2017

2017 é un ano común do calendario gregoriano, que comezou en domingo.

A ONU declarou ao 2017 como o Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento [1], coa intención de promover esa actividade económica creando conciencia da importancia de impulsala e desempeñala responsablemente.

O Día das Letras Galegas está adicado a Carlos Casares.

2017
Calendario gregoriano2017
MMXVII
Ab urbe condita2770
Calendario armenio1466
Calendario chinés4713 – 4714
Calendario hebreo5777 – 5778
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2072 – 2073
 ·  Shaka Samvat1939 – 1940
 ·  Kali Yuga5118 – 5119
Calendario persa1395 – 1396
Calendario musulmán1439 – 1440
Calendario rúnico2267
Década de 2010
2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021

Acontecementos

Donald Trump swearing in ceremony
Toma de posesión de Trump.

Xaneiro

Maio

Xuño

  • 14-24 de xuño: Un incendio forestal no Distrito de Leiria, Portugal causa máis de sesenta mortos, máis dun cento de feridos e cuantiosos danos materiais.

Agosto

Setembro

Outubro

Mortes

Artigo principal: Finados en 2017.

Notas

  1. La Voz de Galicia, 11.01.2017, caderno La Voz de la Escuela, px. 7.
A Regueira, Oza-Cesuras

Santa María da Regueira é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Oza-Cesuras. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 215 habitantes (114 mulleres e 101 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 253 habitantes.

Bandoxa, Oza-Cesuras

San Martiño de Bandoxa é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 153 habitantes (80 homes e 73 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 206 habitantes.

Carres, Oza-Cesuras

San Vicenzo de Carres é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 89 habitantes (44 mulleres e 45 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 119 habitantes.

Cutián, Oza-Cesuras

Santa María de Cutián é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 90 habitantes (49 mulleres e 41 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 95 habitantes.

Departamentos de Francia

A República francesa atópase dividida administrativamente en cen departamentos (en francés: départements), 96 departamentos metropolitanos e catro departamentos ultramarinos (francés: départements d'outre-mer), os DOM. Cada departamento constitúe tanto unha división administrativa como un estado e unha colectividade territorial (en francés: collectivité territoriale).

Os departamentos están numerados por orde alfabética do nome, agás o departamento do Territorio de Belfort, os departamentos da rexión parisiense, os departamentos de ultramar e os departamentos que mudaron o nome dende a súa creación. Os números dos departamentos forman parte da vida cotiá, pois atópanse nas placas dos automóbiles, nos códigos postais e nos números da seguridade social.

Os departamentos metropolitanos numerábanse orixinalmente por orde alfabética, ata que se produciu o cambio das denominacións e a desmembración do departamento da Illa de Francia en 1964.

Trala división do departamento da Córsega (cuxo número era 20) en dous novos departamentos, en 1976, a Córsega do Sur (Corse-du-Sud) e a Alta Córsega (Haute-Corse) recibiron novos códigos, respectivamente o 2A e o 2B. Estes novos códigos aparecen nas placas dos automóbiles e nos números da seguridade social (soamente para as persoas nadas despois da subdivisión), en canto ao vello código, continúa a ser empregado no código postal e nos números da seguridade social das persoas nadas antes de 1976.

A derradeira grande mudanza no carácter dos departamentos tivo lugar o 2 de marzo de 1985, cando foi aprobada unha lei que transferiu a xestión ao executivo local os dominios descentralizados, ata entón exercidos polo prefecto (préfet) como presidente do departamento, ao presidente do Consello Xeral (Conseil Général). O prefecto conserva no departamento a xestión dos dominios reservados ao Estado francés como representante do goberno francés.

Depredación

Depredación é, en ecoloxía e bioloxía, unha relación interespecífica na que un individuo (depredador) dunha especie mata a outro doutra especie (presa) para alimentase del.

Un mesmo individuo pode ser depredador duns organismos, e presa doutros. En caso de non ser presa de ningún organismo, falaríamos dun superdepredador.

Na relación de depredación, unha especie sae beneficiada, a especie depredadora, e outra sae prexudicada, a especie presa, pasando a enerxía deste último ao primeiro (da presa ao depredador).

Son exemplos o león e maila cebra. O primeiro sería o depredador do segundo, que sería a presa.

Dordaño, Oza-Cesuras

Santa María de Dordaño é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 231 habitantes (118 mulleres e 113 homes), distribuídos en 25 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 341 habitantes.

En Castelo hai unha área recreativa dotada de piscina e zona de xogos e deportiva.

Esquerda política

Esquerda, en política, é un termo referido (sen precisión particular) ó segmento do espectro político tipicamente asociado a calquera clase de socialismo ou socialdemocracia, en oposición á dereita política e ó liberalismo.

Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Honda na Fórmula 1

O fabricante xaponés de automóbiles Honda participou na Fórmula Un, como equipo, construtor e fornecedor de motores entre 1964 e 2008. A participación de Honda na F1 comezou na tempada de 1964, a súa retirada en 1968 foi causada pola morte do piloto de Honda Jo Schlesser durante o Gran Premio de Francia de 1968. Retornaron na tempada de Fórmula Un de 1983 como fornecedor de motores, un papel que terminou en 1992. Volveron de novo na tempada de Fórmula Un de 2000, proporcionando motores para British American Racing (BAR). A finais de 2005 compraron o equipo BAR, con sede en Brackley, Reino Unido, e cambiaron o seu nome ao de Honda Racing.

O 5 de decembro de 2008 anunciouse que Honda sairía da Fórmula Un con efecto inmediato debido á crise financeira mundial. E buscaba vender o seu equipo o 27 de febreiro de 2009 anunciouse que o director do equipo Ross Brawn liderara a compra do equipo de Brackley. O equipo competiu con éxito como Brawn GP en 2009, e foi posteriormente vendido a Daimler-Benz AG que cambiou o nome a Mercedes GP para a tempada 2010.

O 17 de maio 2013 Honda anunciou a súa intención de volver ao deporte na tempada 2015 en virtude dun acordo de empresa con McLaren para fornecer unidades de motor V6 e KERS.

Mandaio, Oza-Cesuras

San Xiao de Mandaio é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 211 habitantes (111 homes e 100 mulleres), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 221 habitantes.

Monarca

Un monarca é aquela persoa que ostenta unha autoridade única e suprema sobre un pobo, e que normalmente asume de xeito hereditario. A autoridade que posúe pode variar desde a estritamente nominal ata a absoluta. Tipicamente esta autoridade exércea sobre un país e de forma vitalicia.

O sistema de autoridade encabezado polo monarca chámase monarquía.

Paderne, Oza-Cesuras

Santiago de Paderne é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 83 habitantes (45 homes e 38 mulleres), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 158 habitantes.

Parasito

Un parasito é aquel ser vivo que pasa unha parte ou a totalidade da súa vida no interior ou exterior doutro ser vivo de diferente especie, chamado hospedador ou hospedante (ás veces, de forma confusa, hóspede) a expensas do cal se nutre, producíndolle ou non dano e lesións.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Porzomillos, Oza-Cesuras

San Pedro de Porzomillos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Oza-Cesuras. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 424 habitantes (208 mulleres e 216 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.

Salto, Oza-Cesuras

San Tomé de Salto é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 336 habitantes (169 homes e 167 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 322 habitantes.

Sofán, Carballo

San Salvador de Sofán é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o INE en 2013 tiña 1.632 habitantes (776 homes e 779 mulleres), distribuídos en 61 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.860 habitantes.

Trasanquelos, Oza-Cesuras

San Salvador de Trasanquelos é unha parroquia que se localiza no concello de Oza-Cesuras. Segundo o IGE en 2017 tiña 191 habitantes (96 mulleres e 95 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 272 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.