20 de agosto

O 20 de agosto e o 232º día do ano do calendario gregoriano e o 233º nos anos bisestos. Quedan 133 días para finalizar o ano.

<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Salvatore Quasimodo 1959
Salvatore Quasimodo.

Mortes

Avelino Pousa Antelo
Avelino Pousa Antelo.

Outros

  • 1996 - A Radio Galega, radio pública en galego, comeza as súas emisións dixitais en directo a través de internet.

Os 366 días do ano

Ver tamén - meses: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro, decembro

Forgiveness

Forgiveness é o single nº 30 da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 20 de agosto do 2003 baixo o selo avex trax.

Hideki Shirakawa

Hideki Shirakawa (白川英樹), nado o 20 de agosto de 1936 en Tokio, Xapón, é un químico e profesor universitario xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2000.

Paulino Pedret

Paulino Pedret Casado, nado en Santiago de Compostela o 20 de agosto de 1899 e finado o 26 de maio de 1969, foi un sacerdote e escritor galego.

Percy Williams Bridgman

Percy Williams Bridgman, nado en Cambridge, Massachusets, o 21 de abril de 1881 e falecido en Randolph, Nova Hampshire, o 20 de agosto de 1961, foi un físico e profesor universitario norteamericano, galardoado en 1946 co Premio Nobel de Física.

Pío VII, papa

Pío VII, nado en Cesena o 14 de agosto de 1742 e finado en Roma o 20 de agosto de 1823, foi papa da Igrexa católica entre 1800 e 1823.

Pío X, papa

Pio X, nado Giuseppe Melchor Sarto (Riese, 2 de xuño de 1835 — Roma, 20 de agosto de 1914).

Relixioso italiano, papa (1903 a 1914) e santo católico.

Foi Patriarca de Venecia e elixido Papa en 1903. Gobernou a Igrexa católica con man firme nunha época en que esta se enfrontaba a un laicismo moi forte así como a numerosas tendencias do modernismo nos campos dos estudos bíblicos e a teoloxía. Introduciu grandes reformas na liturxia e facilitou a participación do pobo na celebración Eucarística. Permitiu a práctica da comuñón frecuente e fomentou o acceso dos nenos á Eucaristía. Promoveu moito o estudo do catecismo.

Morreu en Roma o 20 de agosto de 1914. Na lápida da súa tumba na Basílica de San Pedro no Vaticano, lese: A súa tiara estaba formada por tres coroas: pobreza, humildade e bondade. Foi beatificado en 1951 e canonizado o 3 de setembro de 1954. A Igrexa celebra a súa memoria litúrxica o 21 de agosto.

A súa lema era "Renovar tódalas cousas en Cristo". É patrón dos peregrinos enfermos.

Xoán XIV, papa

Pietro Campanora, baixo o nome de Xoán XIV, nado en Pavía e finado o 20 de agosto 984 en Roma, foi o papa n.º 136 da Igrexa católica do mes de decembro 983 ao 20 de agosto de 984.

En 983, á morte de Bieito VII, o emperador Otón II impón como novo papa ao seu vicechanceler imperial en Italia e bispo de Pavía, Pietro Campanora, quen tomou o nome de Xoán ao considerar que non era digno para levar no seu pontificado o mesmo nome que o do apóstolo, e primeiro papa, San Pedro. Tense que observar que todos os outros papas do nome Pedro tiveron o mesmo razoamento.

Aos poucos días da elección papal, o emperador faleceu e foi sucedido no trono polo seu fillo Otón III de tan só tres anos de idade; circunstancia que aproveito o antipapa Bonifacio VII para regresar do seu exilio de Constantinopla en abril 984 e ocupar por segunda vez, e de forma igualmente ilexítima, o trono de San Pedro.

Bieito VII encarcerou o papa Xoán XIV, en abril 984, no Castelo de Santo Angelo (en lingua italiana, "Castel Sant' Angelo") onde faleceu de fame ou, segundo outras versións, envelenado, o 20 de agosto de 984.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.