25 de marzo

O 25 de marzo é o 84º día do ano do calendario gregoriano e o 85º nos anos bisestos. Quedan 271 días para finalizar o ano.

<< Marzo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Bartók Béla 1927
Béla Bartók.

Mortes

Carballo Calero, dunha foto con Cunqueiro e Fernández del Riego en Santiago de Compostela
Ricardo Carballo Calero.

Festas e celebracións

  • Día Internacional de Solidariedade co Persoal Detido e Desaparecido.
  • Grecia: Día da independencia.
  • Altura (Castellón) - Festas da virxe da Cova Santa. (Pode variar de data).
  • Peal de Becerro (Xaén) - Súplica á Patroa, Nosa Señora da Encarnación. (Pode variar de data).
  • Robledo de Chavela (Madrid) - Día da Merenda. Celebración da chegada da primavera, "panciños do día da Merenda", tortiñas das avoas. (Pode variar de data).
  • Lalín (Pontevedra) - Festa da Virxe do Corpiño. (Pode variar de data).
  • Punxín (Ourense) - Romaría de San Ventil. (Pode variar de data).
  • Padrón (A Coruña) - Romaría en Lampai. (Pode variar de data).

Outros

  • Santoral: A Anunciación do Señor. Encarnación. San Paio (Bispo); Quirino, Dimas, Irineo, e Dula (Mártires); Desiderio, Baroncio, Einán, Einardo e Melchisedeq (Confesores); Lucía Filippini (Fundadora); Isaac e Rebeca (Patronos); Abel (Primeiro das Xustos); Ermelando e Humberto (Abades); Saúde, Gracia, Corpiño e Gloria (Virxes); Calendario Romano: Hilaria.

Os 366 días do ano

Basílica de San Pedro

A basílica papal de San Pedro (en latín: Basilica Sancti Petri, en italiano: Basilica Papale di San Pietro in Vaticano), coñecida comunmente como basílica de San Pedro, é un templo católico situado na Cidade do Vaticano. Con 193 metros de lonxitude, 44,5 metros de altura e 2,3 hectáreas de superficie, é a igrexa cristiá máis grande do mundo. A altura que lle confire a súa cúpula fai que sexa unha característica dominante no horizonte de Roma. É considerada como un dos lugares máis sagrados do catolicismo. Describiuse como «ocupante dunha posición única no mundo cristián», e como «a máis grande de todas as igrexas da cristiandade». É unha das catro basílicas maiores.

Na tradición católica, a basílica atópase situada sobre o lugar do enterro de san Pedro, que foi un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, primeiro bispo de Antioquía, primeiro bispo de Roma e, polo tanto, o primeiro dos pontífices. A tradición e as evidencias históricas e científicas sosteñen que a tumba de San Pedro está directamente debaixo do altar maior da basílica; por mor disto, moitos papas foron enterrados en San Pedro desde a época paleocristiá. No sitio da actual basílica foron construídas igrexas desde o século IV. A construción do actual edificio, sobre a antiga basílica constantiniana, comezou o 18 de abril de 1506, por orde do papa Xulio II, e finalizou o 18 de novembro de 1626.Como obra arquitectónica, é considerada como o maior edificio da súa época. Malia a crenza popular, San Pedro non é unha catedral, xa que a Arquibasílica de San Xoán de Latrán é a catedral de Roma.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Manchester

Manchester é unha cidade do Reino Unido situada na rexión do Noroeste de Inglaterra, nunha chaira aos pés da ladeira occidental dos Peninos. Segundo estimacións feitas no 2011 ten 498.800 habitantes, mentres que a área metropolitana, o Gran Manchester, ten 2 600 000, sendo a terceira aglomeración urbana máis grande do Reino Unido.

É un importante centro artístico, financeiro, de medios de comunicación e de educación superior. É a terceira cidade máis visitada no Reino Unido por turistas doutros estados. Manchester foi a anfitrioa dos Xogos da Mancomunidade de 2002, e é sede de dous equipos de fútbol da Premier League, Manchester United e Manchester City.

Premios Óscar

Os Premios da Academia, informalmente coñecidos como Premios Óscar, son os galardóns anuais á excelencia das producións cinematográficas. Organizado e supervisado pola Academy of Motion Picture Arts and Sciences (AMPAS), os premios son concedidos cada ano nunha cerimonia formal. O AMPAS foi orixinalmente concibido pola Metro-Goldwyn-Mayer como unha organización profesional honorífica para axudar a mellorar a imaxe da industria cinematográfica e mediar nas disputas laborais. Os premios propiamente ditos foron iniciados despois pola Academia como un "premio de mérito para a realización" na industria.Os primeiros Premios da Academia celebráronse en 1929 nunha cerimonia no Hotel Roosevelt en Hollywood. Ó longo dos anos, as categorías presentadas foron cambiando, e no presente, os Óscars contan con máis dunha ducia de categorías. Como unha das cerimonias de premios máis importantes do mundo, a cerimonia dos Óscars é transmitida en directo en máis de 100 países anualmente. Así mesmo, é a máis antiga cerimonia de premios nos medios de comunicación; os seus equivalentes, os Premios Grammy (para música), os Premios Emmy (para televisión) e os Premios Tony (para teatro), foron adaptados tralos Premios da Academia.

Unión Europea

A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 28 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. O 12 de outubro de 2012 a Unión foi galardoada co Premio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 28 estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia; o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía; o 1 de xullo de 2013 Croacia.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país. Macedonia do Norte, Islandia, Montenegro e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Wiki

Un wiki é unha aplicación web que permite aos internautas engadir, modificar ou borrar contido mediante software colaborativo que permite a edición colectiva dos documentos usando un sistema sinxelo sen que teña que ser revisado antes da súa publicación, toma o seu nome dunha palabra hawaiana que significa rápido. O meirande wiki do mundo é a Wikipedia, que ten o obxectivo de elaborar unha enciclopedia libre.[Cómpre referencia]O obxectivo dunha wiki é democratizar un pouco a creación e mantemento das páxinas; ou eliminar a "síndrome dun só webmaster".[Cómpre referencia]O potencial do wiki radica na non necesidade de aprender a usar complicadas etiquetas en HTML para escribir de xeito sinxelo documentos e establecer enlaces no sitio web.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.