25 de maio

O 25 de maio é o 145º día do ano do calendario gregoriano e o 146º nos anos bisestos. Quedan (220) días para finalizar o ano.

<< Maio >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Ralph-Waldo-Emerson-Rowse-Schloff.jpeg
Ralph Waldo Emerson.

Mortes

Gustav Holst
Gustav Holst.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: San Gregorio VII

Os 366 días do ano

Alexandre IV, papa

Alexandre IV, nado coma Rinaldo Conti en Anagni (Italia) cara a 1199 e finado en Viterbo o 25 de maio de 1261, foi o 181º Papa da Igrexa católica dende 1254 ata 1261, referido coma Signum ostiense nas profecías de San Malaquías.

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Dialnet

Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidad de La Rioja e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.

No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.

Emilio Castelar

Emilio Castelar Ripoll, nado en Cádiz o 7 de setembro de 1832 e finado en San Pedro del Pinatar (Murcia), o 25 de maio de 1899, foi un político e escritor español, último presidente da Primeira República Española.

Ernst Ruska

Ernst August Friedrich Ruska, nado en Heidelberg o 25 de decembro de 1906 e finado en Berlín o 25 de maio de 1988, foi un físico alemán.

Gregorio VII, papa

San Gregorio VII, nado en Sovana cara 1020 e finado en Salerno o 25 de maio de 1085, foi o Papa número 157 da Igrexia católica entre 1073 e 1085. A primeira medida que tomou ese mesmo ano foi dirixida á prescrición do celibato eclesiástico mediante a prohibición do matrimonio dos sacerdotes.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

Jack Steinberger

Jack Steinberger, nado como Hans Jakob Steinberger en Bad Kissingen o 25 de maio de 1921, é un físico estadounidense de orixe alemá.

Pieter Zeeman

Pieter Zeeman, nado en Zonnemaire o 25 de maio de 1865 e finado en Ámsterdan o 9 de outubro de 1943, foi un físico neerlandés galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1902.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.