27 de maio

O 27 de maio é o 147º día do ano do calendario gregoriano e o 148º nos anos bisestos. Quedan 218 días para finalizar o ano.

<< Maio >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Rachel-Carson
Rachel Carson

Mortes

Niccolo-Paganini.jpeg
Niccolò Paganini.

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951

O campionato Mundial de Fórmula 1 de 1951 foi o segundo campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Tivo oito Grandes Premios no calendario, deu comezo o 27 de maio, e finalizou o 28 de outubro.

Donna Strickland

Donna Theo Strickland, nada en Guelph (Ontario) o 27 de maio de 1959 é unha física e académica canadense, Premio Nobel de Física en 2018, cando traballaba como profesora asociada no Departamento de Física e Astronomía da University of Waterloo, (Canadá), "polo seu método de xeración de pulsos ópticos ultra curtos de alta intensidade". É pioneira no campo dos lasers. É a terceira muller en lograr o Premio Nobel de Física, compartido co seu antigo mentor, Gérard Mourou (Francia). A técnica que desenvolveron (pío de amplificación de pulso), úsase para producir pulsos ultracurtos de moi alta intensidade, útil en micro laser, cirurxía, medicina, e en estudos de ciencia fundamental.

Henry Kissinger

Henry Alfred Kissinger, nado Heinz Alfred Kissinger en Fürth o 27 de maio de 1923, é un diplomático estadounidense que tivo un papel importante na política estranxeira dos EUA entre 1968 e 1976.

John Cockcroft

Sir John Douglas Cockcroft, nado o 27 de maio de 1897 e finado o 18 de setembro de 1967, foi un físico británico. Recibiu o premio Nobel de Física por ser o primeiro en desintegrar un núcleo atómico, e foi primordial no desenvolvemento da enerxía nuclear.

John Howard Northrop

John Howard Northrop nado o 5 de xullo de 1891 en Yonkers, Nova York (Estados Unidos) e finado o 27 de maio de 1987 en Wickenberg (Arizona, Estados Unidos), foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química no ano 1946.

Mundial de Fútbol de 1934

O Mundial de Fútbol de 1934 (en italiano: Campionato Mondiale di Calcio) foi a segunda edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol asociación, a Copa do Mundo FIFA. Xogouse en Italia entre o 27 de maio e o 10 de xuño de 1934. Para este torneo trinta e catro asociacións solicitaron participar, polo que esta vez realizáronse eliminatorias preliminares para determinar as dezaseis seleccións participantes. Só participaron catro equipos non europeos: a Arxentina, o Brasil, Estados Unidos e Exipto, que foi a primeira selección africana en participar do certame.

O campión foi Italia que se impuxo a Checoslovaquia na final por 2 a 1. Como protesta ao boicot do torneo anterior, Uruguai negouse a participar e converteuse no único equipo campión que non defendeu o seu título. Nesta edición o torneo sufriría un cambio de formato, substituíuse a fase de grupos por dúas fases de eliminación directa. Os partidos definiríanse en 90 minutos, cunha prórroga en caso de empate. Se o partido continuaba empatado logo dos 120 minutos, xogábase un partido desquite en lugar dunha rolda de penaltis. O torneo foi utilizado por Benito Mussolini como propaganda fascista, do mesmo xeito que o faría Adolf Hitler cos Xogos Olímpicos de 1936.

Pedro Alonso Pérez

Pedro Alonso Pérez, nado en Madrid o 27 de maio de 1907 e finado en Vigo o 20 de abril de 1990, foi un arquitecto español, que traballou en Galicia.

Robert Koch

Robert Koch, nado o 11 de decembro de 1843 en Clausthal e finado o 27 de maio de 1910 en Baden-Baden, foi un médico alemán. É celebre por descubrir a bacteria responsábel da tuberculose que leva o seu nome: «bacilo de Koch». É un dos fundadores da bacterioloxía. Recibiu o Premio Nobel de Medicina no ano 1905.

Rock alternativo

O rock alternativo (tamén chamado música alternativa ou sinxelamente alternativo) é un xénero do rock que apareceu nos anos 80 e fíxose moi popular na década dos 90.

O nome "alternativo" foi usado nos 80 para describir a bandas de punk rock de selos discográficos independentes que non encaixaban dentro dos xéneros do mainstream da época.

Como un xénero específico de música, o rock alternativo está formado por varios subxéneros que emerxeron dende a escena musical indie dende os anos 80, así como grunge, indie rock, britpop, rock gótico e indie pop tamén son considerados rock alternativo.

A pesar de que o xénero é considerado de rock, algúns dos seus subxéneros están influenciados pola música folk, o reggae, a música electrónica ou o jazz á parte doutros xéneros. Ás veces o termo rock alternativo foi usado como unha etiqueta para designar ao rock de todos os artistas underground dos anos 80, a todos os descendentes do punk rock (incluíndo ao punk mesmo, ao New Wave e ao post-punk), e, ironicamente, a toda a música rock en xeral dos anos 90 e 2000.

Mentres que un feixe de artistas coma R.E.M. e The Cure acadaron o éxito comercial, a meirande parte dos artistas de rock alternativo dos 80 foron obxecto de culto, eran bandas que gravaban con selos independentes e eran coñecidos só a través dos programas das college radios ou polo "boca a boca". Coa irrupción de Nirvana e coa popularidade dos movementos grunge e britpop a principios dos 90, o rock alternativo entrou no mainstream, e moitas bandas alternativas conseguirían acadar un certo éxito comercial.

San Petersburgo

San Petersburgo (en ruso: Санкт-Петербург, tr. "Sankt-Peterburg", [sankt pʲɪtʲɪrˈburk] (AFI)), coñecida noutras épocas como Leningrado e Petrogrado, é unha cidade rusa fundada o 27 de maio de 1703 por Pedro I o Grande na desembocadura do río Neva no golfo de Finlandia.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.