24 de febreiro

O 24 de febreiro é o 55º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 310 días para finalizar o ano, 311 nos anos bisestos.

<< Febreiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29
2019
Todos os días

Acontecementos

Radiogalega
Radio Galega

Nacementos

Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier
Rosalía de Castro.
Marjorie Courtenay-Latimer
Marjorie Courtenay-Latimer

Mortes

Nikolay Ivanovich Lobachevsky.jpeg
Nikolai Lobachevski.
  • 2019 - Esther Pita, política galega, alcaldesa de Oleiros de 1996 a 2003 (n. 1943)

Outros

  • Santoral: San Modesto.

Os 366 días do ano

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

2019

2019 (MMXIX) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Biblioteca Nacional da República Checa

A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e India. Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos. A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.

Cabeiras, Arbo

San Sebastián de Cabeiras é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Arbo. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 285 habitantes (152 homes e 133 mulleres) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha gran diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 553 habitantes.

A economía da parroquia susténtase no sector primario, como a viticultura (adega Pazo Pondal) ou a pesca da lamprea.

O monte Chan do Padrón, lindando co concello das Neves, e o punto de maior altitude. En Cabeiras abundan os lugares de sendeirismo con mais de 10 rutas incluso para ciclismo. O 24 de febreiro celébrase o san Brais, o 24 de xullo O Carme, e o 1 de agosto san Fins no monte do mesmo nome.

Na praza da aldea hai un busto en homenaxe a Juan Alonso Rodríguez.

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico

Carlos V, Sacro Emperador Romano-Xermánico tamén coñecido como Carlos I de España e V de Alemaña, nado no palacio Prinsenhof de Gante o 24 de febreiro de 1500 e finado no mosteiro de Yuste o 21 de setembro de 1558, foi fillo de Filipe o Fermoso de Habsburgo e de Xoana, a Tola. Reinou nas Coroas de Castela e Aragón moi novo, aos 16 anos, de 1516 a 1556, e posuíu a coroa imperial alemá de 1519 a 1558.

Clemente VIII, papa

Ippolito Aldobrandini, nado o 24 de febreiro de 1536 e finado o 3 de marzo de 1605), foi un papa da Igrexa católica, elixido como tal o 30 de xaneiro de 1592, e tomando o nome de Clemente VIII.

David Wineland

David Jeffrey Wineland, nado en Wisconsin o 24 de febreiro de 1944, é un físico estadounidense, laureado co premio Nobel de Física no 2012 canda Serge Haroche, «pola medida e manipulación de sistemas cuánticos individuais». Traballa no Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) e no laboratorio de física da Universidade de Colorado en Boulder.

O seu traballo incluíu avances na óptica, arrefriamento láser de ións en trampas de Paul e o uso de ións atrapados en operacións de computación cuántica.

Discogs

Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, actualmente aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos.

Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.

Discogs contén arredor de 6 millóns de cancións, 3,9 millóns de artistas e uns 743 000 selos discográficos. Existen unhas 275 688 contas de usuario de colaboradores. Estas cifras están constante crecemento debido as contribucións dos usuarios.

George Smoot

George Fitzgerald Smoot III, nado en Yukon, Florida o 24 de febreiro de 1945, é un físico e astrónomo estadounidense. É doutor en Física polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) e Profesor de Física na Universidade de Berkeley en California.

Radio Galega

Radio Galega (RG) é o nome da radio pública de Galicia, integrada na Corporación de Radio-Televisión de Galicia, que inclúe tamén á Televisión de Galicia (TVG). Comezou a emitir, en fase de probas, o 24 de febreiro de 1985 e iniciou a súa programación regular o 29 de marzo dese ano. Desde mediados de 2009 a súa directora é a xornalista Rosa Martínez, en substitución do tamén xornalista Virxilio Costas.

Trust

Trust é o terceiro single lanzado pola cantante xaponesa Ayumi Hamasaki o 5 de agosto de 1998. single foi reeditado en formato maxi single o 24 de febreiro do 2001

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.