26 de marzo

O 26 de marzo é o 85º día do ano do calendario gregoriano e o 86º nos anos bisestos. Quedan 280 días para finalizar o ano.

<< Marzo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Tennessee Williams NYWTS
Tennessee Williams.

Mortes

Beethovensmall
Ludwig van Beethoven.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: San Braulio, Teodoro e Ludxero (Bispos); Ammonio, Pedro, Marciano, Eutiquia, Xovino, Casiano, Montano, Máxima, Cuadrato, Teodosio, Eutiquio, Cástulo e Guillerme (Mártires); Basilio (Anacoreta); Quiliano (Eremita); Goboano (Abade); Diego Xosé de Cádiz (Beato).
  • 2001 - O mufti -Sheikh Abdul Aziz bin Abdullah- de Arabia Saudita prohibe os Pokemon por levar símbolos xudeus (a estrela de David), cristiáns (a cruz) e francmasóns (o triángulo). Ese mesmo día Nintendo do Reino Unido fixo pública a suma de 6.000 millóns de libras esterlinas de ganancias dos videoxogos Pokemon dende o ano 1996.

Os 366 días do ano

Anthony Leggett

Sir Anthony James Leggett, nado en Camberwell (Londres) o 26 de marzo de 1938, é un físico do Reino Unido.

Ayu-mi-x 6 -Gold-

Ayu-mi-x 6 -Gold- é un álbum de remixes da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 26 de marzo do ano 2008 (o mesmo día que "Ayu-mi-x 6 -Silver-") baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. Este é o sexto título da serie de álbums "ayu-mi-x" e o seu primeiro álbum de remixes en catro anos, xa que en 2004 lanzara MY STORY Classical.

Ayu-mi-x 6 -Silver-

Ayu-mi-x 6 -Silver- é un álbum de remixes da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 26 de marzo do ano 2008 (o mesmo día que "Ayu-mi-x 6 -Gold-") baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura. Este é o sexto título da serie de álbums "ayu-mi-x" e o seu primeiro álbum de remixes en catro anos, xa que en 2004 lanzara MY STORY Classical.

Carl Wieman

Carl Edwin Wieman, nado en Oregón o 26 de marzo de 1951, é un físico estadounidense.

Christian Anfinsen

Christian Boehmer Anfinsen nado o 26 de marzo de 1916 en Monessen, Pensilvania, e finado o 14 de maio de 1995 en Randallstown, Maryland foi un químico norteamericano. En 1972 gañou o Premio Nobel de Química polos seus traballos sobre a ribonuclease, especialmente aos relativos á conexión entre a secuencia de aminoácido e a conformación bioloxicamente activa.

Desiderio Pernas

Desiderio Pernas Martínez, nado en Vigo o 26 de marzo de 1930 e finado na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1996, foi un arquitecto galego recoñecido internacionalmente e artífice da introdución da nova linguaxe moderna en Vigo. Ademais da súa obra como arquitecto sentiu unha gran paixón pola pintura e a música, feito que se vería reflectido na súa obra.

Estevo, papa electo

Estevo (II), finado o 26 de marzo de 752, foi un sacerdote romano elixido papa en marzo do ano 752 como sucesor de Zacarías. Finou dun infarto uns poucos días despois da súa elección, antes de ser consagrado como bispo. Por isto, non aparece no listado de papas do Annuario Pontificio.

Estevo II, papa

Nota: A numeración dos papas de nome Estevo é controvertida, ver Estevo, papa electo.Estevo II (III) foi o 92º papa da Igrexa católica, e o seu pontificado durou dende o 26 de marzo de 752 até a súa morte, o 26 de abril do 757. Sucedeu ao Zacarías trala morte do papa-electo Estevo (algunhas veces visto como Estevo II). Estevo II marca o paso histórico entre o Papado bizantino e o Papado franco.

Este papa pasou á historia como o fundador dos Estados Pontificios. Trala intervención da súa antecesor Zacarías no ascenso de Pipino o Breve como rei dos francos, e habendo sido o propio Estevo II quen lle coroou en 754,De feito foi a primeira vez que un pontífice cruza os Alpes para quedarse nunha corte xermánica. o novo monarca non puido negarse a auxiliar ao papa cando este viuse ameazado polo lombardo Astolfo que se dispoñía a atacar Roma. Non só lle prestou asistencia militar en dúas ocasións (754 - 756) senón que na segunda delas entregoulle boa parte dos territorios gañados aos lombardos, tales como Rávena e a Pentápole. Estas comarcas unidas á cidade de Roma e a súa contorna, xa pertencentes aos papas con anterioridade, deron orixe aos Estados Pontificios. Como agradecemento á xenerosidade de Pipino, Estevo II proclamoulle «Patricio dos romanos».

Malcolm III de Escocia

Malcolm III (en gaélico: Máel Coluim; c. 26 de marzo de 1031, e finado o 13 de novembro de 1093) foi rei de Escocia dende 1058 até 1093. Máis tarde foi coñecido co alcume "Canmore" ("ceann mòr", o gaélico para "Gran Xefe": "ceann" quere dicir "líder", "cabeza" (do estado) e "mòr" denota "pre-eminente" ou "grande"). O longo reinado de Malcolm, de 35 anos, precedeu o comezo da idade escocesa-normanda.

Sancho I de Portugal

Sancho I de Portugal, nado o 11 de novembro de 1154 e finado o 26 de marzo de 1211, alcumado O Poboador (polo estímulo de apadriñar o poboamento dos territorios do país - destacando a fundación da cidade da Guarda, en 1199, e a concesión de cartas de foral en Beira e en Trás-os-Montes: Gouveia (1186), Covilhã (1186), Viseu (1187), Braganza (1187) etc, poboando así áreas remotas do reino, en particular con inmigrantes da Flandres e Borgoña.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.