21 de outubro

O 21 de outubro é o 294º día do ano do calendario gregoriano (295º nos anos bisestos). Quedan 71 días para finalizar o ano.

<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

AlfredNobel2
Alfred Nobel

Mortes

Andres Muruais
Andrés Muruais
Kerouac by Palumbo
Jack Kerouac

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: Santo Agatón de Egipto, eremita; San Bertoldo de Parma; Santa Celina, nai de San Remixio; Santa Celina de Meaux, virxe; Santa Córdula, mártir en Colonia; San Gaio e compañeiros, mártires en Nicomedia; San Gaspar, sacerdote; Santo Hlarión de Gaza, eremita; Santo Hilarión de Moglena, bispo; Santa Leticia; San Malco, monxe; Santa Odilia, mártir; Santa Úrsula e compaña, mártires; Santa Zaira.

Os 366 días do ano

Aegean Airlines

Aegean Airlines SA (en grego: Αεροπορία Αιγαίου Α.Ε.) é a aeroliña grega máis grande en número de pasaxeiros transportados, en destinos e en tamaño de frota. É membro de Star Alliance dende xuño de 2010 e realiza voos regulares e chárter dende Atenas e Tesalónica a outros grandes destinos gregos, ademais de varios europeos. O seu principal centro de operacións é o aeroporto internacional de Atenas, cun centro secundario no aeroporto internacional de Tesalónica. Tamén usa outros seis aeroportos gregos como bases estacionais durante o verán. As súas oficinas principais atópanse en Kifisia, un suburbio de Atenas.

O 21 de outubro de 2012 Aegean Airlines anunciou que chegara a un acordo para mercar Olympic Air, e a compra foi aprobada pola Comision Europea un ano despois, o 9 de outubro de 2013. Ámbalas dúas aeroliñas continúan operando baixo marcas distintas. Ademais, Aegean Airlines participou nas fases finais da licitación para a privatización de Cyprus Airways, a aeroliña nacional de Chipre. Tras a bancarrota de Cyprus Airways, Aegean Airways estableceu un centro de conexión no aeroporto de Larnaca, iniciando así voos regulares dende e cara a illa e enchendo o oco deixado polo peche da compañía chipriota.

Amado Ricón

Amado Ricón Virulegio, nado en Redondela o 21 de outubro de 1933 e finado o 7 de agosto de 2019, foi un profesor e político galego.

Andre Geim

Andréy Konstantínovich Gueim (en ruso Андрей Константинович Гейм), nado en Sochi (Unión Soviética) o 21 de outubro de 1958, é un físico holandés de orixe alemá do Volga de Rusia.

Celia Cruz

Úrsula Hilaria Celia Caridad Cruz Alfonso de la Santísima Trinidad, máis coñecida como Celia Cruz, nada na Habana o 21 de outubro de 1925 e finada en Fort Lee, Nova Jersey, o 16 de xullo de 2003, foi unha cantante cubana de salsa que pasou a meirande parte da súa carreira vivindo e traballando nos Estados Unidos.

Conón, papa

Conón, finado o 21 de setembro de 687, foi papa desde o 21 de outubro de 686 ata a súa morte en Roma.

Cosme Damián Churruca

Cosme Damián Churruca y Elorza, nado en Mutriku o 27 de setembro de 1761, e finado na batalla de Trafalgar o 21 de outubro de 1805, foi un científico, mariño e militar español, brigadier da Real Armada e alcalde de Mutriku.

Distinguiuse na batalla de Trafalgar ó mando do navío de liña San Juan Nepomuceno, a bordo do cal atopou a morte.

Francisco Romero Blanco

Francisco Romero Blanco, nado en Tállara (Lousame) o 21 de outubro de 1838 e finado en Noia o 21 de novembro de 1918, foi un médico galego.

Manchester United F.C.

O Manchester United Football Club é un club de fútbol da Premier League inglesa que xoga os seus partidos en Old Trafford no Gran Manchester. O equipo foi fundado como Newton Heath en 1878, uníndose á Football League en 1892 e xogando na primeira categoría do fútbol inglés dende 1938, coa excepción da temporada 1974-75. É considerado como un dos máis populares do mundo, debido a que conta con máis de 659 millóns de seguidores a nivel internacional, e tendo a media de asistencia máis alta aos seus partidos do fútbol inglés nos últimos 50 anos.O Manchester United é o actual campión inglés, gañando o título da Premier League no ano 2008-09, sendo así un dos clubs ingleses máis exitosos da historia, gañando dende a chegada do actual adestrador, Alex Ferguson, en novembro de 1986 vinte e dous títulos importantes. En 1968, foi o primeiro equipo inglés en gañar a Copa de Europa, batendo ao Benfica por catro goles a un. En 1999 converteuse no único equipo en gañar a UEFA Champions League, a Premier League e a FA Cup nun mesmo ano, volvendo a gañar en 2008-09 por terceira vez o máximo galardón do fútbol europeo de clubs. O Manchester é tamén o equipo con máis títulos da liga inglesa, dezaoito, e con máis FA Cup, once. Dende finais dos anos 1990 converteuse nun dos máis ricos do mundo, tendo máis ingresos que ningún outro club de fútbol, e é actualmente o club máis rico e valioso de todo o mundo do deporte, cun valor estimado de 1 319 millóns de euros (abril de 2009).

Outubro

Outubro é o décimo mes do ano no Calendario gregoriano e ten 31 días. O seu nome vén de ter sido o oitavo mes do calendario romano.

En Galicia recibe tamén o nome de outono.

Wolfgang Ketterle

Wolfgang Ketterle, nado en Heidelberg o 21 de outubro de 1957, é un físico alemán, profesor no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. A súa investigación centrouse en experimentos para atrapar e refrixerar átomos ata temperaturas próximas ó cero absoluto, e liderou un dos primeiros grupos en conseguir a condensación de Bose-Einstein neste tipo de sistemas no ano 1995. Recibiu o premio Nobel de Física no ano 2001 xunto a Eric Allin Cornell e Carl Wieman.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.