21 de xullo

O 21 de xullo é o 202º día do ano do calendario gregoriano e o 203º nos anos bisestos. Quedan 163 días para finalizar o ano.

<< Xullo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

ErnestHemingway
Ernest Hemingway.

Mortes

Busto de Laxeiro en Vigo
Laxeiro.

Outros

Os 366 días do ano

1948

1948 foi Ano Santo Xacobeo.

Alexandre o Grande

Alexandre III de Macedonia, coñecido como Alexandre o Grande ou Alexandre Magno (en grego: Μέγας Ἀλέξανδρος), nado o 21 de xullo de 356 a.C. en Pela (Reino de Macedonia) e finado o 10 ou 13 de xuño 323 a.C. en Babilonia, foi rei de Macedonia entre o 21 de xullo de 336 a.C. e o 13 de xuño de 323 a.C. Trátase dun dos máis exitosos comandantes do mundo antigo, tanto que foi considerado por moitos o maior xenio militar da historia.

ArXiv

O arXiv (pronunciado como a palabra inglesa "archive" /ˈɑːkaɪv/) é un repositorio de prepublicacións electrónicas, coñecidas como e-prints, de literatura científica nos campos das matemáticas, física, astronomía, ciencias da computación, bioloxía cuantitativa, estatística e finanzas, que poden ser consultadas en liña. En moitos campos das matemáticas e da física, a maioría das publicacións científicas son auto-arquivadas no repositorio de arXiv. Comezou o 14 de agosto de 1991, e arXiv.org superou o medio millón de artigos o 3 de outubro de 2008, e acadou o millón a finais de 2014. No 2014, a media de entradas novas medrou a máis de 8 000 ó mes.

Ernest Hemingway

Ernest Miller Hemingway, nado en Oak Park (Illinois) o 21 de xullo de 1899 e finado en Ketchum, Idaho, o 2 de xullo de 1961, foi un escritor estadounidense, galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1954.

La Palma de Cervelló

La Palma de Cervelló é un municipio da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Llobregat. Limita ao norte con Pallejà, ao leste con Molins de Rei, ao sur con Sant Vicenç dels Horts e Cervelló e ao oeste con Corbera de Llobregat.

Formou parte do concello de Cervelló dende 1857 ata 1937, cando se constituíu en concello durante a guerra civil. En 1939 volveu formar parte de Cervelló ata que se independizou o 21 de xullo de 1998.

Tiña en 2017 unha poboación de 2.998 habitantes, agrupados nas entidades de Ca n'Esglèsies, Can Mascaró, Can Vidal e Palma de Cervelló.

Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.

María Cristina de Habsburgo-Lorena

María Cristina de Habsburgo-Lorena (de nome completo Maria Christina Désirée Henriette Felicitas Rainiera von Habsburg-Lothringen), nada en Gross-Seelowitz, Moravia (Imperio Austríaco) o 21 de xullo de 1858 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1929, Exerceu de raíña consorte de España entre 1879 e 1885 polo seu casamento con Afonso XII (foi a segunda esposa). Cando este morreu converteuse na raíña rexente durante a minoría de idade do seu fillo Afonso XIII entre 1885 e 1902. Era coñecida popularmente co alcume de "dona Virtudes".Por dereito de nacemento era arquiduquesa de Austria e princesa de Hungría, Bohemia, Croacia, Dalmacia e Eslavonia. Por vía materna, gardaba parentesco coa familia real española e austríaca, posto que era tataraneta de Carlos III de España e bisneta de Leopoldo II de Austria.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Práxedes Mateo Sagasta

Práxedes Mateo Sagasta Escolar, nado en Torrecilla en Cameros (A Rioxa) o 21 de xullo de 1825 e finado en Madrid o 5 de xaneiro de 1903, foi un político español e destacado orador polo seu talento retórico e valores fortes. Foi presidente do Consello de Ministros (1871-1872) e presidente do Goberno Español (1874-1874), (1881-1883), (1892-1895), (1897-1899) e (1902-1902).

Rudolph A. Marcus

Rudolph "Rudy" Arthur Marcus, nado o 21 de xullo de 1923 en Montreal (Canadá) é un químico e profesor universitario estadounidense, de orixe canadense, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1992.

Sisto IV, papa

Sisto IV, nado en Albisola, Savona o 21 de xullo de 1414 e finado en Roma o 12 de agosto de 1484, foi un Papa da Igrexa católica entre 1471 e 1484.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.