21 de novembro

O 21 de novembro é o 325º día do ano no Calendario Gregoriano e o 326º nos anos bisestos. Quedan 40 días para finalizar o ano.

<< Novembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Voltaire2
Voltaire.

Mortes

Portret van Henriette Roland Holst-van der Schalk, door M. de Klerk (1921)
Henriette Roland Holst.

Festas e celebracións

  • Día Mundial da Televisión.
  • Día Mundial da Filosofía.
  • Día Nacional do Ictus.
  • Día Internacional da Espiña Bífida.

Outros

Os 366 días do ano

1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

Abdus Salam

Abdus Salam, nado o 29 de xaneiro de 1926 en Santokdas, Sahiwal en Punxab e finado o 21 de novembro de 1996 en Oxford, Inglaterra, foi físico teórico de Paquistán que recibiu o Premio Nobel de Física en 1979 polo seu traballo no Modelo electrodébil, unha síntese matemática e conceptual do electromagnetismo e a interacción nuclear débil, até agora o último paso que se deu para chegar á unificación de todas as forzas da natureza.

Antero, papa

Antero (falecido en Roma o 3 de xaneiro de 236) foi Papa da igrexa católica entre o 235 e o 236.

Foi elixido papa o 21 de novembro de 235 trala abdicación do seu predecesor, o papa Ponciano. Era fillo dun cristián de orixe grega chamado Rufino.

O seu pontificado, en plena persecución dos cristiáns ordenada polo emperador Maximino, só durou 43 días, ó falecer martirizado o 3 de xaneiro de 236. Foi soterrado na cripta papal das catacumbas de San Calisto.

Ordenou que as reliquias dos mártires fosen recollidas e conservadas na igrexa, nun lugar chamado "Scrinium".

Bieito XV, papa

Bieito XV (en latín: Benedictus PP. XV), nado en Xénova o 21 de novembro de 1854 e finado no Vaticano o 22 de xaneiro de 1922, foi un relixioso italiano, Papa número 258 da Igrexa católica. O seu nome de nacemento era Giacomo Della Chiesa.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Carlos Oroza

Carlos Oroza, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923, e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, foi un poeta galego.

Chandrasekhara Venkata Raman

Chandrasekhara Venkata Raman (चन्द्रशेखर वेङ्कट रामन्), nado en Madrás o 7 de novembro de 1888 e finado en Bangalore o 21 de novembro de 1970, foi un físico indio.

Francisco Romero Blanco

Francisco Romero Blanco, nado en Tállara (Lousame) o 21 de outubro de 1838 e finado en Noia o 21 de novembro de 1918, foi un médico galego.

International Plant Names Index

O International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional) descríbese el mesmo como "unha base de datos dos nomes e detalles bibliográficos básicos asociados de plantas con sementes, fentos e licófitas." A cobertura que fai dos nomes de plantas é mellor no nivel de especie e xénero. Inclúe detalles bibliográficos básicos asociados cos nomes, e os seus obxectivos son eliminar a necesidade de facer repetidas referencias ás fontes primarias para dar información bibliográfica básica sobre nomes de plantas.O IPNI tamén mantén unha lista de abreviacións dos nomes de autores estandarizadas. Estas estaban inicialmente baseadas en Brummitt & Powell (1992), pero estanse a engadir decote novos nomes e abreviacións.

Isaac Bashevis Singer

Isaac Bashevis Singer (en yidish: יצחק באַשעװיס זינגער), nado en Leoncin ou Radzymin, segundo algunhas fontes (Polonia, nesa época parte do Imperio ruso) o 21 de novembro de 1902 e finado en Miami, Florida o 24 de xullo de 1991, foi un escritor xudeu e cidadán polaco. En 1978 concedéuselle o Premio Nobel de Literatura.

Xelasio I, papa

Xelasio I, nado en Alxeria e finado en Roma o 21 de novembro de 496, foi o Papa n.º 49 da Igrexa católica de 492 a 496. Considerado por moitos como o terceiro papa de orixe africana, o seu nacemento no norte de África (na Cabilia) é motivo de controversia entre os historiadores xa que moitos deles o sitúan en Roma. Do que non cabe dúbida era de que os seus pais si eran de orixe norteafricana.

O seu reinado dura apenas catro anos pero a súa contribución aos informes entre igrexa e estado e ao concepto mesmo de papado é decisiva. Celebrado o 21 de novembro.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.