24 de setembro

O 24 de setembro é o 267º día do ano do calendario gregoriano e o 268º nos anos bisestos. Quedan 98 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Francis Scott Fitzgerald 1937 June 4 (1) (photo by Carl van Vechten)
Francis Scott Fitzgerald

Mortes

Niels ryberg
Niels Ryberg Finsen
Amando Garra 1923
Amando Garra

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: San Pedro Nolasco.

Os 366 días do ano

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

Angola

Angola, oficialmente República de Angola (en portugués: República de Angola; en quicongo, kimbundu, umbundu e chócue: Repubilika ya Ngola), é un país da costa occidental de África, limitado ao norte e ao leste pola República Democrática do Congo, ao leste por Zambia, ao sur por Namibia e ao oeste polo Océano Atlántico. Angola inclúe tamén o turbulento enclave de Cabinda, ao norte, que está constituído como unha das súas 18 provincias. A súa capital é Luanda.

Colonia portuguesa ata 1975, ten recursos naturais considerábeis, entre os que destacan o petróleo e os diamantes. O seu sistema de goberno é a democracia, cun réxime presidencialista e eleccións multipartidistas.

ChemSpider

ChemSpider é unha base de datos químicos, que é propiedade da Royal Society of Chemistry (Real Sociedade de Química británica).

Inocencio II, papa

Inocencio II, nado en Roma e finado o 24 de setembro de 1143, foi o Papa nº 166 da Igrexa católica.

Liberio, papa

Liberio I, nado en Roma, converteuse no 36º papa o 17 de maio de 352.

As polémicas mantidas cos arianos comportaron a elección de Fiz II como antipapa.

Liberio promoveu a construción da Basílica de Santa María a Maior de Roma, edificada sobre o perímetro que el mesmo trazou logo dunha nevada un 5 de agosto.

Faleceu o 24 de setembro de 366.

Pedro Almodóvar

Pedro Almodóvar Caballero, nado en Calzada de Calatrava (Cidade Real) o 24 de setembro de 1949, é un director de cinema e guionista manchego, un dos principais referentes do cinema español a nivel internacional.

Ruhollah Khomeini

Ruhollah Mostafavi Moosavi Khomeini, máis coñecido como Ruhollah Khomeini (persa: روح‌الله خمینی), nado o 24 de setembro de 1902 en Khomein, e finado o 3 de xuño de 1989 en Teherán, foi un relixioso e político iraniano líder da Revolución iraniana de 1979, que viu o derrocamento de Mohammad Reza Pahlavi, o Xa de Irán. Trala revolución, Khomeini pasou a ser o Líder Supremo do país, un cargo creado na constitución de 1979 que o ascendeu como a maior autoridade política e relixiosa da nación. Ocupou o cargo até a súa morte en 1989. Khomeini foi tamén alfaquí da Xaria (experto na Lei islámica) e autor de máis de 40 libros. Porén, é principalmente coñecido pola súa actividade política.

Sebastián Martínez-Risco

Sebastián Martínez-Risco Macías, nado en Ourense o 19 de xaneiro de 1899 e finado na Coruña o 24 de setembro de 1977, foi un xuíz e escritor galego.

Severo Ochoa

Severo Ochoa de Albornoz, nado en Ḷḷuarca o 24 de setembro 1905 e finado en Madrid o 1 de novembro 1993, foi un bioquímico español, gañador do Premio Nobel de Medicina en 1959.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.