22 de xuño

O 22 de xuño é o 173º día do ano do calendario gregoriano e o 174º nos anos bisestos. Quedan 192 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

WilhelmvonHumboldt
Wilhelm von Humboldt.

Mortes

DuquedeRivas
Ángel de Saavedra.

Outros

Os 366 días do ano

1909

1909 foi Ano Santo Xacobeo.

21 de xuño

O 21 de xuño é o 172º día do ano do calendario gregoriano e o 173º nos anos bisestos. Quedan 193 días para finalizar o ano.

23 de xuño

O 23 de xuño é o 174º día do ano do calendario gregoriano e o 175º nos anos bisestos. Quedan 191 días para finalizar o ano.

Ada Yonath

Ada Yonath, nada en Xerusalén o 22 de xuño de 1939, é unha cristalógrafa israelí recoñecida polos seus traballos pioneiros na estrutura dos ribosomas.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Catch

"Catch" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editada como sinxelo do seu álbum Kiss Me, Kiss Me, Kiss Me o 22 de xuño de 1987. Non foi editado nos Estados Unidos e no Reino Unido acadou o número 27 nas listas.

Ao non ser lanzado no mercado estadounidense, as súas caras-b foron usadas na publicación neste país do sinxelo "Just Like Heaven".

Eleccións xerais de España de 1986

O 22 de xuño de 1986, os españois maiores de idade, foron chamados ás urnas para renovar as Cortes, por cuarta vez dende a Transición.

Nestas eleccións, o goberno de Felipe González (PSOE) revalidou a súa maioría absoluta obtida en 1982 aínda que con 18 escanos menos. A Coalición Popular (agora Partido Popular) consolidouse como segunda forza política tras a desaparición da UCD.

Respecto as eleccións de 1982, o PSOE perde as provincias de Zamora e Guadalaxara, así como a cidade autónoma de Melilla, que pasan a Coalición Popular. Esta formación política á súa vez perde a de Ávila, onde o CDS de Adolfo Suárez obtén un respaldo maioritario. O partido CiU arrebata Lleida ao PSOE.

Os resultados co 99,99% dos votos escrutados foron:(*) Tomando como base os escanos do Partido Comunista

Hai debate

Hai debate foi un programa informativo da TVG estreado o 13 de febreiro de 2006, que deixou de emitirse o 22 de xuño de 2009.

Tratouse dun debate semanal emitido na noite dos luns a cargo, nos comezos, de Sonia Vizoso, da que recolleu o relevo en outubro de 2006 a tamén xornalista galega Ana Rodríguez Martí, e finalmente Marga Pazos nas tres últimas entregas.

En cada programa, dunha hora de duración aproximadamente, recibíase a unha serie de invitados, xa foran políticos, analistas, comentaristas ou implicados, que expoñían os seus puntos de vista e defendían as súas posturas respecto a un ou varios temas de actualidade.

O programa, de produción propia, gravábase nos estudos da TVG en Santiago de Compostela en falso directo unhas horas antes da emisión e con público en plató. Adoitaban emitirse varios vídeos que complementaban a información sobre o tema que se estaba a abordar en cada caso.

A dirección corría a cargo de Xoaquín Pedrido, mentres que Gabriel Paz se encargaba da realización e Pilar de la Fuente da produción. Os guionistas deste espazo eran Mónica Ares, Charina Giráldez e Almudena Parrondo.

Ilya Frank

Ilya Mikhailovich Frank (en ruso: Илья́ Миха́йлович Франк), nado en San Petersburgo o 23 de outubro de 1908 e finado en Moscova o 22 de xuño de 1990, foi un físico soviético galardoado no ano 1958 co Premio Nobel de Física.

Shaka Samvat

O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.

Ao marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.

Wilhelm von Humboldt

Friedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand Freiherr von Humboldt, nado o 22 de xuño de 1767 en Potsdam e finado o 8 de abril de 1835 en Tegel, foi un lingüista, funcionario, diplomático e filósofo alemán. Despois de realizar estudos científicos, así como de grego e de francés, recibiu unha introdución á filosofía e á administración. Durante tres semestres estudou filoloxía e ciencias en Gotinga con Lichtenberg, onde leu a Kant.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.