23 de setembro

O 23 de setembro é o 266º día do ano do calendario gregoriano e o 267º nos anos bisestos. Quedan 99 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Xoaquín loriga
Xoaquín Loriga
Julio Iglesias09
Julio Iglesias
Bruce Springsteen - Roskilde Festival 2012
Bruce Springsteen

Mortes

Sigmund Freud LIFE
Sigmund Freud
Pablo Neruda
Pablo Neruda

Festas e celebracións

  • Día da Visibilidade Bisexual

Outros

  • Santoral: San Lino.

Os 366 días do ano

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Clifford Shull

Clifford Glenwood Shull, nado en Pittsburgh (Pensilvania) o 23 de setembro de 1915 e finado o 31 de marzo de 2001, foi un físico estadounidense.

Joaquín Loriga

Joaquín Loriga Taboada, nado en Lalín o 23 de setembro de 1895 e finado no aeródromo de Cuatro Vientos o 18 de xullo de 1927, foi un aviador e militar galego. Participou, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, no voo Madrid-Manila da escuadrilla Elcano.

Krasna zemljo

Krasna zemljo é un dos símbolos da rexión croata de Istria. A letra foi escrita por Ivan Cukon en 1912, e a música foi composta por Matko Brajša Rašan. A canción foi ideada como o Himno da Compañía de Cirilo e Metodio, e despois converteuse no himno non oficial da rexión.

A canción foi amplamente aceptada como himno, e a asemblea do Condado de Istria proclamouna himno rexional de Istria o 23 de setembro de 2002. Malia que Istria adoptou oficialmente o bilingüismo croata-italiano, o himno só está en croata.

Octavio Augusto

Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, nado en Veletri o 23 de setembro do 63 a. C. e falecido o 19 de agosto de 14 , foi o primeiro emperador romano. Era sobriño-neto de Xulio César. Tras a morte deste no 44 a. C. , empezou a loita contra o que fora o seu lugartenente, Marco Antonio; para isto contou co apoio de Cicerón e dos republicanos do Senado de Roma, que esperaban dividir os cesaristas enfrontándoos entre si. Casado con Livia, nai do seu sucesor (Tiberio), foi o iniciador da dinastía Xulia Claudia. Foi o primeiro en ser recoñecido como deus inmortal. Houbo rumores, non confirmados, de que morreu envelenado pola súa muller Livia.

Outono

O outono é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de outono (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio sur e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio norte), e remata co solsticio de inverno (arredor do 21 de xuño no hemisferio sur e o 21 de decembro no hemisferio norte). Aínda que ás veces é considerado como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio sur e setembro, outubro e novembro no hemisferio norte.

Pablo Neruda

Neftalí Ricardo Reyes Basoalto, máis coñecido como Pablo Neruda, nado en Parral (Provincia de Linares, Chile) o 12 de xullo de 1904 e finado en Santiago de Chile o 23 de setembro de 1973, foi un poeta chileno, gañador do Premio Nobel de Literatura no 1971.

Tomou o seu pseudónimo do escritor checo Jan Neruda.

Patrimonio da Humanidade

O título de Patrimonio da Humanidade (ás veces Patrimonio Mundial) é concedido pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación, a sitios específicos do planeta (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades) que foron nomeados e confirmados para a súa inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade.

O programa de clasificación adícase a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade. Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións.

O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de novembro de 1972.

En xullo de 2018, estaban catalogados un total de 1.092 sitios (845 culturais, 209 naturais e 38 mixtas) en 167 países diferentes. Italia, con 54 sitios, ten máis que calquera país, seguido da China (53), España (47), Francia (44), Alemaña (44), India (37) e México (35).

Primavera

Este artigo trata sobre a estación do ano, para a planta, ver artigo: Cáncaro.

A primavera é unha das catro estacións do ano das zonas temperadas. Astronomicamente, comeza co equinoccio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre o 22 e o 23 de setembro no hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (arredor do 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur). Aínda que ás veces é considerada como os meses enteiros de marzo, abril e maio no hemisferio norte e setembro, outubro e novembro no hemisferio sur.

Richard Adolf Zsigmondy

Richard Adolf Zsigmondy, nado en Viena (Imperio austríaco, agora Austria), o 1 de abril de 1865 e finado en Göttingen (Alemaña) o 23 de setembro de 1929, foi un químico austríaco-alemán de ascendencia húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1925.

Shaka Samvat

O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.

Ao marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.