20 de decembro

O 20 de decembro é o 354º día do ano do calendario gregoriano e o 355º nos anos bisestos. Quedan 11 días para finalizar o ano.

<< Decembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

John Fletcher (2)
John Fletcher.

Mortes

JohnSteinbeck crop
John Steinbeck.

Outros

Os 366 días do ano

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Afonso III de Oviedo

Afonso III alcumado o Grande, nado no 848 e finado en Zamora o 20 de decembro de 910, foi un nobre medieval, fillo do rei Ordoño I. Reinou entre os anos 866 e 910 sendo o derradeiro rei da Galiza altomedieval (Regi Gallaeciarum) que gobernou desde a cidade de Oviedo (rex in Oveto). A súa autoridade real foi seriamente cuestionada en varias ocasións durante o seu reinado.

Baikonur

Baikonur[Cómpre referencia] (en casaco Байқонгир/Baýqoñır, e en ruso Байконур), anteriormente coñecida como Leninsk, é unha cidade de Casaquistán administrada por Rusia. Localízase ás beiras do río Sirdaria. Construíuse para servir ao Cosmódromo de Baikonur, recibiu oficialmente o seu actual nome o 20 de decembro de 1995.

A verdadeira vila de Baikonur é unha vila mineira a 300 quilómetros ao nordeste, ao sitio de lanzamento déuselle ese nome para causar confusión e manter a súa localización en segredo.

Ceferino, papa

Ceferino, chamado logo san Ceferino, nado en Roma e morto na mesma cidade o 20 de decembro de 217, foi bispo cristián de Roma entre o 199 e a data da súa morte.

Daughter

"Daughter" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam, editado o 20 de decembro de 1993 e sacado do seu álbum Vs.. A pesar de estar acreditado a todos os membros de Pearl Jam a letra foi escrita polo vocalista Eddie Vedder e a música principalmente polo guitarrista Stone Gossard. O tema acadou a cima das listas Billboard Mainstream Rock Tracks e Billboard Modern Rock, e foi incluído no recompilatorio de grandes éxitos do ano 2004 rearviewmirror (Greatest Hits 1991-2003).

Jaroslav Heyrovský

Jaroslav Heyrovský, nado en Praga o 20 de decembro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de marzo de 1967, foi un químico e inventor checo, que recibiu o Premio Nobel de Química de 1959 polos seus traballos en química electroanalítica.

Macau

Macau (chinés tradicional: 澳門, chinés simplificado: 澳门, pinyin: Àomén, portugués: Macau), é unha zona administrativa especial da República Popular da China. Estivo baixo a soberanía de Portugal ata o 20 de decembro de 1999. Está constituída por unha península e dúas illas (Taipa e Coloane), cunha superficie total de 27 km². Ten preto de 550.000 habitantes. Aínda que a soberanía lle pertenza á República Popular China, Portugal segue administrando o territorio, seguindo a política de "Un país dous sistemas", ideada por Deng Xiaoping. Esta forma de goberno vai estar en vigor ata, como mínimo o ano 2049, 50 anos despois da transferencia de soberanía, data na que se producirá a transferencia de administración, pola que Macau pasará a ser administrada pola China. Non obstante, a lei básica de Macau garante que a transferencia da administración poderá demorarse a partir de 2049 tanto tempo coma os habitantes de Macau queiran seguir baixo a RAEM, e dicir, administrados por Portugal.

Ramón de Artaza Malvárez

Ramón de Artaza Malvárez, nado en Muros o 6 de marzo de 1877 e finado na Coruña o 20 de decembro de 1976, foi un avogado e escritor galego.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.