23 de maio

O 23 de maio é o 143º día do ano do calendario gregoriano e o 144º nos anos bisestos. Quedan (222) días para finalizar o ano.

<< Maio >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Carolus Linnaeus (cleaned up version)
Carl von Linné.

Mortes

Diego Rodríguez de Silva y Velázquez - Luis de Góngora y Argote - Google Art Project
Luis de Góngora.

Outros

  • Santoral:

Os 366 días do ano

12 de outubro

O 12 de outubro é o 285º día do ano do calendario gregoriano (286ºnos anos bisestos). Quedan 80 días para finalizar o ano.

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

24 de maio

O 24 de maio é o 144º día do ano do calendario gregoriano e o 145º nos anos bisestos. Quedan (221) días para finalizar o ano.

FCBotiga

A FCBotiga é a tenda oficial do Futbol Club Barcelona. A tenda principal, chamada FCBotiga Megastore, situada na mesma chaira do Camp Nou, foi reinaugurada en xaneiro de 2003 logo dun forte investimento económico para mellorar o aspecto, a funcionalidade e o espazo. Nos seus máis de 2.000 m² pódense atopar máis de 3.000 produtos varios do Futbol Club Barcelona. O récord de visitantes nun día foi o 23 de maio de 2009 con 21.200 visitas. A facturación en 2008 foi de 30 millóns de euros.

John Bardeen

John Bardeen, nado en Madison (Wisconsin) o 23 de maio de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 30 de xaneiro de 1991, foi un físico norteamericano, a única persoa en gañar dous premios Nobel de física, en 1956 polo transistor con William Bradford Shockley e Walter Houser Brattain, e en 1972 por unha teoría fundamental da supercondutividade con Leon Cooper e John Robert Schrieffer, agora chamada teoría BCS.

Pär Lagerkvist

Pär Fabien Lagerkvist, nado en Växjö, Småland o 23 de maio de 1891 e finado en Estocolmo o 11 de xullo de 1974, foi un escritor sueco, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1951. Cultivou poemas, obras de teatro, novelas, contos e ensaios. A súa obra caracterízase polo pesimismo, a anguria, a indagación da natureza humana e as constantes alusións á morte.

República Federal Alemá

A República Federal Alemá (abreviado RFA; en alemán: Bundesrepublik Deutschland, abreviado BRD), tamén coñecida como Alemaña Occidental ou Alemaña do Oeste, foi un goberno que durou dende o ano 1949 ata a reunificación de Alemaña en 1990, cando se uniu á outra Alemaña, a República Democrática Alemá.

Constituída como república federal o 23 de maio de 1949, incluía as zonas de ocupación de Francia, Reino Unido e Estados Unidos, ademais da parte occidental de Berlín, divididas en diferentes estados creados segundo a historia dos antigos principados do Sacro Imperio Romano. O estado foi declarado totalmente soberano o 5 de maio de 1955, con capital en Bonn, pero as forzas de ocupación permaneceron para contrarresta-las soviéticas en Alemaña do Leste.

Alemaña Occidental uniuse á OTAN o 9 de maio de 1955, e á ONU nos anos 70, trala Ostpolitik do chanceler Willy Brandt, recoñecendo tamén a existencia de Alemaña Oriental.

Trala caída do muro de Berlín o 9 de novembro de 1989, a unificación das dúas alemañas procedeu rapidamente, sendo formalmente unha anexión do territorio do leste por parte da República Federal Alemá. A unificación foi o 3 de outubro de 1990, e a retirada das catro forzas de ocupación o 15 de marzo de 1991.

Rubens Barrichello

Rubens Barrichello, nado en São Paulo o 23 de maio de 1972, é un ex piloto brasileiro de Fórmula 1.

Urbano I, papa

Urbano I, chamado logo santo Urbano, nado probablemente en Roma e morto seguramente na mesma cidade o 23 de maio de 230, foi bispo cristián desa cidade entre o 222 e o 230.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.