21 de maio

O 21 de maio é o 141º día do ano do calendario gregoriano e o 142º nos anos bisestos. Quedan (224) días para finalizar o ano.

<< Maio >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 1674 - Jan III Sobieski é elixido pola nobreza como rei de Polonia.
  • 1840 - William Hobson declara a soberanía británica sobre Nova Zelandia.
  • 1863 - Guerra de secesión norteamericana: as forzas da Unión inician o asedio de Port Hudson (Luisiana), controlado polos Confederados.
  • 1879 - Guerra do Pacifico: batalla naval de Iquique e Punta Gruesa. Os navíos chilenos Esmeralda e Covadonga, que bloqueaban o porto de Iquique combaten contra os baixeis peruanos Huáscar e Independencia. O Huáscar afundíu o Esmeralda e o Covadonga obriga o Independencia a embarrancar. Na batalla morreu o capitán chileno Arturo Prat.
  • 1881 - Clara Barton funda a Cruz Vermella estadounidense.
  • 1904: fúndase a FIFA (Fédération Internationale de Football Association), organismo mundial reitor do fútbol.
  • 1927 - Charles Lindbergh completa o primeiro voo transatlántico sen escalas

Nacementos

Dürer - Selbstbildnis im Pelzrock - Alte Pinakothek
Albrecht Dürer.
Mary Anning00
Mary Anning

Mortes

King Henry VI from NPG (2)
Henrique VI.

Festas e celebracións

  • Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenvolvemento

Outros

20 de maio - 22 de maio

Os 366 días do ano

20 de maio

O 20 de maio é o 140º día do ano do calendario gregoriano e o 141º nos anos bisestos. Quedan (225) días para finalizar o ano.

Ala (baloncesto)

Ala ou á (inglés: small forward ou forward), tamén 3 na terminoloxía empregada por adestradores, é unha das 5 posicións dun equipo nunha pista de baloncesto.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Congreso dos Deputados de España

O Congreso dos Deputados é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa ao pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.

A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:

exercen a potestade lexislativa do Estado.

aproban os seus orzamentos.

controlan a acción do Goberno.

e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.

FIFA

A Fédération Internationale de Football Association ou Federación Internacional de Fútbol (FIFA) é a institución que dirixe internacionalmente as asociación deportivas de fútbol. Fundouse o 21 de maio de 1904 e ten a súa sede en Zúric, en Suíza. Forma parte do FA Board Internacional, organismo encargado de modificar as regras do xogo. Ademais, a FIFA organiza os campionatos mundiais de fútbol nas súas distintas modalidades.

A FIFA agrupa 209 asociacións ou federacións de fútbol de distintos países, contando con 17 países afiliados máis cá Organización das Nacións Unidas, e catro menos que a Federación Internacional de Baloncesto.

James Franck

James Franck, nado en Hamburgo o 26 de agosto de 1882 e finado en Gotinga o 21 de maio de 1964, foi un físico alemán, gañador do Premio Nobel de Física en 1925.

José Rodríguez Carracido

José Rodríguez Carracido, nado en Santiago de Compostela o 21 de maio de 1856 e finado en Madrid o 3 de xaneiro de 1928, foi un bioquímico galego.

Manuel Simón Campos

Manuel Simón Campos, Xanote, nado en Lavadores en 1914 e finado o 21 de maio de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Turkish Airlines

THY - Turkish Airlines, Inc. (en turco Türk Hava Yolları Anonim Ortaklığı) (THY) é a aeroliña nacional de Turquía con base na cidade de Istambul. Opera unha rede de vós regulares a 140 cidades internacionais e 35 en Turquía, operando nun total de 155 aeroportos, en Europa, Asia, África e América. O principal aeroporto da compañía é o Aeroporto Internacional Atatürk (IST), e ten centros de operacións nos aeroportos de Esenboga (ESB), e no de Sabiha Gökçen (SAW).

Entre 2006 e 2008 a aeroliña transportou 61,7 millóns de pasaxeiros cuns ingresos totais de 9370 millóns de dólares. Conta con 12000 empregados. Desde o 1 de abril de 2008 é membro da Star Alliance.

Dende o día 21 de maio de 2013 a aeroliña voa ao aeroporto de Santiago de Compostela. Trátase dunha conexión que se realiza tres días á semana entre a capital galega e a cidade de Istambul.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.