22 de marzo

O 22 de marzo é o 81º día do ano do calendario gregoriano e o 82º nos anos bisestos. Quedan 284 días para finalizar o ano.

<< Marzo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 1895 - Os irmáns Lumière proxectan o primeiro filme que se realizou no mundo: A saída dos obreiros da fábrica Lumiére.
  • 1945 - Fundación da Liga Árabe
  • 1963 - Edítase en Inglaterra o disco Please Please Me, o primeiro álbum gravado polos Beatles.
  • 1986 - Un grupo de membros do INTG deixa este comité para constituír o Colectivo Comunista.
  • 2001 - O encoro de Portodemouros acolle a Copa do Rei de remo.
  • 2003 - A Coordinadora Galega pola Paz convoca manifestacións de rexeitamento á guerra de Iraq.

Nacementos

Marcel Marceau (cropped)
Marcel Marceau.

Mortes

Goethe Kügelgen
Goethe.

Festas e celebracións

  • Día Mundial da Auga. A data foi escollida pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 22 de decembro de 1992[1], recomendando a tódolos Estados membros a celebrar nesa data actividades de fomento e divulgación relacionadas coa conservación e desenvolvemento dos recursos hídricos e á posta en marcha das recomendacións da Axenda 21.

Notas

  1. Declaración

Outros

Os 366 días do ano

1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

1948

1948 foi Ano Santo Xacobeo.

Burton Richter

Burton Richter, nado en Nova York o 22 de marzo de 1931, é un físico e profesor universitario estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Física en 1976.

Giuseppe Tavani

Giuseppe Tavani, nado en Roma en 1924 e finado o 22 de marzo de 2019, foi un filólogo italiano.

James Whyte Black

Sir James Whyte Black, nado en Uddingston, Escocia o 14 de xullo de 1924 e finado o 22 de marzo de 2010 foi un farmacólogo británico, inventor do propranolol e a cimetidina.

Partido Comunista de Liberación Nacional

O Partido Comunista de Liberación Nacional foi un partido comunista e independentista galego formado o 25 de xullo de 1986 polo Colectivo Comunista 22 de marzo que formaran 13 membros do Comité Central da Unión do Povo Galego desconformes coa decisión do seu V Congreso (nunha votación non exenta de polémica) de aprobar o xuramento da Constitución española no Parlamento de Galicia. As principais figuras do PCLN eran Mariano Abalo (secretario xeral), Manuel Camaño e Xan Carballo, secretario xeral da INTG. Editaron un voceiro (cun único número) baixo o título PCLN, saíndo á rúa o 1 de maio de 1988.

Os membros do PCLN tiveron unha forte influencia no mundo sindical (Vigo, Ourense, O Morrazo, Compostela ou A Coruña) e presenza nas Comisións Labregas e en Mulleres Nacionalistas Galegas.

Na III Asemblea Nacional do BNG (O Carballiño, 1987) decidiuse expulsar ó PCLN polo apoio que este dera a Herri Batasuna nas eleccións ó Parlamento Europeo.

O PCLN iniciou un proceso con outros grupos do independentismo, como Galiza Ceive-OLN e distintos colectivos nacionalistas locais, para constituír en 1988 a Frente Popular Galega. Finalmente acabou disolvéndose nela contra 1990.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Robert Andrews Millikan

Robert Andrews Millikan, nado en Morrison, Illinois o 22 de marzo de 1868 e finado en San Marino, California o 19 de decembro de 1953, foi un físico estadounidense que gañou o Premio Nobel de Física en 1923 primordialmente polo seu traballo para determinar o valor da carga do electrón e o efecto fotoeléctrico. Tamén investigou os raios cósmicos

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Shaka Samvat

O calendario nacional indio Shaka Samvat, é o calendario civil oficial utilizado na India. Emprégase, xunto co calendario gregoriano, na Gazette of India, en difusións de noticias da All India Radio, e en calendarios e comunicacións publicados polo goberno da India.

Ao marxe de tales propósitos formais, o calendario non é moi amplamente utilizado.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.