23 de agosto

O 23 de agosto e o 235º día do ano do calendario gregoriano e o 236º nos anos bisestos. Quedan 130 días para finalizar o ano.

<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Georges Cuvier
Georges Cuvier.

Mortes

Charles de Coulomb
Charles-Augustin de Coulomb.

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

22 de agosto

O 22 de agosto e o 234º día do ano do calendario gregoriano e o 235º nos anos bisestos. Quedan 131 días para finalizar o ano.

24 de agosto

O 24 de agosto e o 236º día do ano do calendario gregoriano e o 237º nos anos bisestos. Quedan 129 días para finalizar o ano.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Francisco Ponte Blanco

Francisco Ponte Blanco, nado na Coruña en 1853 e finado na mesma cidade o 23 de agosto de 1926, foi un enxeñeiro e escritor galego.

Gran Premio de Suíza de 1953

O Gran Premio de Suíza de 1953 foi unha carreira de Fórmula Dúas, celebrada o 23 de agosto de 1953 en Suíza. Esta carreira foi a oitava carreira do Campionato do Mundo de Pilotos de 1953, que disputouse baixo as regras da Fórmula Dúas en 1952 e 1953, en lugar da normativa da Fórmula Un usada normalmente.

Coa vitoria nesta carreira, o piloto de Ferrari Alberto Ascari gañou o seu segundo campionato de pilotos seguido, os seus compañeiros de equipo Nino Farina e Mike Hawthorn, e o piloto de Maserati Juan Manuel Fangio (quen non puido puntuar), non puideron acadar á puntuación total de Ascari.

Haití

A República de Haití é un país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana polo leste; ao norte ten o Océano Atlántico e ao sur e ao oeste ten o Mar Caribe. O seu territorio comprende igualmente a illa La Gonâve, a illa da Tartaruga, o arquipélago das illas Cayemites e a Illa da Vaca, así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos Estados Unidos. A súa área total é de 27.750 km cadrados, albergando unha poboación de 10 033 000 habitantes (2009).. A súa capital e cidade máis importante é Porto Príncipe.

Haití é unha antiga colonia francesa, foi o primeiro país en Latinoamérica en declarar a súa independencia e o segundo do continente tras Estados Unidos. Accedeu á independencia tras un proceso revolucionario de carácter abolicionista iniciado en 1791 que desembocou nunha prolongada loita armada contra Francia, a potencia colonizadora desde finais do século XVII. Este proceso converteu a Haití, cuxa base étnica da poboación ten nun 95% a súa orixe en habitantes da África subsahariana, en escenario do primeiro caso na Historia de escravos que se emancipan deste xeito. Este episodio é especificamente lembrado polas Nacións Unidas mediante a Resolución 29/C40, que constitúe o Día internacional do recordo da trata negra e da súa abolición o 23 de agosto, e a institución da medalla Toussaint Louverture, en homenaxe a un dos líderes políticos haitianos.

Haití está constituído en forma de república semipresidencialista segundo a Constitución aprobada en 1987, pero cuxa vixencia ficou suspendida dende aquela en varias ocasiones pola violencia, particularmente tralo golpe de estado militar de 1991 e a crise de 2004, onde interviñeron as Nacións Unidas mediante o destacamento da Misión de Estabilización das Nacións Unidas en Haití (MINUSTAH). Tras un proceso electoral tutelado pola comunidade internacional en 2006, o Xefe do Estado, escolleito por sufraxio universal, é René Préval mentres que a Asemblea Nacional de Haití designou no 2009 a Jean-Max Bellerive como primeiro ministro.

A economía de Haití xerou no 2009 un PIB nominal de 6.908 millóns de dólares e unha renda per cápita de 772 dólares, sendo a máis pobre de todo o continente americano e unha das máis desfavorecidas do mundo. Segundo The World Factbook, o 80% da súa poboación vive na miseria e dous terzos da xente dependente do sector da agricultura e pesca, tradicionalmente organizado en pequenas explotacións de subsistencia. Houbo unha intensiva e descontrolada deforestación que minguou a superficie arborada de Haití do 60% en 1923 a menos do 2% en 2006. As devastadoras tormentas tropicais que sofre afectan ás escasas infraestruturas de comunicacións que ten, aumentando máis así a súa inestabilidade. O sector industrial máis relevante é o téxtil, que representa máis do 75% do volume de exportacións, principalmente cara Estados Unidos, e o 90% do PIB. Haití está incluído no programa do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial como país en vías de desenvolvemento altamente endebedado (Highly-Indebted Poor Country, HIPC).

John Kendrew

John Cowdery Kendrew, nado o 24 de marzo de 1917 en Oxford (Inglaterra) e finado o 23 de agosto de 1997 en Cambridge, foi un químico inglés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1962.

Konstantin Novoselov

Konstantin Novoselov, nado como Konstantin Sergeevich Novoselov (en ruso: Константин Сергеевич Новосёлов) en Nizhnii Tagil (URSS) o 23 de agosto de 1974, é un físico ruso-británico coñecido polos seus traballos sobre o grafeno xunto con Andre Geim, polos cales recibiron o Premio Nobel de Física en 2010. É membro do grupo de traballo de mesoscópica da Universidade de Manchester como investigador da Royal Society.

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o» ou «limés/limesa».Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.

Robert Curl

Robert Floyd Curl, nado o 23 de agosto de 1933 en Alice, Texas (EE.UU.), é un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1996.

Serafín Avendaño

Serafín Xoaquín Avendaño Martínez, nado en Vigo en 1838 e finado en Valladolid o 23 de agosto de 1916, foi un pintor galego.

Shaka Samvat

O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.

Ao marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.

Stanford Moore

Stanford Moore nado o 4 de setembro de 1913 en Chicago (Estados Unidos) e finado o 23 de agosto de 1982 en Nova York, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1972.

Thomas A. Steitz

Thomas Arthur Steitz, nado o 23 de agosto de 1940 en Milwaukee, Wisconsin, é un Sterling Professor (é o grao académico máis alto na Universidade Yale) de Biofísica e Bioquímica Molecular no Instituto Médico Howard Hughes da Universidade Yaleen New Haven, Connecticut, Estados Unidos. Steitz foi galardoado co Premio Nobel de Química en 2009 xunto con Venkatraman Ramakrishnan e Ada Yonath polo estudo da estrutura e función do ribosoma.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.