26 de novembro

O 26 de novembro é o 330º día do ano do calendario gregoriano e o 331º nos anos bisestos. Quedan 35 días para acabar o ano.

<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Ferdinand de Saussure
Ferdinand de Saussure.

Mortes

Elpidio Villaverde Rey 1936
Elpidio Villaverde.

Outros

  • Santoral: San Xoán Berchmans.

Os 366 días do ano

1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

2011

O ano 2011 (MMXI) comezou en sábado no calendario gregoriano.

Bandeira de Osetia do Sur

A bandeira de Osetia do Sur aparece descrita na Constitución de 26 de novembro de 1990 e este deseño foi confirmado na Regulación sobre a Bandeira Nacional que se aprobou o 30 de marzo de 1992. É unha bandeira tricolor composta por tres franxas horizontais do mesmo tamaño, branca a superior, vermella a central e amarela a inferior.

A cor vermella simboliza o valor marcial, o branco a pureza moral, e o amarelo a riqueza e a prosperidade. Esta bandeira é practicamente idéntica á de Osetia do Norte-Alania, a única diferenza está nas súas dimensións.

Dieter Kremer

Dieter Kremer, nado en Waldbröl o 26 de novembro de 1942, é un romanista e lingüista alemán. Membro correspondente da Real Academia Galega dende 2002.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Félix Estrada Catoyra

Félix Domingo Estrada Catoyra, nado en Porto Príncipe (hoxe Camagüey), Cuba, o 26 de novembro de 1853 e finado na Coruña o 14 de marzo de 1938, foi un médico militar e escritor galego en lingua castelá, tesoureiro da Real Academia Galega.

Karl Ziegler

Karl Waldemar Ziegler, nado o 26 de novembro de 1898 en Helsa (preto de Kassel) e finado o 11 de agosto de 1973 en Mülheim an der Ruhr, foi un químico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1963.

Paio II, papa

Paio II, nado en 520 e finado o 7 de febreiro de 590, foi o papa nº 63 elixido o 26 de novembro de 579, como sucesor de Bieito I, reinou nos anos posteriores á invasión longobarda, até 590.

Siricio, papa

Siricio (Roma, ca 334 - 26 de novembro de 399) foi o 38° papa da Igrexa católica, que o venera como santo. Desde o 17 de decembro de 384 até a súa morte, foi o sucesor do Dámaso I e foi sucedido por Anastasio I. Foi autor de dous decretos sobre o celibato clerical.

Xosé Baldomir

Xosé Baldomir Rodríguez, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.