2014

2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.

2014
Calendario gregoriano2014
MMXIV
Ab urbe condita2767
Calendario armenio1463
Calendario chinés4710 – 4711
Calendario hebreo5774 – 5775
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2069 – 2070
 ·  Shaka Samvat1936 – 1937
 ·  Kali Yuga5115 – 5116
Calendario persa1392 – 1393
Calendario musulmán1436 – 1437
Calendario rúnico2264
Década de 2010
2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018

Acontecementos

Xaneiro

Febreiro

2014 Winter Olympics Participants
Países participantes nos XXII Xogos Olímpicos de Inverno

Marzo

Boeing 777-200ER Malaysia AL (MAS) 9M-MRO - MSN 28420 404 (9272090094)
9M-MRO, o aparello perdido no incidente do Voo 370 de Malaysia Airlines

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Award ceremony of the World Cup in Brazil 09
Alemaña celebrando a vitoria na final da Copa Mundial de Fútbol de 2014

Agosto

Novembro

Decembro

Mortes

Artigo principal: Finados en 2014.

Premios Nobel

Notas

  1. "Letonia entra en el euro a rastras". El País (en castelán). 2 de xaneiro de 2014.
  2. "Colorado inicia la venta legal de marihuana con fines recreativos". El País (en castelán). 2 de xaneiro de 2014.
  3. "Fiat redobla su apuesta global al culminar la absorción de Chrysler". El País (en castelán). 5 de xaneiro de 2014.
  4. BBC, ed. (20 de xaneiro de 2014). "Central African Republic MPs elect Catherine Samba-Panza" (en inglés). Consultado o 20 de xaneiro de 2014.
  5. "Gobierno y rebeldes do Sudán del Sur firman un acuerdo de alto el fuego". El País (en castelán). 23 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de xaneiro de 2014.
  6. "El TC alemán claudica y renuncia a vetar las compras de deuda del BCE". La Vanguardia (en castelán). 8 de febreiro de 2014.
  7. Xavier Vidal-Folch (8 de febreiro de 2014). "Una bofetada al Bundesbank". El País (en castelán).
  8. "Suiza da un portazo a la Unión Europea". El País (en castelán). 10 de febreiro de 2014.
  9. "Letta pierde una guerra fratricida". El País (en castelán). 14 de febreiro de 2014.
  10. "Belgium's parliament votes through child euthanasia" (en inglés). BBC News. 13 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2014.
  11. "La calle derriba al régimen ucranio". El País (en castelán). 23 de febreiro de 2014.
  12. "En defensa de la sangre rusa". El País (en castelán). 2 de marzo de 2014.
  13. Watkins, Tom; Carter, Chelsea J. (8 de marzo de 2014). "Search intensifies for Malaysian airliner and 239 people, rescue ships head to sea" (en inglés). CNN. Consultado o 8 de marzo de 2014.
  14. "El desgobierno en Libia convierte al país en un polvorín sobre un pozo de petróleo", El País, 14 de marzo de 2014.(en castelán)
  15. "Europa apuntala la unión bancaria", El País, 20 de marzo de 2014.(en castelán)
  16. "Golpe de Erdogan contra las redes sociales", El País, 22 de marzo de 2014 (en castelán)
  17. "El Constitucional anula los comicios de febrero", La Vanguardia, 22 de marzo de 2014. (en castelán)
  18. bbc.com. "Turkey downs Syria military jet 'in airspace violation'" (en inglés).
  19. Acosta, Jim (25 de marzo de 2014). "U.S., other powers kick Russia out of G8" (en inglés). CNN. Consultado o 25 de marzo de 2014.
  20. "El Ébola se extiende a Malí y pone en alerta al aeropuerto de París", El País, 5 de abril de 2014. (en castelán)
  21. "Victor Orban consolida su poder sobre Hungría en las urnas", El País, 7 de abril de 2014. (en castelán)
  22. Hubo un destello se ha producido en la localidad de Murmansk, cerca de la frontera con Finlandia. ABC, 20 de abril de 2014 (en castelán)
  23. "Los partidos palestinos Al Fatah y Hamás anuncian su reconciliación", El País, 24 de abril de 2014. (en castelán)
  24. Smith-Spark, Laura; Gallagher, Delia; Wedeman, Ben (27 de abril de 2014). "Sainthood for John Paul II and John XXIII, as crowds pack St. Peter's Square" (en inglés). CNN. Consultado o 27 de abril de 2014.
  25. Maria Cheng (5 de abril de 2014). "UN: Spread of Polio is a World Health Emergency" (en inglés). The Huffington Post. Consultado o 5 de abril de 2014.
  26. "Boko Haram Attack Kills Hundreds In Border Town" (en inglés). The Huffington Post. Consultado o 7 de maio de 2014.
  27. "El partido de Mandela revalida la mayoría absoluta", El País, 9 de maio de 2014. (en castelán)
  28. "La tragedia minera reabre la fuerte fractura social de Turquía", El País, 18 de maio de 2014. (en castelán)
  29. "Un general libio contra el islamismo", El País, 25 de maio de 2014. (en castelán)
  30. "Modi: 'Voy a trabajar sin miedo ni odio y voy a hacer justicia para todos'", El País, 27 de maio de 2014. (en castelán)
  31. "Sony anuncia que dejará de vender su consola portátil PSP". EMOL (en castelán). 3 de xuño de 2014. Consultado o 5 de xuño de 2014.
  32. "El BCE inyectará 400.000 millones de euros para reactivar el crédito", El País, 6 de xuño de 2014. (en castelán)
  33. "Witness claims ISIS flag flies over key Iraq refinery, Baghdad says soldiers still hold it" (en inglés). Fox News. 19 de xuño de 2014. Consultado o 20 de xuño de 2014.
  34. "Las Cortes prevén proclamar a Felipe VI como rey de España el 18 de junio", "La Vanguardia", 8 de junio de 2014.
  35. Miles de personas rodean parlamentos autonómicos contra los recortes y la pobreza. Consultado el 21 de xuño de 2014 (20minutos de España). (en castelán)
  36. Unesco declara el Camino del Inca como Patrimonio de la Humanidad. Consultado el 23 de xuño de 2014 (BBC Mundo). (en castelán)
  37. "Novagalicia cambia su nombre por el de Abanca para empezar de cero". Diario de Ferrol (en castelán). 27 de xuño de 2014. Consultado o 9 de abril de 2015.
  38. "Rusia condona a Cuba el 90% de la deuda de los tiempos de la URSS", El País, 6 de xullo de 2014. (en castelán)
  39. Al menos once muertos al estrellarse una avioneta en el suroeste de Polonia. 20minutos (en castelán)
  40. Escapan 63 mujeres y niñas secuestradas en junio por Boko Haram. Lainformación (en castelán)
  41. Hallan fósiles de mamíferos tropicales en Canadá. Consultado el 12 de xullo de 2014 El Economista (en castelán)
  42. Gobierno y FARC retoman diálogos el 15 de julio en La Habana. TerraColombia. (en castelán)
  43. "Malaysia Airlines Flight 17: Officials say plane shot down over Ukraine" (en inglés).
  44. El Parlamento de Georgia ratificará el acuerdo con la UE la próxima semana. РИА Новости. (en ruso)
  45. "TransAsia Plane Crash Landing 'Kills 51'" (en inglés). Sky News. 23 de xullo de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2014.
  46. "48 dead, 10 injured in Penghu plane crash: reports". Taiwan News (en inglés). 23 de xullo de 2014. Consultado o 23 de xullo de 2014.
  47. "Desaparece un vuelo de Air Algerie sobre el desierto del Sahel". El Mundo (en castelán). 24 de xullo de 2014.
  48. Ahmed, Hamid Ould (24 de xullo de 2014). "Missing Air Algerie plane from Burkina Faso has crashed: Algerian official" (en inglés). Reuters. Consultado o 24 de xullo de 2014.
  49. EFE (27 de xullo de 2014). "Pedro Sánchez, elegido por aclamación secretario general del PSOE". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2015.
  50. Fischer, D. (6 de agosto de 2014). "Rendezvous with a crazy world". The Planetary Society. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2014. Consultado o 6 de agosto de 2014.
  51. www.olympic.org (ed.). "Nanjing 2014" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015.
  52. Michael D. Lemonick (20 de agosto de 2014). National Geographic, ed. "Microbes Discovered in Subglacial Antarctic Lake May Hint at Life in Space" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015.
  53. BBC.com, ed. (31 de agosto de 2014). "Iceland issues new Bardarbunga volcano alert" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2015.

Véxase tamén

Outros artigos

Biblioteca Nacional da República Checa

A Biblioteca Nacional da República Checa (checo: Národní knihovna České republiky) é a biblioteca central da República Checa, dirixida polo Ministerio de Cultura dese país. O seu edificio principal localízase no edificio histórico Clementinum, en Praga, onde se garda aproximadamente a metade dos libros da biblioteca, mentres que a outra metade da colección atópase no distrito de Hostivař. É a maior biblioteca do país, cun catálogo duns 6 millóns de documentos e uns 60 000 lectores rexistrados. A biblioteca posúe tanto textos checos como material máis antigo procedente de Turquía, Irán e India. Tamén acolle libros para a Universidade Charles en Praga.No 2005 recibiu o Premio Jikji outorgado pola UNESCO a través do programa Memory of the World Programme, polo traballo realizado na dixitalización de textos antigos. A biblioteca comezou este traballo no ano 1992, chegando a dixitalizar uns 1700 documentos nos seus primeiros 13 anos de execución.

Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.

Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Comarca da Coruña

A comarca da Coruña é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é A Coruña. Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur coa comarca de Ordes, ao leste coa comarca de Betanzos e ao oeste coa comarca de Bergantiños.

Abarca unha superficie de 469,6 km², e no 2014 tiña 397.254 habitantes distribuídos en nove concellos: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, A Coruña, Culleredo, Oleiros e Sada.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Comarca de Betanzos

A comarca de Betanzos é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Betanzos. Pertencen a ela os concellos de Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne, Vilarmaior e Vilasantar. Ten unha superficie de 669,3 km² e no 2014 tiña 38.768 habitantes.

Comarca de Ferrol

A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.

Grande Enciclopedia Rusa

A Grande Enciclopedia Rusa (GER) (en ruso: Большая российская энциклопедия, Bolshaya rossiyskaya entsiklopediya) é unha enciclopedia rusa universal, publicada en 35 volumes dende o ano 2004. Foi lanzada baixo o impulso da Real Academia Rusa das Ciencias, despois de que o Presidente Vladimir Putin asinase o decreto №1156 no ano 2002. Segundo o editor da enciclopedia, Sergei Leonidovich Kravets, a edición completa estará dispoñible no ano 2016.O editor xefe da enciclopedia é Yury Osipov, o presidente da Academia. O equipo de traballo conta con outros 80 membros da Academia, incluíndo os Premios Nobel Zhores Alferov e Vitali Ginzburg.O primeiro volume introdutorio, estreado no 2004, estivo dedicado a Rusia.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

International Standard Name Identifier

O International Standard Name Identifier ou ISNI é unha base de datos que xestiona un método para identificar de forma unívoca as persoas que colaboran con contidos nos medios de comunicación, como libros, programas de televisión, artigos de xornais ou revistas, etc. Este identificador consiste en dezaseis cifras divididas en cadanseu bloque de catro.

Exemplo: o número ISNI de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é 0000 0001 0856 5397.

Foi desenvolvida baixo o auspicio da Organización Internacional para a Estandarización (ISO) coa súa norma internacional ISO-27729, publicada o 15 de marzo de 2012. A subcomisión novena do comité técnico 46 é a responsábel do seu desenvolvemento. O ISNI pode ser empregado para a desambigüación de nomes que, doutro xeito, poderían confundirse, e ligan os datos sobre estas persoas, que son recollidos e utilizados en tódolos sectores da industria dos medios de comunicación. No ano 2014, o banco de datos do ISNI contiña máis de oito millóns de identidades, ou sexa, 7,53 millóns de persoas e 490 000 organizacións. Nela colaboran 29 institucións e bases de datos, así como corenta bibliotecas nacionais e de investigación. Intégranse tamén os datos do rexisto Virtual International Authority File (VIAF).

Italia

Italia ( pronunciación ) (en italiano: Italia, [iˈtaːlja] (AFI), escoitar), oficialmente República Italiana ( pronunciación ) (en italiano: Repubblica Italiana), é unha república parlamentaria cuxo territorio está en Europa meridional (99,97%) e no norte de África (0,03%). O territorio europeo confórmano a maior parte da península Itálica, o val do río Po e dúas grandes illas no mar Mediterráneo: Sicilia e Sardeña. O territorio africano fórmano as pequenas illas de Lampedusa, Lampione e Pantelaria.

No norte está flanqueado polo arco alpino onde limita, de leste a oeste, con Eslovenia, Austria, Suíza e Francia. O resto do territorio está circundado polos mares Lígur, Tirreno, Xónico e Adriático. Os pequenos estados da Cidade do Vaticano e San Marino son enclaves dentro do territorio italiano. Á súa vez Campione d'Italia é un concello italiano que forma un pequeno enclave en territorio suízo. A superficie total é de 301.340 km2, cunha poboación de 60,8 millóns de habitantes. A súa capital desde os tempos do Imperio romano é Roma, e foi durante séculos o centro político e cultural da civilización occidental

Ten sido o fogar de moitas culturas europeas coma a civilización de Nuraga, os etruscos, os gregos e os romanos. Despois da caída do Imperio Romano de Occidente, a Italia medieval foi invadida e sometida á dominación de pobos xermánicos coma os Ostrogodos, os Longobardos e os Normandos. Isto non impediu que a Península, coa revitalización comercial das comunas medievais, chegara a se-lo berce do capitalismo. No século XV, coa difusión do Renacemento por toda Europa, convértese no centro cultural do mundo occidental; mais despois das guerras do século XVI cae baixo a soberanía de potencias estranxeiras, coma Francia, España e Austria. Durante o Risorgimento combate pola independencia e pola unidade, ata que en 1861 foi proclamado o Reino de Italia. A ditadura fascista, iniciada en 1922, rematou coa derrota na segunda guerra mundial e a guerra de liberación. En 1946, logo dun referendo institucional, o Estado italiano convértese nunha república parlamentaria regulada pola Constitución de 1948.

No 2014 Italia, oitava potencia económica mundial e cuarta europea, é un país cun elevado nivel de vida: o índice de desenvolvemento humano é moi alto, 0,872, e a esperanza de vida é de 82,4 anos. É membro fundador da Unión Europea, da OTAN, do Consello de Europa e da OCDE; adherido á ONU e ó tratado de Schengen. É ademais membro do G7, do G8 e do G20; participa no proxecto Nuclear Sharing da OTAN, é unha gran potencia rexional europea, capaz de exercer influencia política sobre opcións e decisións de orde extraeuropeo e internacional, e está en novena posición do mundo por gasto militar. En Roma teñen a súa sede numerosas organización internacionais coma a Organización para a Agricultura e a Alimentación, o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola, o Glocal Forum ou o Programa Mundial de Alimentos.

Italia posúe o maior número de sitios declarados patrimonio da Humanidade pola UNESCO. É o quinto país do mundo e terceiro da Unión Europea que máis turistas recibe por ano, sendo Roma a terceira cidade máis visitada. Outras cidades importantes son Milán, centro industrial e finaceiro, e, segundo o "Global Language Monitor", a capital da Moda; Turín, centro da industria automobilística e do deseño industrial, Boloña, coa universidade máis antiga do mundo; as cidades históricas de Venecia, Florencia e Nápoles etc.

Partido Socialista Obrero Español

O Partido Socialista Obrero Español (PSOE, en galego: Partido Socialista Obreiro Español) é un partido político español de centro esquerda fundado en 1879 polo ferrolán Pablo Iglesias Posse.

Durante cen anos definiuse como un partido de clase obreira, socialista e marxista, ata o Congreso Extraordinario de 1979, no que abandonou o marxismo como definición ideolóxica. Converteuse nun dos dous partidos políticos maioritarios de España, xunto co Partido Popular, gobernando o país durante a maior parte do réxime constitucional iniciado en 1978, coas presidencias de Felipe González (1982-1996), José Luis Rodríguez Zapatero (2004-2011) e Pedro Sánchez (2018-presente).

Preside o Goberno de España dende o 1 de xuño de 2018, logo de gañar a moción de censura contra o anterior presidente do goberno e líder do PP, Mariano Rajoy, a consecuencia dunha das primeiras sentenzas de condena da trama Gürtel, que condenou ao Partido Popular.Preside ademais os gobernos de comunidades autónomas como Aragón, Asturias, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Estremadura e Castela-A Mancha. As súas mocedades son as Xuventudes Socialistas de España e forma parte do Partido Socialista Europeo e da Internacional Socialista.

Península Ibérica

A Península Ibérica é unha península do suroeste de Europa. Está arrodeada polo mar Mediterráneo, o Océano Atlántico e os Pireneos, que separan a península do resto do continente. Politicamente, abrangue os estados de Portugal, España e Andorra, estes dous últimos fronteirizos con Francia. Xibraltar, territorio británico situado ó sur de Andalucía con apenas unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada do continente africano (Marrocos) polo Estreito de Xibraltar.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Rock alternativo

O rock alternativo (tamén chamado música alternativa ou sinxelamente alternativo) é un xénero do rock que apareceu nos anos 80 e fíxose moi popular na década dos 90.

O nome "alternativo" foi usado nos 80 para describir a bandas de punk rock de selos discográficos independentes que non encaixaban dentro dos xéneros do mainstream da época.

Como un xénero específico de música, o rock alternativo está formado por varios subxéneros que emerxeron dende a escena musical indie dende os anos 80, así como grunge, indie rock, britpop, rock gótico e indie pop tamén son considerados rock alternativo.

A pesar de que o xénero é considerado de rock, algúns dos seus subxéneros están influenciados pola música folk, o reggae, a música electrónica ou o jazz á parte doutros xéneros. Ás veces o termo rock alternativo foi usado como unha etiqueta para designar ao rock de todos os artistas underground dos anos 80, a todos os descendentes do punk rock (incluíndo ao punk mesmo, ao New Wave e ao post-punk), e, ironicamente, a toda a música rock en xeral dos anos 90 e 2000.

Mentres que un feixe de artistas coma R.E.M. e The Cure acadaron o éxito comercial, a meirande parte dos artistas de rock alternativo dos 80 foron obxecto de culto, eran bandas que gravaban con selos independentes e eran coñecidos só a través dos programas das college radios ou polo "boca a boca". Coa irrupción de Nirvana e coa popularidade dos movementos grunge e britpop a principios dos 90, o rock alternativo entrou no mainstream, e moitas bandas alternativas conseguirían acadar un certo éxito comercial.

San Martiño de Lanzós, Vilalba

San Martiño de Lanzós é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo), situada nun val ao norte da Vilalba. Segundo o IGE, en 2015 tiña 532 habitantes (250 mulleres e 282 homes), distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 735 habitantes.

Terra

A Terra ( pronunciación ) (do latín Terra, deidade romana equivalente a Gaia, deusa grega da feminidade e da fecundidade), tamén acostuma a chamarse Mundo ou Planeta Azul, é un planeta do Sistema Solar que xira sobre si mesmo e ao redor da súa estrela —o Sol— na terceira órbita máis interna. Así mesmo é o fogar de millóns de especies de seres vivos, incluíndo os seres humanos e actualmente é o único corpo astronómico onde se coñece a existencia de vida. É o máis denso e o quinto maior dos oito planetas do Sistema Solar. Tamén é o maior dos catro terrestres.

A Terra formouse hai aproximadamente 4 550 millóns de anos e a vida xurdiu uns mil millóns de anos despois. A atmosfera e outras condicións abióticas foron alteradas de forma significativa pola biosfera do planeta, favorecendo a proliferación de organismos aerobios, así como a formación dunha capa de ozono que xunto co campo magnético terrestre bloquean a radiación solar daniña, permitindo así a vida na Terra. As propiedades físicas da Terra, a historia xeolóxica e a súa órbita permitiron que a vida siga existindo. Estímase que o planeta seguirá sendo capaz de sustentar vida durante outros 500 millóns de anos, xa que segundo as previsións actuais, pasado ese tempo a crecente luminosidade do Sol terminará causando a extinción da biosfera.A superficie terrestre ou codia está dividida en varias placas tectónicas que se deslizan sobre o magma durante períodos de varios millóns de anos. A superficie está cuberta por continentes e illas, estes posúen varios lagos, ríos e outras fontes de auga, que, xunto cos océanos de auga salgada, representan cerca do 71% da superficie e constitúen a hidrosfera. Non se coñece ningún outro planeta con este equilibrio de auga líquida, que é indispensable para calquera tipo de vida coñecida. Os polos da Terra están cubertos na súa maioría de xeo sólido (Inlandsis da Antártida) ou de banquisas (casquete polar ártico). O interior do planeta é xeoloxicamente activo, cunha grosa capa de manto relativamente sólido, un núcleo externo líquido que xera un campo magnético, e un núcleo interior sólido composto aproximadamente dun 88% de ferro.A Terra interactúa con outros obxectos no espazo, especialmente o Sol e a Lúa. Na actualidade, a Terra completa unha órbita ao redor do Sol cada vez que realiza 366,26 xiros sobre o seu eixe, o cal é equivalente a 365,26 días solares ou a un ano sideral. O eixe de rotación da Terra atópase inclinado 23,4° con respecto á perpendicular do seu plano orbital, o que produce as variacións estacionais na superficie do planeta cun período dun ano tropical (365,24 días solares). A Terra posúe un único satélite natural, a Lúa, que comezou a orbitar a Terra hai 4 530 millóns de anos; esta produce as mareas, estabiliza a inclinación do eixe terrestre e reduce gradualmente a velocidade de rotación do planeta. Hai aproximadamente entre 3 800 a 4 100 millóns de anos, durante o chamado bombardeo intenso tardío, numerosos asteroides impactaron na Terra, causando significativos cambios na maior parte da súa superficie.

Tanto os recursos minerais do planeta como os produtos da biosfera proporcionan materias primas que se utilizan para soster á poboación humana mundial. Os seus habitantes están agrupados nuns 200 estados soberanos independentes, que interactúan a través da diplomacia, as viaxes, o comercio, e a acción militar. As culturas humanas desenvolveron moitas ideas sobre o planeta, incluída a personificación dunha deidade, a crenza nunha Terra plana ou na Terra como centro do universo, e unha perspectiva moderna do mundo como unha contorna integrada que require administración.

A súa distancia media ó Sol é considerada a unidade astronómica (UA), igual a 149 597 870,69 km. Adoita redondearse a 1,5x1011 m.

WOEID

Un WOEID (Where On Earth IDentifier) é un identificador de referencia de 32 bits, orixinalmente definido por GeoPlanet e agora asignado por Yahoo!, que identifica calquera característica da Terra. No ano 2009, Yahoo! liberou por primeira vez a información do WOEID de GeoPlanet ó público, producíndose a última liberación o 1 de xuño de 2012. Pouco despois Yahoo! decidiu deter a descarga de datos até que determinasen un xeito mellor de achegar os datos como parte do servizo".WOEIDs son empregado por outros proxectos, incluíndo Flickr, OpenStreetMap, e zWeather.

XVIII
 
XIX
 
XX
 
Século XXI
 
XXII
 
XXIII
 
XXIV
Década de 2100
Década de 2090
Década de 2080
Década de 2070
Década de 2060
Década de 2050
Década de 2040
Década de 2030
Década de 2020
Década de 2010
Década de 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.