24 de xuño

O 24 de xuño é o 175º día do ano do calendario gregoriano e o 176º nos anos bisestos. Quedan 190 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Claude Chabrol (Amiens nov. 2008) 13a
Claude Chabrol.

Mortes

José de Elduayen 1885
José Elduayen.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: San Xoán Baptista.

Os 366 días do ano

1915

1915 foi Ano Santo Xacobeo.

2017

2017 é un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo.

A ONU declarou ao 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento , coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente.

O Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.

Anoeta

Anoeta é un municipio de Guipúscoa, no País Vasco. Pertence á comarca de Tolosaldea e atópase no val medio do río Oria.

Tiña en 2014 unha poboación de 1.893 habitantes. A principal actividade económica é o industrial: existen modernas industrias de construcións metálicas, dedicadas principalmente á maquinaria do papel e os seus complementos.

No casco deste municipio destaca a Igrexa de San Xoán Bautista, edificio do século XVI, con remodelacións no XVII e XVIII, cuberto con bóvedas de crucería. Conta tamén a localidade coa Casa-Torre de Ateaga, magnífico casarío con escudo de armas.

As súas festas patronais celébranse o día do Corpus Christi. Tamén se celebran as de San Xoán, o 24 de xuño.

Carlos Gardel

Carlos Gardel, nado en Tacuarembó ou Tolosa o 11 de decembro de 1890 e finado en Medellín o 24 de xuño de 1935, foi o mais famoso dos cantantes do tango arxentino, país ao cal chegou aos dous anos de idade.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Martin Perl

Martin Lewis Perl, nado o 24 de xuño de 1927 en Nova York e falecido o 30 de setembro de 2014, é un físico estadounidense, gañador en 1995 do Premio Nobel de Física polo descubrimento do tauón.

Oklahoma

Oklahoma (en cherokee: ᎣᎦᎳᎰᎹ, òɡàlàhoma, en pawnee: Uukuhuúwa, en cayuga: Gahnawiyoˀgeh) é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras choctaw okla e humma, que significan "xente vermella". Informalmente é coñecido co alcume de The Sooner State. Oklahoma foi o cuadraxésimo sexto estado en formar parte da Unión o 16 de novembro de 1907, a partir do Territorio Indio. A capital e maior cidade do Estado é Oklahoma City. Conta con 77 condados.

Oklahoma é un importante produtor de gas natural, petróleo e diversos alimentos. A economía de Oklahoma está baseada na aviación, enerxía, telecomunicacións e a biotecnoloxía. É unha das economías de máis rápido crecemento de EUA, o terceiro estado na clasificación de ingresos per cápita e o líder en crecemento do produto nacional bruto. Oklahoma City e Tulsa son os principais motores da economía do Estado, xa que concentran case o 60% da poboación nas súas áreas metropolitanas. O estado de Oklahoma ten competencias importantes na administración da educación e a sanidade. Ademais, as súas universidades máis grandes participan nas competicións deportivas da NCAA e a NAIA, mentres que dous dos seus clubs de atletismo encóntranse entre os máis exitosos de Estados Unidos.

Con pequenas cadeas montañosas, pradeiras, e bosques ao oeste, a maior parte de Oklahoma está situada entre as Grandes Chairas dos Estados Unidos e as Terras Altas, unha rexión especialmente proclive a condicións meteorolóxicas adversas. En Oklahoma predominan os alemáns, irlandeses, británicos e descendentes de nativos americanos. No estado fálanse máis de 25 linguas indíxenas de América, máis ca en calquera outro estado.

Atópase na confluencia de tres grandes rexións culturais de Estados Unidos e historicamente serviu como rota de transporte de gado, como destino para os colonos do sur, e de lar para os nativos americanos. Forma parte do Bible Belt, onde está moi presente o cristianismo evanxélico.

Victor Francis Hess

Victor Franz Hess, nado en Waldstein o 24 de xuño de 1883 e finado en Nova York o 17 de decembro de 1964, foi un físico austríaco.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.