25 de novembro

O 25 de novembro é o 329º día do ano do calendario gregoriano e o 330º nos anos bisestos. Quedan 36 días para acabar o ano. Foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.

<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 1960- Son asasinadas as irmás Mirabal na República Dominicana, sendo por esta razón escollida posteriormente esta data como o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

Nacementos

LopedeVega
Lope de Vega.

Mortes

Yukio Mishima
Yukio Mishima.

Festas e Celebracións

Outros

  • Santoral. Santo Audencio de Milán; Santa Catarina de Alexandría, virxe e mártir; San Mercurio de Cesarea de Cappadocia, mártir.

Os 366 días do ano

1915

1915 foi Ano Santo Xacobeo.

1993

1993 foi Ano Santo Xacobeo.

Afonso XII de España

Afonso XII, alcumado O Pacificador, nado en Madrid o 28 de novembro de 1857 e falecido en El Pardo (Madrid) o 25 de novembro de 1885, foi Rei de España entre 1875 e 1885.

Era fillo da raíña Isabel II e do seu curmán, o príncipe Francisco de Asís de Borbón, aínda que diversas fontes apunta a que o seu proxenitor verdadeiro é o capitán de tenentes Henrique Puig Moltó, coñecido amante da súa nai.

Antonio Pol

Antonio Pol González, nado en Lugo o 11 de xaneiro de 1931 e finado o 25 de novembro de 2013, foi un notario e político galego.

Jenaro Marinhas del Valle

Jenaro Marinhas del Valle, nado na Coruña o 25 de novembro de 1908 e finado na Coruña o 23 de decembro de 1999, foi un novelista, poeta, ensaísta e dramaturgo galego.

Johannes V. Jensen

Johannes Vilhelm Jensen, nado en Farso, península de Xutlandia, o 20 de xaneiro de 1873 e finado en Copenhaguen o 25 de novembro de 1950, foi un escritor dinamarqués que recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1944.

Malcolm II de Escocia

Malcolm II (en gaélico: Máel Coluim; nado c. 954 e finado o 25 de novembro de 1034, foi rei de Escocia dende 1005 até a súa morte. Era fillo de Kenneth II, a Profecía de Berchán relata que a súa nai era unha muller de Leinster e que el era coñecido como Forranach, "o Destrutor".

Reino dos Países Baixos

O Reino dos Países Baixos é un Estado soberano membro da Unión Europea composto por catro países, os Países Baixos, Aruba, Curaçao e Sint Maarten.

O Estatuto do Reino dos Países Baixos, data de 1954, determina os asuntos xestionados polo Reino. O monarca do Reino é tamén o monarca de cada un dos países. O monarca encabeza o consello rexente executivo do Reino e de cada un dos países, sendo representado por gobernadores nas illas do Caribe. Os asuntos xestionados polo reino son os relacionados coa defensa, as relacións internacionais, a cidadanía e a extradición. Outros asuntos son delegados nos gobernos nacionais.

O Estatuto do Reino puxo fin á relación colonial entre os Países Baixos por unha banda e as Antillas Neerlandesas e o Suriname pola outra. O 25 de novembro de 1975, o Suriname converteuse en país independente e en 1986 Aruba obtivo un Estatuto separado das restantes illas das Antillas Holandesas, que se disolveron en 2010.

A montaña máis alto do Reino é o Monte Scenery (862 m) na pequena illa de Saba, nas Antillas Holandesas.

Xoán XXIII, papa

San Xoán XXIII, en latín Ioannes PP. XXIII, nado como Angelo Giuseppe Roncalli en Sotto il Monte, Bérgamo, o 25 de novembro de 1881 e finado en Roma o 3 de xuño de 1963, foi o papa n.º 261 da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano da Cidade do Vaticano dende o 28 de outubro de 1958 ata a súa morte.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.