celebrar o mesmo ano o décimo sexto Ano Santo.

Julio Rodríguez Yordi

Julio Rodríguez Yordi, nado na Coruña o 7 de novembro de 1894 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1967, foi un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.

Litavis

Litavis (tamén coñecido como Litauis, Litaui, Litauia, and Llydaw) é unha deusa celta adorada polos antigos galos. O seu nome aparece en inscricións atopadas en Aignay-le-Duc e Mâlain, Côte-d'Or, Francia, onde é invocada xunto co deus galo-romano Cicolluis nun contexto que suxire que debeu sela súa consorte. Unha dedicatoria en latín atopada en Narbona (no sur da Galia), Francia, contén as palabras “MARTI CICOLLUI ET LITAVI” ("A Mars Cicolluis e Litavis").

Oganesson

O oganesson é un elemento sintético da táboa periódica con símbolo químico Og e número atómico 118. Este pode formar parte dos gases nobres.

Foi recoñecido definitivamente pola IUPAC o 28 de novembro de 2016, séndolle asignado o nome en inglés Oganesson en memoria do físico ruso Yuri Oganessian.

Surreal

"Surreal" é o single nº17 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 27 de setembro do ano 2000 baixo o selo avex trax. En setembro tamén veriamos o lanzamento de Duty, o seu terceiro álbum en estudio. Duty, como os seus anteriores álbums, alcanzou a cima das listas de ventas e chegou a vender máis de dous millóns de copias. O mesmo día que o single "Surreal" foi lanzado alcanzou a cima das listas como Duty, facendo a Hamasaki o cuarto artista tras Seiko Matsuda, KinKi Kids e Wands, en ter un single e un álbum na primeira posición das listas na mesma semana. Con o lanzamento de "Ayumi Hamasaki Concert Tour 2000", e a súa primeira posición nas listas de DVDs, deulle a Ayumi un novo récord, o de ser a primeira artista en dominar as tres listas na mesma semana.

Urbano VII, papa

Urbano VII (en latín Urbanus VII) nado como Giovan Battista Castagna, en Roma o 4 de agosto de 1521 e finado o 27 de setembro de 1590, foi o papa número 228 desde o 15 de setembro ao 27 de setembro de 1590. Faleceu de malaria. O seu pontificado durou 13 días e non chegou a ser coroado.

Foi sepultado na basílica do Vaticano; posteriormente, os seus restos foron trasladados para a igrexa de Santa María Sopra Minerva.

Zdravljica

Zdravljica (en esloveno: un brinde) é o himno nacional de Eslovenia dende o 27 de setembro de 1989.

É a sétima estrofa da poesía "Zdravljica", escrita en 1844 por France Prešeren (1800-1849), para a que Stanko Premrl realizou unha composición coral co mesmo nome.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.