21 de agosto

O 21 de agosto e o 233º día do ano do Calendario Gregoriano e o 234º nos anos bisestos. Quedan 132 días para finalizar o ano.

<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Emilio Salgari ritratto
Emilio Salgari.

Mortes

Mary Wortley Montagu round
Mary Wortley Montagu.

Outros

  • Santoral:

Os 366 días do ano

Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Notas

  1. El País, ed. (22/08/1985). "Necrológicas: Raimundo Patiño, pintor" (en castelán). Consultado o 7 de marzo de 2017.
1961

Este ano é declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU.

Afonso VII de León

Afonso Raimúndez, o Emperador, nado en Caldas de Reis o 1 de marzo de 1105 e falecido en Fresneda (quizais El Viso del Marqués) o 21 de agosto de 1157, foi rei de Galiza, León e Castela, o primeiro da dinastía de Borgoña. Foi fillo de dona Urraca (filla á súa vez de Afonso VI) e do seu primeiro marido, o conde Raimundo de Borgoña.

Afonso VII integrou na monarquía leonesa aquel sector da nobreza galega rebelde que representaba a Casa de Traba. Pero tamén foi o rei que inauguraba a política de apoio á Igrexa, e polo tanto foi o primeiro que aplicou un certo criterio de centralización política.

Alberto Baltar

Alberto Baltar Tojo, nado en Santiago de Compostela o 1 de abril de 1939 e finado en Vigo o 21 de agosto en 1993, foi un arquitecto galego.

Eduardo García-Rodeja Fernández

Eduardo García-Rodeja Fernández, nado o 11 de febreiro de 1922 en Oviedo e finado o 13 de setembro de 2005 en Santiago de Compostela, foi un matemático español. É considerado un dos principais impulsores do desenvolvemento da Matemática en Galicia no século XX.

Hawai

Hawai (en inglés: Hawaii, [həˈwaɪ.iː] (AFI), escoitar; en hawaiano: Hawai‘i, [hɐˈvɐiʔi] (AFI)), é un dos 50 Estados dos Estados Unidos de América. Hawai localízase nun arquipélago no medio do océano Pacífico. A súa economía está baseada no turismo.

O arquipélago que forma o Estado de Hawai coñécese historicamente polo nome de Illas Sandwich; estaba poboado por polinesios, e gobernada por varios xefes polinesios locais, ata 1810, cando Kamehameha I centralizou o goberno do arquipélago, e instituíu unha monarquía. En 1894, o arquipélago converteuse unha república, e catro anos despois, en 1898, foi anexionada polos Estados Unidos, tornándose un territorio americano en 1900. Desde entón, instaláronse en Hawai un gran número de persoas de descendencia europea, vidos doutras partes dos Estados Unidos, así como inmigrantes asiáticos, dando á poboación local un aspecto altamente multicultural.

A base naval americana de Pearl Harbor foi atacada por aeronaves da forza aérea xaponesa o 7 de decembro de 1941. O ataque fixo que os Estados Unidos entrasen oficialmente na II Guerra Mundial. Máis de 2.400 persoas morreron no ataque. O 21 de agosto de 1959, o Hawai converteuse no 50º Estado norteamericano.

Inocencio XI, papa

O benaventurado Inocencio XI (en latín Innocentius XI, en italiano Innocenzo XI), nado co nome de Benedetto Odescalchi en Como (Lombardía) o 16 de maio de 1611 e finado en Roma o 21 de agosto de 1689, foi un relixioso italiano, papa do 21 de setembro de 1676 áta súa morte.

John L. Hall

John L. Hall, nado o 21 de agosto de 1934, é un profesor de física estadounidense que traballa na Universidade de Colorado en Boulder e é investigador do Instituto de Astrofísica de Laboratorio (JILA) da Universidade de Colorado e do Instituto Nacional de Estándares e Tecnoloxía (NIST) do Departamento de Comercio dos Estados Unidos.

Lovesong

"Lovesong" é unha canción da banda inglesa de rock alternativo The Cure, editada como sinxelo do seu álbum Disintegration o 21 de agosto de 1989. A canción tivo un éxito considerable nos Estados Unidos, onde foi o seu único tema en acadar o top 10; no Reino Unido, porén, só acadaría o top 20.

Aínda que a canción foi versionada por varios artistas, a versión máis famosa foi feita pola banda estadounidense de pop rock no ano 2004, gravada para a banda sonora da película 50 First Dates e tamén editada como sinxelo.

Pío X, papa

Pio X, nado Giuseppe Melchor Sarto (Riese, 2 de xuño de 1835 — Roma, 20 de agosto de 1914).

Relixioso italiano, papa (1903 a 1914) e santo católico.

Foi Patriarca de Venecia e elixido Papa en 1903. Gobernou a Igrexa católica con man firme nunha época en que esta se enfrontaba a un laicismo moi forte así como a numerosas tendencias do modernismo nos campos dos estudos bíblicos e a teoloxía. Introduciu grandes reformas na liturxia e facilitou a participación do pobo na celebración Eucarística. Permitiu a práctica da comuñón frecuente e fomentou o acceso dos nenos á Eucaristía. Promoveu moito o estudo do catecismo.

Morreu en Roma o 20 de agosto de 1914. Na lápida da súa tumba na Basílica de San Pedro no Vaticano, lese: A súa tiara estaba formada por tres coroas: pobreza, humildade e bondade. Foi beatificado en 1951 e canonizado o 3 de setembro de 1954. A Igrexa celebra a súa memoria litúrxica o 21 de agosto.

A súa lema era "Renovar tódalas cousas en Cristo". É patrón dos peregrinos enfermos.

Subrahmanyan Chandrasekhar

Subrahmanyan Chandrasekhar, nado en Lahore (daquela pertencente á India británica actualmente en Paquistán) o 19 de outubro de 1910 e finado en Chicago (Illinois) o 21 de agosto de 1995, foi un físico, astrofísico e matemático indio.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.