2016

2016 foi un ano común do calendario gregoriano, que comezou en venres. Foi declarado Ano Valle-Inclán en conmemoración do 150 aniversario do seu nacemento. O Día das Letras Galegas estivo adicado a Manuel María.

2016
Calendario gregoriano2016
MMXVI
Ab urbe condita2769
Calendario armenio1465
Calendario chinés4712 – 4713
Calendario hebreo5776 – 5777
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2071 – 2072
 ·  Shaka Samvat1938 – 1939
 ·  Kali Yuga5117 – 5118
Calendario persa1394 – 1395
Calendario musulmán1438 – 1439
Calendario rúnico2266
Década de 2010
2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020

Acontecementos

Xaneiro

Febreiro

  • 11 de febreiro: na cidade mexicana de Monterrei, prodúcese un enfrontamento entre dous grupos de reos no penal do Topo Chico, que deixou 52 mortos.
  • 12 de febreiro: O papa Francisco e o patriarca ortodoxo Cirilo I reúnense no Aeroporto Internacional José Martí, da capital de Cuba, despois de 962 anos do Cisma de Oriente.[11][12] Máis tarde o papa realizou unha visita oficial a México durante 5 días.[13]
  • 15 de febreiro: realízanse ataques aéreos sobre dous hospitais da cidade de Azaz, en Siria, houbo polo menos 22 mortos, 8 desaparecidos e decenas de feridos. Mentres que unha misión médica apoiada por Médicos sen Fronteiras, na cidade de Idlib, sufriu un bombardeo que provocou a morte de 7 traballadores e a desaparición de 8.[14]
    • Jocelerme Privert asume de forma interina a presidencia de Haití para convocar novamente á segunda volta das eleccións presidenciais, que se celebraron no mes de novembro.[15][16]
  • 16 de febreiro: Venezuela aproba o proxecto de lei de amnistía e reconciliación, que contempla unha amnistía para moitos políticos encarcerados dende 1999, cando o ex-presidente Hugo Chávez tomou posesión da presidencia. A oposición parlamentaria argumentou que os xuízos non se realizaron de forma imparcial. O actual xefe de Estado, Nicolás Maduro, dixo non estar disposto a promulgar a lei.[17][18][19]
Merasim Sokak 2016 bombing
Lugar do ataque terrorista en Ankara.

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

  • 10 de outubro:Tránsito do posible exoplaneta análogo á Terra KOI-4878.01.

Novembro

Decembro

Mortes

Artigo principal: Finados en 2016.

Xaneiro

David-Bowie Chicago 2002-08-08 photoby Adam-Bielawski-cropped
David Bowie finou con 69 anos.
  • Franco Citti, 80 anos, actor de cinema italiano.

Febreiro

Umberto Eco 01
Umberto Eco finou con 84 anos.
  • Kupido, 62 anos, cantante surafricano.

Marzo

Abril

  • Papa Wemba, 66 anos, cantante e compositor congolés de soukous, infarto durante un concerto.

Maio

  • Jean-Claude Decaux, 78 anos, publicista e empresario francés, dono da multinacional JC Decaux.
  • Antonio Imbert Barrera, 95 anos, militar e político da República Dominicana, presidente do país na década de 1960.

Xuño

  • Alvin Toffler, 87 anos, escritor estadounidense de ciencia-ficción futurista.
  • Ángel Nadal, 86 anos, debuxante de banda deseñada español, pai entre outros de Casildo Calasparra.

Xullo

Agustín Fernández Paz (AELG)-1
Agustín Fernández Paz
  • Hector Babenco, 70 anos, cineasta brasileiro, complicacións dunha sinusite.
  • Péter Esterházy, 63 anos, novelista húngaro, cancro de páncreas.

Agosto

Setembro

  • Herschell Gordon Lewis, director de cinema estadounidense, un dos impulsores do cinema gore.

Outubro

Novembro

  • Manuel Ferreiro Losada, 69 anos, xeneral da garda civil.

Decembro

Richard Adams 20081116
Richard Adams
  • Cho Ramaswamy, 82 anos, actor, director, xornalista, dramaturgo e avogado támil.
  • Alan Thicke, 69 anos, actor estadounidense, protagonista de Growing Pains, infarto mentres xogaba ao hockey sobre xeo.

Premios Nobel

Notas

  1. "Arabia Saudí ejecuta al clérigo reformista chií Nimr Baqir al Nimra, entre otras 46 personas acusadas de terrorismo". El Mundo. 2 de xaneiro de 2016. Consultado o 2 de xaneiro de 2016.
  2. "Arabia Saudita rompe relaciones diplomáticas con Irán". bbc. 3 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de xaneiro de 2016.
  3. "Al menos 10 muertos y 160 heridos por un terremoto en India y Bangladesh". La Patilla. 4 de xaneiro de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2016.
  4. Javier Espinosa (6 de xaneiro de 2016). "Corea del Norte realiza una nueva prueba nuclear con una bomba de hidrógeno, desafiando a la comunidad internacional". El Mundo. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
  5. "La tercera captura de «El Chapo»". Milenio. 8 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
  6. Axencia EFE. 20 Minutos, ed. "Estados Unidos y la Unión Europea anuncian que levantan las sanciones a Irán por cumplir el acuerdo nuclear".
  7. Botelho, Greg (29 de xaneiro de 2016). "Zika virus 'spreading explosively,' WHO leader says - CNN.com". CNN.com (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2016.
  8. La Hora (ed.). "Parlamento venezolano declara 'crisis humanitaria' por falta de alimentos". Consultado o 12 de novembro de 2015.
  9. "Phys. Rev. Lett. 116, 061102 (2016) - Observation of Gravitational Waves from a Binary Black Hole Merger" (en inglés). 11 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016.
  10. THERE, Out (11 de febreiro de 2016). "Gravitational Waves Detected, Confirming Einstein’s Theory - The New York Times". The New York Times (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2016.
  11. "El Papa y el patriarca ruso inician en Cuba la reconciliación de católicos y ortodoxos". El País. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
  12. "El papa y Kiril firman declaración común ante desafíos como persecución cristianos". 14ynedio. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
  13. "Papa Francisco llegó a México". El Universal. Consultado o 13 de febreiro de 2016.
  14. "Al menos 22 muertos por bombardeos en 2 hospitales en Siria". Consultado o 15 de febreiro de 2016.
  15. "Jocelerme Privert, nombrado presidente interino de Haití". Consultado o 15 de febreiro de 2016.
  16. "Haití: presidente interino llama al diálogo para superar severa crisis". Consultado o 15 de febreiro de 2016.
  17. "Congreso aprueba en primera instancia ley de amnistía". Terra Perú. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
  18. "Cabello: “Todos los organismos del mundo condenan las leyes de amnistía”". El Nacional. Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
  19. "La Amnistía pone fin a persecuciones y protege a trabajadores públicos". El Universal. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
  20. "Un atentado en Ankara dejó 28 muertos y 61 heridos". Télam. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
  21. "Un grupo terrorista kurdo reivindica el atentado de Ankara y contradice la teoría de Erdogan". ABC. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
  22. "Más de 20 muertos en las islas Fiji tras el paso del ciclón Winston". La Nación. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
  23. "Atentados terroristas en Siria dejan cerca de 200 muertos". CNN en Español. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
  24. "Gianni Infantino es el nuevo presidente de la FIFA". CNN Expansión. 26 feb. 2016. Consultado o 27 de febreiro de 2016.
  25. "EE.UU. y Rusia acuerdan un alto el fuego en Siria a partir del sábado". RPP Noticias. Consultado o 22 de febreiro de 2016.
  26. "Mediador anuncia acuerdo entre Argentina y fondos de capitales de riesgo o “fondos buitre”". El Dínamo. Consultado o 29 de febreiro de 2016.
  27. "Se cerró el acuerdo con los fondos buitre y la Argentina vuelve a los mercados internacionales". Río Negro. Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2016. Consultado o 29 de febreiro de 2016.
  28. "ESA - Robotic Exploration of Mars: ExoMars Trace Gas Orbiter (TGO)" (en inglés). 24 de novembro de 2015. Consultado o 18 de decembro de 2015.
  29. "Vilmos Zsigmond: the cinematographer who transformed how films look". The Guardian (en inglés). 6 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
  30. "Porriño despidió a su alcalde más famoso". Atlántico Diario (en castelán). 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
  31. "Michel Delpech, sa dernière interview dans Paris Match". Paris Match (en francés). 2 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
  32. "Paul Bley, el pianista más libre del jazz". El Mundo (en castelán). 5 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2016.
  33. "Vivió 107 años y solo bebía vino tinto". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
  34. "Nivaria Tejera, poeta y escritora cubana". El País (en castelán). 11 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
  35. "F1, addio a Maria Teresa De Filippis: morta la prima donna in pista". Il Corriere dello Sport (en italiano). 9 de xaneiro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
  36. "Phantasm star Angus Scrimm dies at 89". Entertainment Weekly (en inglés). 10 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
  37. "David Bowie, the Legendary Musician, Has Died at 69". The New York Times (en inglés). 11 de xaneiro de 2016. Consultado o 11 de xaneiro de 2016.
  38. "Alan Rickman dies: British giant of stage and screen dies of cancer aged 69". The Telegraph (en inglés). 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
  39. "Eagles guitarist Glenn Frey, 67, dies". BBC News (en inglés). 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 19 de xaneiro de 2016.
  40. "È morto Ettore Scola, addio al maestro del cinema italiano". La Repubblica (en italiano). 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2016.
  41. "Fallece José Canosa a punto de cumplir 106 años". Faro de Vigo (en castelán). 8 de xaneiro de 2016. Consultado o 26 de xaneiro de 2016.
  42. "Le chef franco-suisse Benoît Violier est mort". Le Monde (en francés). 31 de xaneiro de 2016. Consultado o 1 de febreiro de 2016.
  43. 43,0 43,1 "David Mirra, Iconic BMX Bike Star, Dies in an Apparent Suicide". The New York Times (en inglés). 5 de febreiro de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2016.
  44. "Astronaut Edgar Mitchell, 6th Man on Moon, Dies in Florida". ABC News (en inglés). 5 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
  45. "El cardiólogo Alfonso Castro Beiras fallece en A Coruña". La Opinión A Coruña (en castelán). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de febreiro de 2016.
  46. "Muere la cantante gallega Paula Sueiro en un accidente de tráfico". Faro de Vigo (en castelán). 8 de febreiro de 2016. Consultado o 9 de febreiro de 2016.
  47. "Sushil Koirala, Ex-Premier of Nepal Who Fought for Democracy, Dies at 77". New York Times (en inglés). 11 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de febreiro de 2016.
  48. "Aparece muerto el arquitecto Juan Rivas en un río de Moaña". Faro de Vigo (en castelán). 11 de febreiro de 2016. Consultado o 11 de febreiro de 2016.
  49. "Bulgaria hard man Ivanov, 50, dies after heart attack". Reuters (en inglés). 13 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
  50. "Mor Muriel Casals, símbol de la lluita per la independència de Catalunya". Ara (en catalán). 14 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
  51. "Boutros Boutros-Ghali, First U.N. Chief From Africa, Dies". ABC News (en inglés). 16 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
  52. "Mort d’Andrzej Zulawski, cinéaste de la passion". Le Monde (en francés). 17 de febreiro de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2016.
  53. "To Kill a Mockingbird author Harper Lee is dead at 89". The Verge (en inglés). 19 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016.
  54. "Cultura in lutto, è morto Umberto Eco". La Stampa (en italiano). 20 de febreiro de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016.
  55. "Fallece Nando Yosu, histórico entrenador del Racing". Marca (en castelán). 20 de febreiro de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016.
  56. "Pat Conroy, Author of ‘The Prince of Tides,’ ‘The Great Santini,’ Dies at 70". Variety (en inglés). 5 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.
  57. "Antonio Asunción, exministro valenciano del Interior, muere a los 64 años". Las provincias (en castelán). 5 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.
  58. "Ray Tomlinson, email inventor and selector of @ symbol, dies aged 74". The Guardian (en inglés). 7 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016.
  59. "Mort de l’Autrichien Nikolaus Harnoncourt, un chef d’orchestre révolutionnaire". Le Monde]] (en francés). 5 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.
  60. "Former U.S. first lady Nancy Reagan dies at 94". Reuters (en inglés). 6 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016.
  61. "Fallece el periodista deportivo Gaspar Rosety a los 57 años de edad". Huffington Post (en castelán). 6 de marzo de 2016. Consultado o 7 de marzo de 2016.
  62. "George Martin, Producer and Arranger for The Beatles, Dies at 90". The Hollywood Reporter (en inglés). 8 de marzo de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2016.
  63. "Morre, aos 71 anos, o percussionista pernambucano Naná Vasconcelos". Folha de São Paulo (en portugués). 9 de marzo de 2016. Consultado o 10 de marzo de 2016.
  64. "Clyde Lovellette, 86, One of the Early Big Men Of Basketball, Is Dead". The New York Times (en inglés). 10 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016.
  65. "Murió Roberto Perfumo, el mariscal del fútbol argentino". La Nación (en castelán). 10 de marzo de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2016.
  66. "Lloyd Shapley, a Nobel laureate in economics, has died". The Economist (en inglés). 13 de marzo de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2016.
  67. "Hilary Putnam obituary". The Guardian (en inglés). 14 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016.
  68. "Politiker, Lehrer, Weggefährten: So trauert Bad Honnef um Westerwelle". Focus (en alemán). 18 de marzo de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2016.
  69. "Früherer Außenminister: Hans-Dietrich Genscher ist tot". Spiegel (en alemán). 1 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.
  70. "Sherlock Holmes actor Douglas Wilmer dies aged 96". BBC (en inglés). 1 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.
  71. "Adiós al gran maestro argentino del saxofón". Clarín (en castelán). 3 de abril de 2016. Consultado o 4 de abril de 2016.
  72. "Ídolo de Wanderers y San Felipe: Falleció Guillermo "Hallulla" Muñoza". ADN Radio (en castelán). 11 de abril de 2016. Consultado o 26 de abril de 2016.
  73. "Hondo pesar por el fallecimiento del padre José Isorna". El Correo Gallego (en castelán). 26 de abril de 2016. Consultado o 26 de abril de 2016.
  74. "Galicia e A Mariña perden a Cal Pardo, gran historiador da Igrexa". La Voz de Galicia. 29/4/2016. Consultado o 30/4/2016.
  75. Manuel Pedro Seoane (26 de maio de 2016). "Se nos fue el Comandante". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 27 de maio de 2016.
  76. "La estrella que no brilló por las lesiones: Fraguas". La Región (en castelán). 4 de xullo de 2016. Consultado o 6 de xullo de 2016.
  77. "Información da Provincia de España da Compañía de Xesús". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 01 de setembro de 2016.
  78. Howard, Adam (16 de setembro de 2016). "Pulitzer Prize-Winning Playwright Edward Albee Dead at 88". NBC News. Consultado o 17 de setembro de 2016.
  79. Antón Lopo (6 de outubro de 2016). "Cortegoso, unha voz que reparte tesouros". Sermos Galiza. Consultado o 8 de outubro de 2016.
  80. http://www.elcorreogallego.es/portada/ecg/morre-fran-perez-narf-un-dos-grandes-da-musica-galega/idEdicion-2016-11-16/idNoticia-1027332/.
  81. "Ex-Wham singer George Michael dies". BBC News. 26 de decembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
  82. "Pioneering astronomer Vera Rubin dies at 88". Atlanta Journal-Constitution. The Associated Press. 26 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2016. Consultado o 26 de decembro de 2016.
  83. http://www.larazon.es/lifestyle/gente/muere-william-salice-el-creador-del-huevo-kinder-JG14218771
  84. http://cincodias.com/cincodias/2016/12/30/empresas/1483119314_784687.html
  85. http://www.20minutos.es/noticia/2923817/0/muere-william-salice-inventor-huevo-kinder/
2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

AllMusic

AllMusic (anteriormente coñecido como All Music Guide ou AMG) é un sitio web propiedade da empresa All Media Network, que está concibido como un servizo de guía musical para usuarios, fans e membros da industria musical. O seu creador foi Michael Erlewine e comezou a funcionar en 1991. Actualmente só está dispoñíbel en lingua inglesa.

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

Bloque Nacionalista Galego

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) é unha organización política nacionalista galega. Considérase como unha organización de esquerda (influenciada pola socialdemocracia e o marxismo) e nacionalista, e dende o punto de vista organizativo, defínese como unha fronte de partidos. O BNG tiña, en 2009, 9.000 militantes, 468 concelleiros e 30 alcaldes en diversos concellos de Galiza e 7 deputados no Parlamento de Galicia. Tamén chegou a ter un eurodeputado no Parlamento Europeo (Camilo Nogueira), e actualmente conta cun posto na Eurocámara rotatorio entre os seus socios (a representante do BNG é Ana Miranda).

A Voceira Nacional é Ana Pontón, quen desde febreiro de 2016 substitúe a Xavier Vence.

O BNG conta cunha organización xuvenil dende 1988, Galiza Nova, cuxa militancia ten un carácter moito máis independentista que o propio partido.

Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.

Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Deportivo da Coruña

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña. Na tempada 2018-2019 xoga na segunda división, logo de descender na tempada 2017-18. Con todo, xogou 25 das últimas 28 tempadas en primeira división, 20 delas consecutivas (1991-2011) e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais.

En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.Logo de 46 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española, sendo o segundo equipo galego neste ránking. A finais de 2003 o club tiña 287 agrupacións de afeccionados, pero na tempada 2011–12 en segunda división esa cifra de agrupacións baixou a 156.Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.

Discogs

Discogs, abreviatura de discografías, é unha páxina web e unha base de datos colaborativa que recolle información sobre gravacións de son, entre as que se inclúe gravacións comerciais, promocionais e gravacións non comerciais. Os servidores de Discogs, actualmente aloxados baixo o dominio discogs.com, son propiedade de Zink Media, Inc., e atópanse en Portland, Oregón, nos Estados Unidos.

Aínda que a páxina contén listas musicais de tódolos xéneros e en tódolos formatos, é especialmente coñecida por ser a meirande base de datos de música electrónica e polas súas gravacións en discos de vinilo.

Discogs contén arredor de 6 millóns de cancións, 3,9 millóns de artistas e uns 743 000 selos discográficos. Existen unhas 275 688 contas de usuario de colaboradores. Estas cifras están constante crecemento debido as contribucións dos usuarios.

Europa

Europa ( pronunciación ) é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o océano Glacial Ártico polo norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Grande Enciclopedia Rusa

A Grande Enciclopedia Rusa (GER) (en ruso: Большая российская энциклопедия, Bolshaya rossiyskaya entsiklopediya) é unha enciclopedia rusa universal, publicada en 35 volumes dende o ano 2004. Foi lanzada baixo o impulso da Real Academia Rusa das Ciencias, despois de que o Presidente Vladimir Putin asinase o decreto №1156 no ano 2002. Segundo o editor da enciclopedia, Sergei Leonidovich Kravets, a edición completa estará dispoñible no ano 2016.O editor xefe da enciclopedia é Yury Osipov, o presidente da Academia. O equipo de traballo conta con outros 80 membros da Academia, incluíndo os Premios Nobel Zhores Alferov e Vitali Ginzburg.O primeiro volume introdutorio, estreado no 2004, estivo dedicado a Rusia.

Internet Movie Database

A Internet Movie Database (IMDb) (en galego: Base de Datos de Películas en Internet) é unha base de datos en liña con información sobre directores, produtores, actores, películas, programas de televisión, videoxogos e case todo o relacionado coa industria fílmica privada e independente. Propiedade de Amazon desde 1998, IMDb celebrou o seu décimo quinto aniversario o 17 de outubro de 2005.

Israel

O Estado de Israel (hebreo: מדינת ישראל, transliteración: Medinat Yisra'el; Árabe: دولة اسرائيل, transliteración: Daulat Isra'il) é un país no Oriente Medio (oeste de Asia, no chamado 'crecente fértil'), situado na costa oriental do mar Mediterráneo. É unha democracia parlamentaria e legalmente un estado xudeu. Fai fronteira co Líbano ao norte, con Siria ao nordeste, con Xordania e Cisxordania ao leste, con Exipto e a faixa de Gaza ao suroeste, e co golfo de Aqaba (no mar Vermello) ao sur. O Mediterráneo bordéao polo seu oeste, e entre Xordania e Exipto sae uns poucos quilómetros ó golfo de Aqaba, extensión do mar Vermello (tamén chamado golfo de Eilat). Igualmente, ten costa co mar Morto (mar interior). Xeograficamente, contén diversas características dentro do seu relativamente pequeno territorio Israel defínese como un "Estado xudeu e democrático" nas súas Leis Básicas e é o único Estado de maioría xudía do mundo.Despois dunha resolución da Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 29 de novembro de 1947, recomendando a adhesión e introdución do Plan de Partición de Palestina para substituír o Mandato Británico, o 14 maio de 1948, David Ben-Gurion, o xefe-executivo da Organización Sionista Mundial e presidente da Axencia Xudaica para Palestina, declarou o estabelecemento dun Estado Xudeu en Eretz Israel, a ser coñecido como o Estado de Israel, unha entidade independente do control británico. As nacións árabes veciñas invadiron o recentemente creado país ao día seguinte, en apoio aos árabes palestinos. Israel, dende aquela, levou a cabo varias guerras cos Estados árabes circundantes, no transcurso das cales ocupou os territorios de Cisxordania, península do Sinaí, faixa de Gaza e altos do Golán. Partes desas áreas ocupadas, incluíndo Xerusalén Oriental, foron anexionadas por Israel, mais a fronteira coa veciña Cisxordania aínda non foi definida de forma permanente. Israel asinou tratados de paz con Exipto e Xordania, porén os esforzos para solucionar o conflito israelí-palestino ata agora non deron como resultado a paz.

O centro financeiro de Israel é Tel Aviv, mentres que Xerusalén é a cidade máis populosa do país e súa capital (aínda que non sexa recoñecida como tal pola comunidade internacional). A poboación israelí, conforme o definido pola Oficina Central de Estatísticas de Israel, foi estimada en 2017 en 8.758.600 habitantes, dos cales un 74.8% eran xudeus. Os árabes constitúen a segunda maior etnia do país, cun 20.8% de habitantes, incluíndo aos árabes de Xerusalén Leste. A gran maioría dos árabes israelís son musulmáns sunnitas, incluíndo un número significativo de beduínos do Negev semi-sedentarios, o resto son cristiáns e drusos. Outras minorías inclúen varias denominacións étnicas e etno-relixiosas, como os circasianos, samaritanos e maronitas, entre outros.

Israel é unha democracia representativa cun sistema parlamentario, representación proporcional e sufraxio universal. O primeiro ministro serve como xefe de goberno e o Knesset como o corpo lexislativo unicameral do país. Israel ten unha das máis altas expectativas de vida do mundo e é considerado un país desenvolvido, sendo membro da OCDE e da ONU. O seu produto interno bruto (PIB) nominal foi o 37º maior do mundo en 2014, mentres que o país ten o nivel de vida máis alto de Oriente Medio. No entanto, organizacións como Amnistía Internacional e Human Rights Watch teñen sido críticas coas políticas de Israel en relación aos palestinos, mentres que o goberno dos Estados Unidos e algúns países de Europa, como o Reino Unido e Alemaña, xeralmente apoian a Israel bélica e financeiramente.

LIBRIS

LIBRIS (Library Information System) é unha base de datos bibliográfica que consiste nun catálogo unificado baseado en varios catálogos de diferentes bibliotecas suecas que está mantido pola Biblioteca Nacional de Suecia en Estocolmo. Permite a busca libre de arredor de seis millóns e medio de títulos de todo o país e o seu contido está dispoñíbel de balde.

Lingua grega

A lingua grega (en grego moderno: ελληνικά, elliniká, ou ελληνική γλώσσα, ellinikí glóssa, "lingua grega") é a lingua materna de 12 millóns de falantes, dos cales 11 millóns viven en Grecia onde é lingua oficial, como en Chipre. Tamén se fala en comunidades illadas de Albania, Turquía e Italia. É lingua oficial na Unión Europea. É a lingua viva con historia documentada máis longa, con 34 séculos de fontes escritas. O seu sistema de escrita foi o alfabeto grego durante a meirande parte da súa historia; outros sistemas como o Lineal B e o silabario chipriota, foron usados anteriormente. O alfabeto xurdiu a partir do alfabeto fenicio e foi a base do latino, do cirílico, do armenio, do copto, do gótico e moitos outros sistemas de escrita.

MusicBrainz

MusicBrainz é un proxecto cuxo obxectivo é a creación dunha base de datos musical de contido aberto. MusicBrainz recolle información sobre música gravada, nomes de artistas, títulos, listaxes de cancións, datas de publicación, etc. O 30 de xaneiro de 2016, MusicBrainz contiña información de arredor dun millón de artistas, un millón e medio de álbums e máis de quince millóns e medio de gravacións.Os rexistros fanse grazas ao traballo de editores voluntarios que seguen unhas normas de edición precisas. As obras rexistradas poden conter outra información como a data de gravación, país de orixe ou a duración das cancións. Os usuarios finais poden utilizar programas que se comunican con MusicBrainz para etiquetar os seus arquivos de son como MP3, Ogg Vorbis ou AAC.

OpenStreetMap

OpenStreetMap (tamén coñecido polas súas siglas OSM) é un proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables. As trazas dos mapas créanse empregando información obtida de dispositivos GPS ou empregando fotografías aéreas ou de satélites e outras fontes como bases de datos da administración. Dende 2016 OSM emprega en España cartografía PNOA para mapeado e edición.

Open Library

Open Library é un proxecto en liña cuxo principal obxectivo é a creación dunha base de datos de contido aberto de libros. Foi creado en 2006 por Aaron Swartz e Brewster Kahle, entre outros. Open Library é un proxecto da organización sen ánimo de lucro Internet Archive e foi parcialmente financiado pola Biblioteca Estatal de California e a Fundación Kahle/Austin. Tamén proporciona acceso a libros de dominio público, que poden ser lidos en liña.

En decembro de 2015 tiñan arredor de 20 millóns de libros rexistrados.

Organización Europea e Mediterránea de Protección Vexetal

A Organización Europea e Mediterránea de Protección Vexetal (en inglés: European and Mediterranean Plant Protection Organization, EPPO) é unha organización intergubernamental responsable da cooperación europea na protección vexetal na rexión europea e mediterránea. Baixo a Convención de Protección Vexetal Internacional, é a Organización de Protección Vexetal Rexional (RPPO) para Europa e ten a súa sede en París.

Fundada en 1951, a organización medrou até ter 51 membros no 2016.

Tempo Medio de Greenwich

O Tempo Medio de Greenwich ou GMT (Greenwich Mean Time) é o tempo solar medio no Observatorio Real de Greenwich, en Greenwich, preto de Londres, Inglaterra, que por convención está a 0 graos de lonxitude.

Durante moitos anos os reloxos máis precisos que existían eran o movemento da Terra ao redor do seu eixo e ao redor do Sol. A partir deles definíase todo o demais relacionado co tempo. Unha volta da Terra ao redor do Sol era un ano, unha volta da Terra sobre si mesma era un día, que se dividía en 24 horas, a hora en 60 minutos e o minuto en 60 segundos. En 1900 definiuse un segundo 1/86.400 dun día solar medio.

Isto era suficientemente preciso para as actividades cotiás, pero aos poucos foise observando que a Terra non era o mellor reloxo. As mareas fan diminuír o seu xiro con certa regularidade pero, ademais, hai outras influencias que fan que a duración dese xiro non sexa constante. As diferenzas non afectan a vida cotiá pero si poden afectar a precisión da navegación ou a posición dos satélites artificiais, por exemplo.

WikiTree

WikiTree é unha páxina web libre e social sobre xenealoxía que deixa ós usuarios investigador e contribuír ás súas propias árbores familiares persoais, ó tempo que constrúe e colabora nunha singular árbore mundial familiar dentro do mesmo sistema. O sitio foi creado no ano 2008 por Chris Whitten, desenvolvedor da páxina WikiAnswers, e é propiedade de Interesar.com, Inc. O sitio utiliza unha linguaxe “wiki markup" (achegada polo software MediaWiki) que ofrece a usuarios principiantes e experimentados a habilidade de crear e editar perfís persoais, categorías e “páxinas espaciais” libres para documentar a historia da súa familia. O 20 de xaneiro de 2017, a páxina WikiTree tiña uns 394 000 membros rexistrados e mantén arredor de 13 millóns de perfís de devanceiros. A revista GenealogyInTime clasificou WikiTree como a 15ª páxina máis popular sobre xenealoxía en xaneiro de 2016.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.