26 de setembro

O 26 de setembro é o 269º día do ano do calendario gregoriano e o 270º nos anos bisestos. Quedan 96 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Thomas Stearns Eliot by Lady Ottoline Morrell (1934)
T. S. Eliot
Olivia Newton-John
Olivia Newton-John

Mortes

Luciano Puga Blanco
Luciano Puga Blanco

Santoral

  • San Cosme e San Damián.

Outros

Os 366 días do ano

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

Aeroporto de Berlín-Schönefeld

O aeroporto de Berlín-Schönefeld (IATA: SXF, ICAO: EDDB) é o aeroporto internacional secundario de Berlín, a capital de Alemaña. Está situado a 18 km ao sueste da cidade, preto de Schönefeld. É o máis pequenos dos dous aeroportos de Berlín, despois do de Tegel, e é unha base de Condor, easyJet e Ryanair.

Schönefeld foi o principal aeroporto civil da República Democrática Alemá e o único do antigo Berlín Oriental. Tense previsto incorporar parte das infraestruturas de Schönefeld ao novo aeroporto de Berlín-Brandenburgo cando abra, nalgún momento do ano 2018. Anunciouse que as terminais de Schönefeld se usen ata polo menos o ano 2023 para encargarse das aeroliñas de baixo custo como parte do novo aeroporto.

Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Geoffrey Wilkinson

Geoffrey Wilkinson, nado o 14 de xullo de 1921 en Todmorden, Inglaterra e finado o 26 de setembro de 1996 en Londres, foi un químico e profesor universitario inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1973.

Leopold Ružička

Lavoslav (Leopold) Ružička nado o 13 de setembro de 1887 en Vukovar (Croacia), e finado o 26 de setembro de 1976 en Zürich (Suíza)), foi un químico e profesor universitario galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1939.

Manne Siegbahn

Karl Manne Georg Siegbahn, nado en Örebro o 3 de decembro de 1886 e finado en Estocolmo o 26 de setembro de 1978, foi un físico sueco que recibiu en 1924 o Premio Nobel de Física.

Paulo VI, papa

Giovanni Battista Montini, nado en Concesio (Lombardía) o 26 de setembro de 1897 e morto en Castel Gandolfo, o 6 de agosto de 1978, foi o Papa número 262 da Igrexa católica co nome de Paulo VI (en latín: Paulus PP. VI).

Voyage

Voyage é o single nº 28 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 26 de setembro do ano 2002.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.