22 de setembro

O 22 de setembro é o 265º día do ano do calendario gregoriano e o 266º nos anos bisestos. Quedan 100 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Ruffini paolo
Paolo Ruffini

Mortes

Frederick Soddy
Frederick Soddy

Outros

  • Santoral: San Mauricio.

Os 366 días do ano

Amador Montenegro

Amador Manuel Joaquín de la Concepción Montenegro L. de Saavedra, chamado Amador Montenegro, nado en Santiago de Compostela o 30 de abril de 1864 e falecido en Lugo o 22 de setembro de 1932, foi un escritor e xornalista que fundou o periódico A Monteira en 1889.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Chen Ning Yang

Chen Nin Franklin Yang, nado en Hefei o 22 de setembro de 1922, é un físico chinés-estadounidense que traballou na mecánica estatística e os principios de simetría.

Aos 35 anos recibiu, xunto a Tsung-Dao Lee, o premio Nobel de Física pola súa teoría de que as interaccións débiles entre partículas elementais non tiñan paridade simétrica. Isto foi máis tarde verificado experimentalmene por Chien-Shiung Wu.

Yang é tamén recoñecido pola súa colaboración con Robert Mills para desenvolver unha teoría de gauge dunha nova clase. Esas teorías de Yang-Mills son agora unha parte fundamental do Modelo Estándar para física de partículas.

Fiz III, papa

San Fiz IV, nado en Benevento, Samni ou Campania e finado en Roma o 530, a miúdo tamén chamado Fiz III, foi escollido Papa o 12 de xullo de 526.

Logo da morte de Xoán I, Fiz foi elixido Papa por Teodorico o Grande, que controlaba a curia romana. Esta alianza reportou grandes beneficios á Igrexa.

Este Papa fixo construír a basílica dos santos Cosme e Damián de Roma.

Morreu o 22 de setembro de 530 en Roma.

Pío III, papa

Francesco Todeschini Piccolomini (Siena (Italia), 29 de maio 1439—Roma, 18 de outubro 1503), elixido papa o 22 de setembro 1503 co nome de de Pío III (en latín Pius III, en italiano Pio III).

O 18 de agosto de 1503, o papa Alexandre VI morría. O 16 de setembro abríanse as deliberacións do conclave para a elección do seu sucesor. Dous candidatos opoñíanse: o cardeal Georges de Amboise (1460-1510), ministro de Luís XII de Francia, sostido por César Borgia, e o cardeal Giuliano Della Rovere, o futuro Xulio II. Para evitar longas discusións, os electores puxéronse de acordo, dende o 22 de setembro, sobre o nome do cardeal Francesco Todeschini-Piccolomini, sobriño de Pío II, que tomou o nome de Pío III en recordo do seu tío materno.

Declarou axiña querer ser o papa da paz. Desexaba a reforma xeral da Igrexa e a pacificación de todo o Occidente, pero morreu, menos dun mes despois da súa elección, o 18 de outubro de 1503. Foi inhumado na basílica de San Pedro, despois os seus restos foron transferidos á igrexa San Andrea della Valle, ao lado dos de Pío II.

As profecías de San Malaquías refírense a este papa como De parvo homine ('Do home pequeno'), cita que fai referencia ao seu apelido, Piccolomini (piccolo significa 'pequeno', e uomini significa 'homes').

Xesús Taboada Chivite

Xesús Taboada Chivite, nado en Verín o 22 de setembro de 1907 e finado en Verín o 27 de novembro 1976, foi un arqueólogo, historiador, etnógrafo e ensinante galego.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.