26 de outubro

O 26 de outubro é o 299º día do ano do calendario gregoriano (300º nos anos bisestos). Quedan 66 días para finalizar o ano.

<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Titan Visible
Titan

Nacementos

ManuelRivas
Manuel Rivas

Mortes

Carlo Collodi
Carlo Collodi
  • 1694 - Samuel von Pufendorf, xurista e historiador alemán (n. 1632).
  • 1890 - Carlo Collodi, escritor italiano.
  • 1893 - Juan Montero Telinge, político galego (n. 1900).
  • 1957 - Nikos Kazantzakis, escritor grego.
  • 1972 - Igor Sikorsky, pioneiro da aviación rusa.
  • 1983 - Alfred Tarski, lóxico, matemático e filósofo polaco (n. 1901).
  • 1998 - José Cardoso Pires, escritor portugués (n. 1925).
  • 2000 - Jesús Puente, actor español.
  • 2004 - Joan Oró, bioquímico catalán (n. 1923).

Santoral

Outros

Os 366 días do ano

1900

1900 foi o último ano do século XIX e o primeiro da década de 1900.

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Alfredo o Grande

Alfredo o Grande (Aelfred), nado en Wantage no 849 e finado en Winchester o 26 de outubro do 899 foi un rei de Wessex que loitou contra os viquingos.

Botarse ao monte

Botarse ao monte foi un programa de televisión da TVG, que se emitiu desde o 27 de xullo até o 26 de outubro de 2009. Trátase dun programa de sendeirismo, presentado por Xosé Antonio Touriñán, no que percorre distintas localizacións de Galicia, e no que se dan consellos sobre excursionismo. Emitíronse un total de 13 episodios, producidos por Bren Entertainment para a Televisión de Galicia.

Charles J. Pedersen

Charles John Pedersen, nado en Busan (Corea do Sur) o 3 de outubro de 1904 e finado en Salem (Nova Jersey) o 26 de outubro de 1989, foi un químico nacionalizado estadounidenses galardoado co Premio Nobel de Química en 1987.

Evaristo, papa

Evaristo foi o quinto Papa, entre os anos 99 e 107 (ata o 108 conforme o Anuario pontificio).

Pouco ou nada se sabe de santo Evaristo, agás que foi bispo de Roma despois de Clemente I. Esta escaseza de datos chega ás fontes máis antigas. O Liber pontificalis di que proviña dunha familia grega, se ben outras fontes din que era fillo dun xudeu cristián de Belén emigrado en Antioquía. Elixido nos tempos de Domiciano, estivo no cargo ata ben entrado o imperio de Traxano. Atribúeselle a el a creación do colexio de cardeais que escollen o vindeiro papa, así como a loita contra a herexía dos docetas.

Como todos os bispos de Roma anteriores ao edicto de Milán foi considerado santo (a súa festa celébrase o 26 de outubro), e sinálase que a súa morte foi debida ao martirio, aínda que iso non está debidamente probado.

India

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.

Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta máis grande do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A raíz das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a facer fronte aos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario consistente en 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

Paris (álbum)

Paris é un álbum en directo da banda inglesa de rock alternativo The Cure, gravado en Le Zénith en Paris, no mes de outubro de 1992 durante a súa xira do álbum Wish. Foi editado o 26 de outubro de 1993 a través do selo Fiction Records.

Paris foi lanzado ao mesmo tempo que Show, que foi gravado nos Estados Unidos. O álbum conta con temás máis clásicos, como "The Figurehead" e "One Hundred Years", que Show, con cancións máis recentes e populares.

Proxecto Trasno

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta dos proxectos de localización de software libre ao galego. Pretende ser o punto de encontro onde se reúnan e colaboren todos aqueles que traballan en calquera dos aspectos que abrangue a localización ao galego: tanto a tradución dos aplicativos e a súa documentación como o desenvolvemento de correctores ortográficos e o de ferramentas para a localización.

Dende o comezo no 1999, os voluntarios do proxecto estiveron involucrados, así como noutros, na localización das principais distribucións de GNU/Linux, como SuSE e Mandrake, contornos de escritorios como GNOME e KDE, e aplicativos ofimáticos, como OpenOffice, e navegadores web como Mozilla Firefox. Actualmente segue sendo o principal grupo de localización de software libre ao galego e estase a focalizar na mellora da calidade das traducións, con desenvolvemento de ferramentas de consulta e discusión de terminoloxía e con eventos de debate terminolóxico, as trasnadas.

Dende o 2009 está amparada legalmente pola Asociación Cultural Proxecto Trasno.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.