2013

2013 foi un ano común empezado en martes segundo o calendario gregoriano

2013
Calendario gregoriano2013
MMXIII
Ab urbe condita2766
Calendario armenio1462
Calendario chinés4709 – 4710
Calendario hebreo5773 – 5774
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2068 – 2069
 ·  Shaka Samvat1935 – 1936
 ·  Kali Yuga5114 – 5115
Calendario persa1391 – 1392
Calendario musulmán1434 – 1436
Calendario rúnico2263
Década de 2010
2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017

Acontecementos

Xaneiro

Istres French Soldiers USAF Globemaster III Mali 130121-F-GO452-162
Tropas francesas durante a intervención militar en Malí.
Boate Kiss 2013.02.04. 39
Traxedia da discoteca Kiss deixa 239 mortos no Brasil.
Explosión en torre de PEMEX
Torre executiva PEMEX tras a explosión.
  • 1 de xaneiro
  • 2 de xaneiro
  • 5 a 20 de xaneiro - 34ª edición do Rally Dakar que atravesou os países da Arxentina, Chile e o Perú.
  • 7 de xaneiro - En Zúric (Suíza), Lionel Messi gaña o seu cuarto Balón de Ouro sobre Cristiano Ronaldo e Andrés Iniesta, superando así a Johan Cruyff, Marco van Basten e Michel Platini no número de trofeos.
  • 8 de xaneiro - En Siria, en plena guerra, mísiles do exército impactan en Alepo, unha das cidades máis conflitivas da contenda.[11]
  • 9 de xaneiro - A Fragata Libertad da Arxentina regresa á Base Naval de Mar del Plata tras estar 78 días retida no porto Tema de Ghana polo reclamo xudicial dos fondos voitre.
  • 10 de xaneiro
    • Ante a imposibilidade de que o presidente Hugo Chávez xuramente fisicamente para o seu novo mandato (2013 - 2019) en Venezuela, o mesmo pobo fai un "xuramento" en nome do xefe de Estado nun multitudinario acto.
    • Dous atentados deixan un saldo de 101 vítimas mortais no Paquistán.
  • 11 de xaneiro - Francia inicia a intervención militar en Malí para frear o avance de rebeldes islámicos ligados a Al Qaeda.
  • 15 de xaneiro
    • Australia anuncia que retirará as súas tropas de Afganistán a finais de 2013 e non no primeiro trimestre de 2014, como estaba previsto. Isto débese a que a seguridade do país ocupado transferiuse ao seu exército e Policía Nacional.[12]
    • Durante a guerra civil siria, dous ataques con explosivos destrúen a Universidade de Alepo, deixando 80 persoas falecidas.[13]
  • 17 de xaneiro
    • A secretaria de Estado de Estados Unidos, Hillary Clinton, exhorta o goberno comunista de Laos, para que abra unha investigación co fin de coñecer o paradoiro dun activista social nese país, Somphone Sombath, quen desapareceu na capital, Vientiane, en decembro de 2012.[14]
    • En Colombia o ELN atribúese o secuestro de cinco enxeñeiros, entre eles dous peruanos e un canadense no norte de Bolívar.
  • 21 de xaneiro - A Lúa eclipsa o planeta Xúpiter, fenómeno só visible en Suramérica.[15]
  • 22 de xaneiro - Nos arredores da Base militar de Incirlik, en Turquía, polo menos 25 persoas son detidas cando participaban nunha manifestación contra o despregue de mísiles da OTAN na fronteira con Siria. Os protestantes temen que o país se converta no centro dunha actividade militar contra a súa veciña nación do sur. Pola súa parte, a organización bélica asegura que esta misión ten como fin protexer Turquía da guerra civil en Siria.[16]
  • 23 de xaneiro - Na capital de Venezuela, Caracas, a oposición realiza unha multitudinaria congregación en rechazo á decisión que tomou o Tribunal Supremo de Xustiza de postergar indefinidamente a toma de posesión presidencial de Hugo Chávez, pola súa enfermidade. Estivo presente o dirixente opositor, Henrique Capriles, quen exhortou a unidade da oposición e a derrotar “a violencia” do Goberno. O oficialismo tamén estivo aglomerado para expresar a súa solidariedade co xefe de Estado, quen se encontraba na capital cubana desde o 11 de decembro do ano anterior.[17]
  • 25 de xaneiro
  • 26 a 28 de xaneiro: I Cumio da Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños e a Unión Europea en Santiago de Chile.
  • 26 de xaneiro - Sentenza de morte a 21 persoas deriva en protestas contra o tribunal na cidade exipcia de Port Said, nas que morren 31 manifestantes e dous axentes da policía, isto no contexto da Traxedia de Port Said ocorrida un ano atrás.[20]
  • 27 de xaneiro - No centro da cidade de Santa Maria, Rio Grande do Sul, Brasil, un violento incendio deixa 239 mortos e 124 feridos na discoteca Kiss.[21][22][23][24]
  • 28 de xaneiro - A raíña Beatriz I dos Países Baixos anuncia que abdicará o próximo 30 de abril, no seu fillo Guillerme.
  • 31 de xaneiro
    • Explosión da Torre Executiva Pemex (capital de México), deixa 37 mortos,[25] 126 lesionados e varias persoas atrapadas dentro do edificio sinistrado, que quedou con importantes danos no interior.
    • Preto da cidade de Pretoria, en Suráfrica, un tren impacta con outro estacionado, deixando polo menos 200 persoas feridas e unha perda duns 164.206 rands surafricanos.[26]
    • O volcán Lokon da illa Célebes, en Indonesia, expulsa unha nube de polvo duns 800  m de altura e rexistra dúas explosións durante as primeiras horas do día, pondo en alerta os habitantes da illa. En consecuencia, as autoridades fixan un raio de seguridade de 2,5 km e a Axencia Nacional de Vulcanoloxía de Indonesia alerta a poboación a través dun diario local sobre a probabilidade de máis erupcións e pide que se manteñan afastados do accidente xeográfico.[27]

Febreiro

Lino Oviedo
Lino Oviedo en 2008.
BentoXVI-30-10052007
O 28 de febreiro, Bieito XVI convértese en Papa Emérito.
Chelyabinsk meteor trace 15-02-2013
Evento meteorítico en Rusia.

Marzo

Uhuru Kenyatta UNDP 2009
Uhuru Kenyatta, novo presidente de Kenya.
Papa Francisco recién elegido
Papa Francisco. Foi electo o 13 de marzo como primeiro Sumo Pontífice latinoamericano.
  • 4 de marzo
    • Rebeldes toman completamente a cidade siria de Raqqa, en plena guerra civil. Primeira cidade que dominan completamente, algo significativo na súa loita.
    • Accidente aéreo deixa decenas de mortos na República Democrática do Congo. O avión veuse abaixo sobre un barrio residencial, cando estaba a punto de aterrar na cidade de Goma, ao leste do país.[63]
  • 5 de marzo - No Hospital Militar Dr. Carlos Arvelo da cidade de Caracas, falece ás 16:25 hora local (20:55, UTC),[64] o Presidente de Venezuela, Hugo Chávez aos 58 anos de idade e tras 14 anos de goberno.[65][66] A noticia tivo alcance mundial e foi seguida por millóns de persoas en todo o mundo. A raíz disto máis de 16 países declararon varios días de dó nacional en homenaxe a Hugo Chávez.
  • 6 de marzo
    • Rebeldes sirios secuestran 21 soldados filipinos da ONU, mentres inspeccionaban un posto de observación danado na fronteira dos Altos do Golán.
    • Un accidente aéreo deixa 9 falecidos no Perú, nas proximidades de Lima e Cuzco. A avioneta quedou completamente destruída polo mal tempo de tormentas eléctricas e caeu moi cerca de Tacna.
  • 7 de marzo - En Libia decenas de homes armados asaltaron o canal de televisión Al Asema, en Trípoli, e secuestraron cinco xornalista. Así mesmo, os agresores destruíron parte dos equipos do canal, que deixou de emitir temporalmente tras o ataque.[67]
  • 8 de marzo
  • 9 de marzo - En Kenya, Uhuru Kenyatta é elixido presidente na primeira volta co 50,07% dos votos. A Corte Suprema determinará se o resultado anunciado pola IEBC (Comisión Electoral Independente) é legal.[69]
  • 10 e 11 de marzo - Lévase a cabo referendo sobre a soberanía das Illas Malvinas para determinar se a poboación desexa continuar baixo a administración británica, o cal resulta así cun 99,83% de aprobación.
  • 10 de marzo - Corea do Norte anulou o Tratado de Non Agresión coa súa veciña Corea do Sur. Dito armisticio finalizou a guerra de Corea, polo tanto, a súa anulación significa que ambas nacións quedan novamente en estado de Guerra
  • 11 de marzo - Corea do Norte anuncia que está lista para unha Guerra Total en contra de Corea do Sur e Estados Unidos.
  • 12 de marzo - Comezo do conclave no que se elixirá o sucesor do Papa emérito Bieito XVI.
  • 13 de marzo - O cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio é elixido Papa, adoptando o nome de Francisco. É o Papa número 266 da historia, o primeiro americano e o primeiro xesuíta.
  • 15 de marzo - Inicia a temporada da temporada 2013 de Fórmula 1.
  • 16 de marzo - Referendo constitucional de Cimbabue de 2013.
  • 17 de marzo - Na capital do Perú, Lima, ten lugar un referendo para revogar a alcaldesa, Susana Villarán. Foi solicitado e aceptado o ano anterior (véxase Referendo municipal de Lima de 2013).[70][71]
  • 18 de marzo
    • Na batalla de Alepo, úsanse por primeira vez armas químicas na guerra civil siria, deixando 26 mortos e 86 feridos, moi posiblemente por culpa de Al-Assad.
    • En Mogadixo (capital somalí) un atentando terrorista cerca o Palacio Presidencial, chamado Vila Somalia, deixa entre 7 e 10 mortos. Os perpetradores conduciran un vehículo cargado de explosivos até cerca doutro (libre de explosivos) e ao estalar incendiou un minibus urbano onde pereceron as vítimas. O ataque tería como branco un camión, onde se encontraban funcionarios gobernamentais, segundo algunhas testemuñas.[72]
  • 20 de marzo - En Ciudad de Panamá (capital panameña) desátase un incendio no vertedoiro de lixo máis grande da cidade, Cerro Patacón. O fume esténdese por case toda a cidade provocando severos danos ambientais. As autoridades e corpos especiais traballan para manter o sinistro baixo control.[73]
  • 23 de marzo - Encontro entre o papa emérito Bieito XVI e o seu sucesor Francisco.
  • 24 de marzo - Na capital de República Centroafricana, Bangui, rebeldes toman o Palacio Presidencial, derrocando o presidente, François Bozizé (quen se encontra en paradoiro descoñecido),[74] e asume de forma interina o poder, o militar, Michel Djotodia. O golpe de Estado é a consecuencia final da rebelión iniciada o ano anterior. A Unión Africana,[75] a ONU,[76] entre outros organismos, expresaron o seu rechazo ao golpe. Mentres que Francia enviou as súas tropas para evitar que o aeroporto da cidade tamén caia en mans dos rebledes[77] (véxase Golpe de Estado de República Centroafricana de 2013).[78]
  • 27 de marzo - En Taiwán un morto e numerosos edificios danados por sismo 6.1 graos.[79]
  • 30 de marzo - Corea do Norte declárase en estado de guerra total coa república surcoreana.

Xullo

Accidente ferroviario de Angrois cerca de Santiago de Compostela - 24-07-2013
Imaxe do accidente de Angrois tomada desde a autoestrada do Atlántico.

Decembro

Ciencia e tecnoloxía

Arte e cultura

Deportes

Nacementos

Mortes

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

Día das letras galegas

Premio Nobel

No ano de 2013, as seguintes persoas foron contempladas co premio Nobel:

Notas

  1. "Nexotur - Plataforma online de Información turística". www.nexotur.com. Consultado o 2019-02-03.
  2. "LA INFORMACIÓN: referente en actualidad empresarial y económica.". La Información (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
  3. "El transporte público en la capital de Estonia ya es gratuito". RT en Español (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
  4. Parellada, Gemma (2013-01-01). "Una estampida causa al menos 60 muertos en Costa de Marfil". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
  5. "Al menos 60 muertos en una avalancha en las fiestas de Año Nuevo en Costa de Marfil". RTVE.es (en castelán). 2013-01-01. Consultado o 2019-02-03.
  6. "Al menos 60 muertos en una avalancha en Costa de Marfil". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2013-01-01. Consultado o 2019-02-03.
  7. "Colombia.- Al menos trece miembros de las FARC muertos en un bombardeo aéreo en el noroeste de Colombia". www.notimerica.com. 2013-01-01. Consultado o 2019-02-03.
  8. "Mueren al menos 13 guerrilleros en una operación militar contra las FARC en Colombia". RTVE.es (en castelán). 2013-01-01. Consultado o 2019-02-03.
  9. "La guerra civil en Siria provocó 60.000 muertos". www.lagaceta.com.ar (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
  10. "Puerto Rico tiene nuevo gobernador: Alejandro García Padilla fue hoy juramentado". Noticias 24. 2 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de xaneiro de 2013.
  11. "Fotos: Un misil golpea Alepo". El País (en castelán). 2013-01-08. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
  12. "Australia anuncia retiro anticipado de tropas de Afganistán". archive.is. 2013-04-12. Consultado o 2019-02-03.
  13. "Suman 83 muertos por explosión en universidad siria". El Informador :: Noticias de Jalisco, México, Deportes & Entretenimiento (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
  14. La Voz de Rusia de Rusia. "Hillary Clinton insta a Laos a investigar paradero de activista". Consultado o 18 de xaneiro de 2013.
  15. "La Luna ocultará Júpiter durante la noche de este lunes". Diario Córdoba (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
  16. Al menos 25 detenidos en Turquía por protestas contra misiles de la OTAN, en Telesur de Venezuela.
  17. Capriles pidió unidad a la oposición en marcha contra Hugo Chávez Arquivado 26 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine., en El Comercio do Perú.
  18. "Turkmenistán anuncia su intención de entrar en la OMC. larioja.com". www.larioja.com. Consultado o 2019-02-03.
  19. "Agencia Venezolana de Noticias". www.avn.info.ve. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 2019-02-03.
  20. "Sentencia por masacre suma 31 muertes a crisis en Egipto". web.archive.org. 2015-12-10. Consultado o 2019-02-03.
  21. "Fotos: Tragedia en una discoteca de Brasil". El País (en castelán). 2013-01-28. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
  22. "Al menos 234 muertos en el incendio de una discoteca en Brasil". www.elmundo.es. Consultado o 2019-02-03.
  23. García, Victoria (2013-01-27). "Incendio mortal en una discoteca de Brasil". Cadena SER (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
  24. Tragedia en Brasil: 231 muertos en incendio de una discoteca, en Infobae.
  25. L. Montalvo, Tania (4 de febreiro de 2013). "Las cifra de muertos tras la explosión en Pemex aumenta a 37". CNNMéxico (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2013. Consultado o 4 de febreiro de 2013.
  26. Choque de trenes en Suráfrica deja al menos 200 heridos, en Televisa de México.
  27. Alerta en Indonesia por expulsión de humo y polvo del volcán Lokon, en Prensa Latina.
  28. "Tres muertos y heridos por un atentado en la Embajada de EEUU en Turquía". www.telam.com.ar. Consultado o 2019-02-03.
  29. En Paraguay, Lino Oviedo muere en accidente de helicóptero, en El Universo de Ecuador.
  30. El partido de Lino Oviedo sospecha que el político fue asesinado Arquivado 12 de agosto de 2014 en Wayback Machine., en República.com.
  31. Federico Franco comprometido con investigación de la muerte de Lino Oviedo Arquivado 26 de xullo de 2014 en Wayback Machine., en UPI de España.
  32. "M 8.0 - 76km W of Lata, Solomon Islands". earthquake.usgs.gov. Consultado o 2019-02-03.
  33. "IGN réplica en Islas Salomón.". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013.
  34. "IGN réplica en Islas Salomón.". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013.
  35. "Deadly tsunami after Solomons quake" (en inglés). 2013-02-06. Consultado o 2019-02-03.
  36. "Un terremoto de 8 grados cerca de las islas Salomón provoca un tsunami". El País. Consultado o 6 de febreiro de 2013.
  37. "Una serie de atentados contra chiíes deja al menos 31 muertos en Irak". El País. 8/2/2013. Consultado o 9 de febreiro de 2013.
  38. Murieron cuatro personas debido a las torrenciales lluvias en Arequipa Arquivado 12 de febreiro de 2013 en Wayback Machine., en El Comercio do Perú.
  39. Avioneta se desploma en universidad argentina; mueren 4 Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., en Pulso de México.
  40. "¡Feliz año nuevo chino!". blogs.perfil.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 2019-02-03.
  41. "Lluvia de pólvora para recibir el Año Nuevo Chino". heraldo.es (en castelán). 2013-02-10. Consultado o 2019-02-03.
  42. "Avalancha humana deja 36 muertos tras fiesta religiosa en India". El Informador :: Noticias de Jalisco, México, Deportes & Entretenimiento (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
  43. Pablo Ordaz (11/02/2013). "El Papa anuncia su renuncia el próximo 28 de febrero por razones de salud". El País. Consultado o 12 de febreiro de 2013.
  44. "Benedicto XVI renunciará como el cuarto Papa más longevo de la historia". abc (en castelán). 2013-02-12. Consultado o 2019-02-03.
  45. "Histórica renuncia del Papa: Benedicto XVI deja el papado el 28 de febrero - Diario Los Andes". web.archive.org. 2013-04-20. Consultado o 2019-02-03.
  46. "Benedicto XVI aseguró que renuncia al papado "en plena libertad"". www.telam.com.ar. Consultado o 2019-02-03.
  47. http://www.telesurtv.net/articulos/2013/02/11/al-menos-18-muertos-por-la-explosion-de-una-mina-de-carbon-en-rusia-6903.html
  48. http://www.telesurtv.net/articulos/2013/02/11/accidente-aereo-en-liberia-dejo-al-menos-10-muertos-4243.html
  49. "AFP: Al menos 10 muertos en una catástrofe aérea en Liberia". archive.is. 2013-04-11. Consultado o 2019-02-03.
  50. "El asteroide 2012 DA14 pasó a 27 860 km de la Tierra y siguió de largo". El Tribuno (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 2019-02-03.
  51. "Quito inauguró el aeropuerto con la pista más larga de América Latina". web.archive.org. 2013-04-01. Consultado o 2019-02-03.
  52. Adiós al aeropuerto de Quito entre la nostalgia y el alivio, en ABC de España.
  53. "Dimitió el gobierno de Bulgaria tras diez días de protestas populares". www.telam.com.ar. Consultado o 2019-02-03.
  54. "Calendario de elecciones en África en 2013". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2013. Consultado o 25 de abril de 2013.
  55. "Tras el anuncio de Raúl comenzó la era post-Castro en Cuba - Diario Los Andes". web.archive.org. 2013-05-04. Consultado o 2019-02-03.
  56. "Raúl Castro fue reelecto por otros cinco años en Cuba". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2013-02-24. Consultado o 2019-02-03.
  57. "Festival de Viña 2013 cambia de fecha" (en castelán). El Martutino. 6 de xuño de 2012. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.
  58. Rumanía prepara un nuevo proyecto de ley para prohibir las organizaciones y símbolos comunistas Arquivado 03 de setembro de 2014 en Wayback Machine., en laRepública.es.
  59. "Diecinueve turistas murieron al caer un globo aerostático en Luxor". www.telam.com.ar. Consultado o 2019-02-03.
  60. "Cae globo aerostático a tierra en Luxor con saldo de 19 muertos". W Radio México (en castelán). 2013-02-26. Consultado o 2019-02-03.
  61. "Mueren 19 turistas al caer un globo aerostático en Luxor". diariodenavarra.es (en castelán). 2013-02-26. Consultado o 2019-02-03.
  62. "Al menos tres muertos y siete heridos en un tiroteo en Suiza". El País (en castelán). 2013-02-27. ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-02-03.
  63. "Cae un avión en Congo en medio de una tormenta". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2019-02-03.
  64. Maduro: Falleció el presidente Chávez a las 4:25 de la tarde Arquivado 15 de abril de 2013 en Wayback Machine. en El Nacional de Venezuela.
  65. Murió Hugo Chávez en Clarín de Argentina.
  66. Duelo e incertidumbre en Venezuela tras la muerte de Chávez en El País de España.
  67. "Un grupo armado asalta una televisión en Libia y retiene a varios periodistas". 20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). 2013-03-07. Consultado o 2019-02-03.
  68. "Maduro asumió la presidencia de Venezuela y pidió que se llame a elecciones". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2013-03-08. Consultado o 2019-02-03.
  69. "Kenyata gana las elecciones presidenciales de Kenia - La Razón". www.la-razon.com. Consultado o 2019-02-03.
  70. "JNE ratifica fecha de proceso de revocatoria contra Susana Villarán". larepublica.pe. 13 de novembro de 2012. Consultado o 6 de xuño de 2019.
  71. "JNE ratifica que revocatoria se realizará el 17 de marzo de 2013". Consultado el 15 de novembro de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2012.
  72. Muertos por explosión de vehículo en Somalia, en El Nuevo Herald.
  73. Nube de humo tóxico cubre Panamá, en El Comercio de Ecuador.
  74. Desconocen destino de presidente centroafricano Francois Bozize, en Prensa Laitna.
  75. La Unión Africana condena el golpe de Estado en República Centroafricana, en Europapress.
  76. ONU condena el golpe de Estado en República Centroafricana, en El Mostrador de Chile.
  77. Francia envía tropas para proteger aeropuerto de República Centroafricana, en Cri de China.
  78. Golpe de Estado en República Centroafricana, en RTVC de España.
  79. "Taiwán: un muerto y numerosos edificios dañados por sismo 6.1 grados". web.archive.org. 2015-12-10. Consultado o 2019-02-03.
  80. Fallece a los 95 años Frederick Sanger, dos veces Nobel de Química.
  81. Lakers legend Vern Mikkelsen has died at age 85 (en inglés).

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Aldemunde, Carballo

Santa María Madalena de Aldemunde é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 125 habitantes (47 homes e 44 mulleres), distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

AlloCiné

AlloCiné é unha organización de servizo que achega información do cine francés, especialmente centrando na promoción das novidades en DVD, Blu-ray e información de VOD. A empresa foi fundada como comunicador telefónico, e posteriormente deveu nun portal da Internet, o cal ofrece información por acceso rápido e cobre todos os filmes que foron distribuídos en Francia. No 2005, empezou a cubrir series televisivas.

AlloCiné foi lanzado en 1993, antes de ser adquirido por Canal+ no 2000 e por Vivendi Universal no 2002. Dende xuño de 2007 até 2013, estivo baixo a propiedade de Tiger Global, un fondo de investimento americano. Xa en xullo de 2013, Allociné foi mercado por FIMALAC, unha empresa de participación francesa. A sede central corporativa atópase nos Campos Elíseos en París.

Biblioteca Nacional de Australia

A Biblioteca Nacional de Australia (en inglés: National Library of Australia) é a maior biblioteca de referencia de Australia e atópase na súa capital, en Camberra. Tamén fai a función de depósito legal de Australia. Segundo os datos de 2012 e 2013, a biblioteca conta cun fondo de 6 496 772 ítems, e cunha estimación doutros 2 325 900 ítems adicionais na colección de manuscritos.

Colombia

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. Na costa norte e noroeste está o Mar Caribe, e ten fronteira continental con Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación do Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.Colombia é un país etnicamente diverso e a súa poboación descende dos habitantes indíxenas, dos colonizadores españois, dos africanos levados ó país como escravos e dos inmigrantes de Europa e Oriente Medio do século XX, o cal contribuíu a unha herdanza cultural diversa. Isto tamén está influído pola variada xeografía de Colombia, xa que as diferentes paisaxes do país resultaron no desenvolvemento de marcadas identidades rexionais. A meirande parte dos centros urbanos atópanse nas terras altas das montañas dos Andes, mais o territorio colombiano tamén abrangue selva amazónica, chairas tropicais e as costas Caribe e Pacífica.

Dende o punto de vista ecolóxico, Colombia está considerado un dos 17 países megadiversos, e entre eles, o máis biodiverso por quilómetro cadrado.

Colombia é unha potencia intermedia e rexional coa cuarta meirande economía de América Latina, forma parte do grupo dos CIVETS como un dos mercados emerxentes e é un membro da OECD. Colombia ten unha economía diversificada con estabilidade macroeconómica e perspectivas de crecemento favorables a longo prazo.

Fossilworks

Fossilworks é un portal de internet que subministra ferramentas de análises, consultas e descargas para facilitar o acceso á base de datos Paleobiology Database, unha gran base de datos á que achegan informacións centos de paleontólogos de todo o mundo.

Fossilworks foi creada en 2013 por John Alroy e está situada na Universidade Macquarie, sita en Sydney, Nova Gales do Sur, Australia. Inclúe numerosos datos e ferramentas de análise anteriormente incluidos na Paleobiology Database.

Francisco, papa

Francisco (en latín: Franciscus), nado co nome de Jorge Mario Bergoglio en Buenos Aires o 17 de decembro de 1936, é o 266º, e actual, papa da Igrexa católica, bispo da diocese de Roma e soberano do Estado da Cidade do Vaticano dende o 13 de marzo de 2013.

Galipedia

A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 157.955 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade. Existen tamén diversas páxinas de estatística, entre as que figuran Especial:Estatísticas e Wikipedia:Estatísticas.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

JSTOR

JSTOR (acrónimo de Journal Storage, Almacenamento de Xornais) é unha biblioteca dixital creada en 1995. Contiña orixinalmente copias dixitalizadas de números antigos de revistas académicas, pero agora inclúe tamén libros e fontes primarias, xunto cos números actuais das revistas. Proporciona a posibilidade de facer buscas de texto completo de case 2.000 revistas. Teñen acceso a JSTOR máis de 8.000 institucións de máis de 160 países, e a maioría dos accesos son por subscrición, aínda que hai algúns contidos vellos en dominio público que están dispoñibles gratuitamente para calquera que os consulte.

Loiba, Ortigueira

San Xulián de Loiba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 391 habitantes (193 homes e 198 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Oza-Cesuras

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras. Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Papa

Papa é o título dado ao bispo e patriarca de Roma, supremo líder espiritual da Igrexa católica e tamén xefe do Estado do Vaticano. Papa é tamén o título dos patriarcas da Igrexa copta e da Igrexa apostólica armenia.

Parada, Lalín

Santa María de Parada é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2013 tiña 76 habitantes (38 mulleres e 38 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

PubMed Central

PubMed Central (PMC) é un repositorio dixital de uso libre no que se arquivan artigos eruditos completos de acceso público que foron publicados en revistas científicas das ciencias da vida e biomédicas. É unha das maiores bases de datos de investigación dentro do conxunto de recursos que foron desenvolvidos polo National Center for Biotechnology Information (NCBI) de Estados Unidos, pero é moito máis que un simple repositorio de documentos. Os documentos incluídos en PMC sofren un procedemento de indexación e formateo que ten como resultado o melloramento de metadatos, ontoloxía médica, e identificadores únicos que enriquecen os datos estruturados XML para cada artigo ou depósito. Os contidos de PMC poden ser facilmente interligados a moitas outras bases de datos do NCBI e pode accederse a eles a través de buscas en Entrez e en sistemas de recuperación, mellorando aínda máis a capacidade do público para descubrir gratuitamente, ler e basearse neste conxunto de documentos sobre o coñecemento biomédico.PubMed Central non debe de confundirse con PubMed. Trátase de dous servizos moi diferentes. Aínda que PubMed é unha base de datos na que se poden buscar citas biomédicas e resumos, os artigos co texto completo referenciados no rexistro de PubMed encóntranse almacenados fisicamente noutro lugar (ás veces son artigos impresos ou en liña, algunhas veces gratuítos e outras accesibles pagando algún tipo de subscrición). PubMed Central é un arquivo dixital gratuíto de artigos, accesible a calquera desde calquera lugar por medio dun buscador web básico. O texto completo de todos os artigos de PubMed Central pode lerse gratuitamente, con diversas disposicións para a reutilización.

En febreiro de 2014, o arquivo PMC contiña uns 2,9 millóns de artigos, con contribucións que proceden directamente das editoriais ou autores que depositan os seus propios orixinais no repositorio segundo a Política de Acceso Público dos NIH. Só no período de doce meses desde xuño de 2013 a xuño de 2014 os depósitos iniciados por autores excedían os 103.000 documentos. PMC tamén identifica unhas 4.000 revistas que agora participan en maior ou menor grao nesta capacidade de depositar automaticamente os seus contidos publicados no repositorio de PMC. Algunhas editoriais participantes atrasan a liberación dos seus artigos en PubMed Central durante un tempo establecido despois da súa publicación, o que se adoita denominar “período de embargo”, que pode ser desde uns poucos meses a algúns anos dependendo da revista (os "embargos" de seis a doce meses son os máis comúns).

Real Club Celta de Vigo

O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo o 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro de 1928.

O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á primeira división logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Ocupa o décimo segundo posto na clasificación histórica de primeira. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Deportivo da Coruña. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.

Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da copa do rei, unha Copa Intertoto, 7 clasificacións para a Copa da UEFA, unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC e a clasificación histórica do 20 de abril para as semifinais da Liga Europa, tras gañar ao Genk belga 3-2 na casa e quedar 1-1 no Luminus Arena. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.

Sacerdote

O sacerdote é unha persoa que se dedica profesionalmente, en exclusiva ou a tempo compartido, a realizar actos de intermediación entre os seus conveciños e supostos seres superiores. O termo pode variar pero, en xeral e desde un punto de vista cultural, o sacerdote é aquel que exerce como intermediario entre o ser humano e a divindade.

Chámaselle sumo sacerdote a quen exerce a máxima autoridade relixiosa nalgunhas confesións, normalmente como herdeiro dalgunha tradición histórica non comprobada (así os católicos chaman sumo pontífice á súa máxima autoridade, como herdeiro dos secretos construtivos).

En case todas as culturas, a casta sacerdotal constituíu unha clase social dominante.

O corpo de sacerdotes adoita recibir diferentes nomes segundo a cultura. En Galicia recibe popularmente os nomes de crego, cura, párroco ou, debido á influencia dos frades bieitos, abade.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Wikidata

O Wikidata é unha base de datos editada de forma colaborativa, parte da Fundación Wikimedia, co obxectivo de proporcionar unha fonte común para certos tipos de datos, como datas de nacemento, que poden utilizar proxectos da Wikimedia como a Wikipedia. Isto é semellante á forma na que a Wikimedia Commons proporciona almacenamento para ficheiros multimedia e acceso a estes ficheiros en tódolos proxectos da Wikimedia.

XVIII
 
XIX
 
XX
 
Século XXI
 
XXII
 
XXIII
 
XXIV
Década de 2100
Década de 2090
Década de 2080
Década de 2070
Década de 2060
Década de 2050
Década de 2040
Década de 2030
Década de 2020
Década de 2010
Década de 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.