27 de marzo

O 27 de marzo é o 86º día do ano do calendario gregoriano e o 87º nos anos bisestos. Quedan 279 días para finalizar o ano.

<< Marzo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 1871 - Primeiro partido internacional de rugby entre Inglaterra e Escocia
  • 1939 - España adhírese ó Pacto Anti Komintern.
  • 1977 - Colisión no aeroporto de Los Rodeos en Tenerife, entre dous Boeing 747. Morren 583 persoas no maior accidente da historia da aviación.
  • 1996 - Inaugúrase oficialmente a emisora comunitaria Cuac FM (A Coruña), sede social da Rede de Medios Comunitarios.

Nacementos

Mortes

Festas e celebracións

  • Día Mundial do Teatro, proclamado polo Instituto Internacional do Teatro en 1961 [1].
  • En Arxentina: Día Nacional do Traballador Aeronáutico.

Outros

  • Santoral: San Ruperto, Paulo, Xelasio e Filipe (Prebiteros); Augusta, Alexandre, Fileto, Lidia, Macedón, Teoprepio, Leda, Anfiloquio, Crónidas, Zebinas, Isaac, Lázaro, Marotas e Nersetes ou Narsés (Mártires); Xóan (Eremita); Bercario e Rómulo (Abades); Xoán Damasceno (Bispo e Doutor). Calendario Romano: Cibeles.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 29.03.2017.

Os 366 días do ano

Antonio Noriega Varela

Antonio Noriega Varela, nado en Mondoñedo o 19 de outubro de 1869 e finado en Viveiro o 27 de marzo de 1947, foi un mestre, xornalista e poeta galego de ideoloxía tradicional-católica.

As Pontes de García Rodríguez

As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste.

Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume.

No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello.

A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.

Clemente III, papa

Clemente III (de nome de bautizo Paolo Scolari), nado en Roma en 1130 e morto o 27 de marzo de 1191, foi Papa da Igrexa católica do 1187 ao 1191.

Gregorio XI, papa

Gregorio XI, nado coma Pierre Roger de Beaufort en Rosiers-d'Égletons cara a 1336 e finado en Roma o 27 de marzo de 1378, foi o 201º Papa da Igrexa católica entre 1370 e 1378, e sétimo e último Papa do pontificado de Avignon.

Jaroslav Heyrovský

Jaroslav Heyrovský, nado en Praga o 20 de decembro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de marzo de 1967, foi un químico e inventor checo, que recibiu o Premio Nobel de Química de 1959 polos seus traballos en química electroanalítica.

LaSexta

laSexta é unha canle de televisión xeralista privada española propiedade de Atresmedia que emite a través da TDT e nas plataformas de televisión de pago Movistar+ e Vodafone TV, Orange TV, R e Euskatel. Comezou as súas emisións en probas o 26 de decembro de 2005, en TDT en toda España e en analóxico en Madrid e Barcelona. As emisións regulares comezaron o 27 de marzo de 2006.

LaSexta é controlada desde os estudos do Grupo Antena 3 en San Sebastián de los Reyes (Madrid). Anteriormente tiña dúas sedes, unha na Cidade da Imaxe en Pozuelo de Alarcón (Madrid), onde se gravaban os informativos, programas e loxística diversa, e a outra no Centro Imagina de Esplugues de Llobregat (Barcelona), onde se xestionaba a súa continuidade e emisión.

O acontecemento que supuxo o lanzamento definitivo de laSexta foi a adquisición dos dereitos de emisión do Mundial de Fútbol de 2006 celebrado en Alemaña, que finalmente tivo que compartir con Cuatro polas críticas sobre a limitada cobertura do seu sinal. O segundo triunfo foi a compra do Mundobasket 2006. Despois uniuse a estes a compra dos dereitos de emisión do partido dos sábados da Liga española de fútbol, se ben manterá un acordo de emisión conxunta deses partidos coas canles autonómicas TV3 e Canal 9. O seu último logro en emisións deportivas foi a compra dos dereitos de emisión do Mundial de Fórmula 1 para o ano 2009.

Otto Wallach

Otto Wallach, nado en Königsberg (naqueles momentos parte de Prusia pero que hoxe en día forma parte de Rusia e é nomenada Kaliningrado) o 27 de marzo de 1847 e finado en Gotinga (Alemaña) o 26 de febreiro de 1931, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1910.

Teatro

O teatro é un espectáculo baseado na representación da conduta do ser humano. Esta conduta representada, chamada actuación, é realizada por actores.

Por extensión tamén se chama teatro ao edificio onde se realizan representacións teatrais e espectáculos afíns, así como ao repertorio (conxunto de creacións teatrais que se consideran propias dun autor: "o teatro de Vidal Bolaño"), época ("o teatro das Irmandades da Fala) ou país ("o teatro francés").

O termo provén do grego theatron, nome que recibían as bancadas en forma de hemiciclo desde onde os espectadores contemplaban as representacións teatrais nos anfiteatros gregos. Theatron viría a ser, logo, o "lugar desde onde se mira". Posteriormente pasou a designar tamén ó espectáculo mesmo e ó lugar destinado a tales espectáculos.

En 1961, o Instituto Internacional do Teatro proclamou o 27 de marzo como o Día Mundial do Teatro .

Wikidata

O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.

Wilhelm Röntgen

Wilhelm Conrad Röntgen, nado en Remscheid o 27 de marzo de 1845 e falecido en Múnic o 10 de febreiro de 1923, foi un físico alemán, coñecido por ser o inventor dos raios X

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.