27 de febreiro

O 27 de febreiro é o 58º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 307 días para finalizar o ano, 308 nos anos bisestos.

<< Febreiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 1531 - En Alemaña, varios príncipes e varias cidades protestantes forman a Liga Esmalkalda, dirixida contra Carlos V
  • 1560 - Firman o Tratado de Berhick, pedindo a expulsión dos franceses da Escocia
  • 1594 - Coroación en Chartes do rei de Francia Henrique IV, primeiro monarca Borbón.
  • 1767 - Expulsión dos xesuítas de España pola pragmática sanción de Carlos III.
  • 1782 - Durante o sitio posto a Xibraltar, unha granada alcanza o escritor Xosé Cadalso e cáusalle a morte.
  • 1801 - España decláralle a Portugal a guerra das laranxas.
  • 1812 - Manuel Belgrano, patriota arxentino toma como símbolo da loita pola independencia o celeste e o branco, que farán máis tarde a bandeira da Arxentina.
  • 1843 - Ocupación efectiva, por unha expedición española, da illa de Fernando Poo, hoxe Bioko, no Golfo da Guinea.
  • 1844 - A República Dominicana gaña a súa independencia de Haití.
  • 1853 - Bendición da primeira locomotora fabricada en España e a que se lle chamou "Española".
  • 1880 - Combate Naval de Arica, nos días da Guerra do Pacífico. Nel morre o comandante Manuel Thompson.
  • 1881 - Derrotan as tropas británicas para os Boers en Suráfrica.
  • 1900 - Nace o Partido Laborista británico na Conferencia dos Sindicatos Socialistas, celebrada en Londres.
  • 1904 - Os rusos conclúen o tendido dunha vía férrea sobre o xeo do lago Baikal.
  • 1905 - Máximo Gorki é liberado baixo fianza e exiliado en Riga.
  • 1908 - Créase en España o Instituto Nacional da Previsión.
  • 1912 - Inaugúrase en Sudán o ferrocarril Jartum-El Obeid, de 375 quilómetros.
  • 1916 - Inauguración da praza de touros de Barcelona, chamada "la Monumental", con capacidade para 23 000 espectadores.
  • 1917 - Estala a revolución de febreiro na Rusia.
  • 1918 - Creación do Exército Vermello soviético, por Lev Trotski.
  • 1920 - Estréase a película expresionista O gabinete do Doutor Caligari.
  • 1924 - Cae unha grande nevada sobre Barcelona.
  • 1933 - Incendio e destrución do parlamento alemán (Reichstag).
  • 1937 - Guerra civil española: O Goberno de Francisco Franco restablece a "Marcha de Granaderos" como himno nacional e, como himnos oficiais, o "Cara al sol", o "Oriamendi" e o himno da Lexión.
  • 1939 - Francia e o Reino Unido recoñecen o goberno do xeneral Franco.
  • 1945 - O xeneral MacArthur encarga o Goberno de Filipinas ao presidente Sergio Osmeña.
  • 1950 - Constitúese no Reino Unido o segundo Goberno laborista de Clement Attlee.
  • 1952 - Fundación da Universidade Técnica do Estado de Chile, hoxe Universidade de Santiago.
  • 1954 - O presidente exipcio, Naguib, recupera o poder do que foi despoxado polo Consello Militar da Revolución, dirixido por Gamal Abdel Nasser, quen continúa como presidente do Consello de Ministros.
  • 1957 - En China, discurso de Mao Tse Tung a cerca da xusta solución no seo do pobo, como primeiro golpe dado por mor da campaña das Cen Flores, comezada en maio de 1956.
  • 1962 - O Partido do Congreso gaña as eleccións xerais da India, logrando 354 dos 494 escanos do Parlamento
  • 1965 - Os Estados Unidos incrementan a súa participación no conflito de Vietnam.
  • 1974 - Sublevación militar na Etiopía contra o Goberno, que presenta a súa dimisión ao emperador Haile Selassie.
  • 1981 - Manifestacións multitudinarias en todas as capitais españolas no apoio do sistema democrático e de rechazo do intento de golpe de Estado de catro días antes.
  • 1983 - Nova reelección nas lexislativas do presidente do Senegal, Abdou Diouf.
  • 1984 - O Goberno de Mauritania recoñece a República Arabe Saharaui Democrática (RASD).
  • 1985 - No Sudán, pelexas por fame nas cidades.
  • 1989 - Pelexas en Venezuela polo aumento dos prezos cun resultado de 300 mortos.
  • 1989 - Os partidos políticos navarros reafirman en Pamplona o chamado acordo pola paz e a tolerancia en contra da violencia terrorista de ETA.
  • 1991 - Remata a guerra do Golfo.
  • 1991 - O presidente estadounidense, George Bush, anuncia o remate das hostilidades na guerra do Golfo e conmina a Irak a que acepte as doce resolucións do Consello de Seguridade da ONU.
  • 1992 - Ratificado un Tratado checo-alemán de Amizade que ignora as aspiracions dos sudetes e intenta cerrar vellas hostilidades.
  • 1994 - Remate dos Xogos Olímpicos do Inverno de Lillehamer (Noruega), nos que Rusia conseguiu o maior número de medallas.
  • 1995 - Luis Roldán é conducido en avión dende Bangkok, Thailandia a Madrid, vía Roma, polo grupo policial especial encargado da súa busca, tras 305 días de fuga por varios continentes. O día seguinte foi encarcerado, acusado de sete delitos.
  • 1997 - Entra en vigor en Irlanda a primeira lei de divorcio, aprobada por referendo en 1995 por escasa marxe de votos.
  • 1999 - Nixeria celebra eleccións presidenciais, que poñen fin a 15 anos de gobernos militares. O trunfo é para Olusegun Obasanjo.

Nacementos

JohnSteinbeck crop
John Steinbeck.

Mortes

Ivan Pavlov nobel
Ivan Pavlov.

Outros

  • Santoral: San Leandro (Bispo); Gabriel da Dolorosa, Baldomero, Onésima e Xeroncio (Confesores); Alexandre, Acundio, Antígono, Fortunato, Xián, Honorio, Basilio e Euno (Martires); Procopio (Monxe); Taleo (Eremita) - Calendario Romano: 1ª Equirria.

Os 366 días do ano

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Konrad Lorenz

Konrad Zacharias Lorenz, nado en Viena o 7 de novembro de 1903 e finado tamén en Viena o 27 de febreiro de 1989, foi un naturalista e zoólogo austríaco, considerado un dos fundadores da etoloxía, a ciencia do comportamento, tanto o animal como o humano. Recibiu o Premio Nobel de Medicina en 1973, compartido con Niko Tinbergen e Karl von Frisch.

París

Esta páxina é sobre a capital de Francia. Para a figura mitolóxica vexa Paris.

París (en francés Paris [pa.ʁi] ) é a capital de Francia, Chef-lieu da Illa de Francia e a única comuna-departamento do país. Atópase nun meandro do río Sena no centro da Conca parisiense, entre a confluencia do río Marne e o Sena augas arriba, e o Oise e o Sena augas abaixo.

A cidade de París dentro dos seus límites administrativos ten unha poboación estimada de 2 190 327 habitantes (2016). Con todo, durante o século XX, a área metropolitana de París espallouse alén dos límites da comuna. A súa área urbana, a segunda máis grande de Europa, ten unha poboación de 11 174 740 habitantes (1999).A rexión de París (Illa de Francia) é, xunto con Londres, o centro económico máis importante de Europa. Con 500,8 mil millóns de euros (630 mil millóns de dólares), produciu unha cuarta parte do Produto Interior Bruto (PIB) de Francia no 2006. La Défense é o primeiro barrio de negocios de Europa, alberga a sede social de case a metade das grandes empresas francesas, así como a sede de vinte das 100 máis grandes do mundo. París tamén acolle ou acolleu a moitas organizacións internacionais como a Unesco, a OCDE, a Corte Penal Internacional e o Club de París.

A cidade é o destino turístico máis popular do mundo, con máis de 26 millóns de visitantes estranxeiros por ano. Adoita considerarse como a cidade máis fermosa, elegante e espectacular do mundo por contar con moitos dos monumentos máis famosos e admirados do orbe: a Torre Eiffel, a Catedral de Notre-Dame, os Campos Elisios, o Arco do Triunfo, a Basílica do Sacré Cœur, d'Os Inválidos, o Panteón, o Arco de La Défense, a Ópera Garnier ou o barrio de Montparnasse, entre outros. Tamén alberga institucións de recoñecemento mundial: o Louvre, o Museo de Orsay e o Museo Nacional de Historia Natural de Francia.

Premios Óscar

Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.

Robert H. Grubbs

Robert H. Grubbs, nado en Possum Trot (Kentucky) o 27 de febreiro de 1942, é un químico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2005.

Valderrei

Valderrei foi unha serie de televisión diaria producida por Zenit, emitida na TVG entre o 27 de febreiro e o 29 de xuño de 2007.

Os seus capítulos tiñan unha duración aproximada de 35 minutos. Era unha adaptación da serie catalá Ventdelplà, que se estreou en TV3 a principios de 2005.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.