23 de xuño

O 23 de xuño é o 174º día do ano do calendario gregoriano e o 175º nos anos bisestos. Quedan 191 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Kuzma petrov-vodkin, ritratto di anna akhmatova, 1922
Anna Akhmatova.

Mortes

Columbo Peter Falk 1973
Peter Falk.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: San Xosé Cafasso.

Notas

  1. Calendario 2014 MUNCYT.

Os 366 días do ano

1909

1909 foi Ano Santo Xacobeo.

Andrés Fernández-Albalat Lois

Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924, é un arquitecto galego. Recoñecido coma a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega do século XX.

Antártida

A Antártida ( pronunciación ) é un continente do planeta Terra, situado no hemisferio sur. Ten unha superficie de 13 209 000 km², que diminúe por mor do cambio climático. Non ten unha poboación autóctona debido ás condicións climáticas. Aínda así, unhas 2.000 persoas pisan esa terra cada ano, entre as que se encontran científicos, técnicos, especialistas, militares e turistas.

A Antártida está atravesada por unha das maiores cordilleiras mundiais, as Montañas Transartárticas, cunha lonxitude de 3.058 km e unha altura media de case 5.000 metros. Estas montañas dividen o continente en dúas partes, por un lado a península Antártica ou península de Palmer (coñecida en Chile como Terra de O'Higgins), e pola outra banda a extensa meseta antártica.

Calendario rúnico

O calendario rúnico era un calendario perpetuo baseado no ciclo metónico utilizando as runas desenvolvidas polas culturas nórdicas ou xermánicas que habitaban as rexións da actual Alemaña e Escandinavia. Escribíanse en pergameos ou ben nunha vara de madeira no cal se entallaban cunha raia os días normais e os días especiais con figuras xeométricas ou símbolos, en Suecia coñecíase este último método como runstav e en Noruega como Primstav

O inicio do ano, polo calendario rúnico ocorría no día 23 de xuño, representado pola runa Feob. O máis antigo data do século XIII e empregouse ata o século XVII e aínda máis tarde esporadicamente.

Comité Olímpico Internacional

O Comité Olímpico Internacional (COI) (en inglés: International Olympic Committee, IOC, en francés: Comité international olympique, CIO) con sede en Lausana, foi creado o 23 de xuño de 1894 polo Barón Pierre de Coubertin en París co fin de revivir os antigos Xogos Olímpicos gregos.

O COI coordina as actividades do Movemento Olímpico. Ademais está encargado de supervisar e administrar todo o concernente ós Xogos Olímpicos. É dono de todos os dereitos asociados ós símbolos olímpicos, a bandeira, himno, lema, xuramento e xogos. Controla os dereitos de transmisión dos Xogos, a publicidade e demais actividades conforme a Carta Olímpica. É o organismo internacional encargado de organizar e seleccionar as cidades que serán sedes dos Xogos Olímpicos cada 4 anos.

Mundial de Fútbol de 1994

A Copa Mundial da FIFA 1994 (en inglés: World Cup USA '94) foi a edición número quince do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado polos Estados Unidos, sendo esta a primeira vez que se celebraba fóra de Europa e Sudamérica, comezou o 17 de xuño e rematou un mes despois, o 17 de xullo coa vitoria da selección de Brasil sobre Italia, nun final decidida nos penaltis.

Oklahoma

Oklahoma (en cherokee: ᎣᎦᎳᎰᎹ, òɡàlàhoma, en pawnee: Uukuhuúwa, en cayuga: Gahnawiyoˀgeh) é un estado situado na rexión Sur dos Estados Unidos de América. Con 3.579.212 habitantes no 2006 e unha superficie de 181.035 km², ocupa o lugar número 28 entre os estados máis poboados, e o 20 entre os máis grandes. O seu nome deriva das palabras choctaw okla e humma, que significan "xente vermella". Informalmente é coñecido co alcume de The Sooner State. Oklahoma foi o cuadraxésimo sexto estado en formar parte da Unión o 16 de novembro de 1907, a partir do Territorio Indio. A capital e maior cidade do Estado é Oklahoma City. Conta con 77 condados.

Oklahoma é un importante produtor de gas natural, petróleo e diversos alimentos. A economía de Oklahoma está baseada na aviación, enerxía, telecomunicacións e a biotecnoloxía. É unha das economías de máis rápido crecemento de EUA, o terceiro estado na clasificación de ingresos per cápita e o líder en crecemento do produto nacional bruto. Oklahoma City e Tulsa son os principais motores da economía do Estado, xa que concentran case o 60% da poboación nas súas áreas metropolitanas. O estado de Oklahoma ten competencias importantes na administración da educación e a sanidade. Ademais, as súas universidades máis grandes participan nas competicións deportivas da NCAA e a NAIA, mentres que dous dos seus clubs de atletismo encóntranse entre os máis exitosos de Estados Unidos.

Con pequenas cadeas montañosas, pradeiras, e bosques ao oeste, a maior parte de Oklahoma está situada entre as Grandes Chairas dos Estados Unidos e as Terras Altas, unha rexión especialmente proclive a condicións meteorolóxicas adversas. En Oklahoma predominan os alemáns, irlandeses, británicos e descendentes de nativos americanos. No estado fálanse máis de 25 linguas indíxenas de América, máis ca en calquera outro estado.

Atópase na confluencia de tres grandes rexións culturais de Estados Unidos e historicamente serviu como rota de transporte de gado, como destino para os colonos do sur, e de lar para os nativos americanos. Forma parte do Bible Belt, onde está moi presente o cristianismo evanxélico.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.