2008

2008 foi un ano bisesto comezado en martes no calendario gregoriano.

Foi designado:

  • O Ano da rata, segundo o horóscopo chinés. O ano da rata chinés comezará o 7 de febreiro, ate esa data seguiremos no ano do porco.
  • Ano Internacional das Linguas.[1]
  • Ano Internacional da Pataca, segundo a FAO.
  • Ano Internacional do Planeta Terra, pola ONU[2].
  • Ano Europeo do Dialogo Intercultural[3].
  • Ano Internacional do Saneamento[4].
2008
Calendario gregoriano2008
MMVIII
Ab urbe condita2761
Calendario armenio1457
Calendario chinés4704 – 4705
Calendario hebreo5768 – 5769
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2063 – 2064
 ·  Shaka Samvat1930 – 1931
 ·  Kali Yuga5109 – 5110
Calendario persa1386 – 1387
Calendario musulmán1429 – 1430
Calendario rúnico2258
Década de 2000
2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012

Efemérides

Acontecementos

Xaneiro

  • 1 de xaneiro
    • Eslovenia será o primeiro dos novos estados membros en presidir a Unión Europea[5].
    • Introducción do Bolívar Fuerte (Bs.F.) como nova moeda de curso legal en Venezuela.
    • A parte grecochipriota da illa de Chipre, as bases británicas de Acrotiri e Dhekelia establecidas en dita isla, e Malta, adoptan o euro como moeda oficial[6][7].
    • Toma de posesión dos cargos electos nas eleccións rexionais de Colombia de 2007.
  • 14 de xaneiro: toma de posesión dos diputados electos nas eleccións ao Congreso da República de Guatemala, así como do novo presidente.
  • 23 a 27 de xaneiro: Foro Económico Mundial, en Davos.
  • 30 de xaneiro: posible impacto de asteroide contra o planeta Marte, segundo a NASA[8].

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Novembro

Decembro

Ciencia e tecnoloxía

Software

  • 1º semestre: Lanzamento do Microsoft Windows XP Service Pack 3.
  • 1º semestre: Lanzamento do Microsoft Windows Vista Service Pack 1 (SP3).[14]

Mortes

Xaneiro

Febreiro

Marzo

Abril

Maio

Xuño

Xullo

Agosto

Setembro

Outubro

Novembro

Decembro

Premios Nobel

Día das letras galegas dedicado a:

Historia ano a ano

Notas

  1. Resolución adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, 61/266. Multilingüismo (A/RES/61/266). (En árabe, chinés, inglés, francés, ruso e español)
  2. yearofplanetearth.org
  3. "www.interculturaldialogue2008.eu". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008.
  4. "International Year of Sanitation 2008". esa.un.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008.
  5. "Slovenian EU presidency". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2007. Consultado o 16 de maio de 2007.
  6. [1]
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2008. Consultado o 01 de xaneiro de 2008.
  8. An Asteroid Hurtles Towards Mars
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2009. Consultado o 01 de xaneiro de 2008.
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008.
  11. "The Strongest de Bolivia, el ´Tigre´, celebra su centenario". La Opinion A Coruña (en castelán). 15 de abril de 2008. Consultado o 6 de xuño de 2019.
  12. [2]
  13. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008.
  14. "Windows Service Pack Road Map". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2008.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
2004

2004 foi ano santo xacobeo.

American Film Institute

O American Film Institute (AFI) é unha entidade cinematográfica estadounidense independente sen ánimo de lucro, cuxo fin é educar cineastas e rendir homenaxe ó patrimonio das artes cinematográficas nos Estados Unidos. Foi creado polo National Endowment for the Arts, o cal foi establecido en 1967 cando o presidente dos Estados Unidos Lyndon B. Johnson firmou un tratado coñecido como National Foundation on the Arts and the Humanities Act.É coñecida mundialmente por dous motivos principais: as listas que dende 1998 publican cada ano sobre o mellor do cine, e os premios honoríficos que concede aos personaxes máis destacados do mundo do cine estadounidense. En 2008 publicou o AFI's 10 Top 10, os 10 mellores filmes norteamericanos en dez xéneros diferentes.

A organización tamén preserva filmes antigos, en especial aqueles en risco de degradación do soporte fotográfico utilizado para a filmación e proxección do filme.

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Belesar, Vilalba

San Martiño de Belesar é unha parroquia do concello de Vilalba, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 398 habitantes (196 mulleres e 202 homes), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 484 habitantes.

Berlín

Berlín (en alemán: Berlin, [bɛɐ̯ˈliːn] (AFI), escoitar) é a capital e un dos dezaseis estados de Alemaña. Cunha poboación de 3,4 millóns nos límites do concello, Berlín é a meirande cidade do país xermano. Constitúe a segunda maior cidade da UE e a novena maior área metropolitana. Berlín atópase no nordeste do país, e constitúe o centro da área metropolitana Berlín-Brandeburgo, fogar de máis de 5 millóns de persoas de máis de 190 nacionalidades.Documentada por primeira vez no século XIII, ao longo da súa historia Berlín foi capital do Reino de Prusia (1701-1918), o Imperio alemán (1871-1918), a República de Weimar (1919-1933) e do Terceiro Reich (1933-1945). Trala segunda guerra mundial, a cidade foi dividida; o Berlín do leste converteuse na capital da República Democrática Alemá mentres o Berlín do oeste converteuse na capital da Alemaña occidental, estando a cidade separada polo Muro de Berlín entre 1961-1989. Trala Reunificación alemá en 1990, a cidade recuperou o seu status como capital de toda Alemaña.

Box Office Mojo

Box Office Mojo é unha páxina web que achega información sobre filmes. A web comezou a funcionar en agosto de 1998 e conta cunha media de máis dun millón de visitantes ao mes. A información que proporciona actualízase constantemente; entre estes datos atópanse os referentes ás recadacións dos filmes. En xullo de 2008, Amazon.com mercou o sitio a través do seu filial da Internet Movie Database.

Carballido, Vilalba

Santa María de Carballido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 300 habitantes (144 mulleres e 156 homes), distribuídos en 26 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 368 habitantes.

Codesido, Vilalba

San Martiño de Codesido é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). Segundo o IGE en 2008 tiña 339 habitantes (162 mulleres e 177 homes), distribuídos en 34 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 378 habitantes.

Goiriz, Vilalba

Santiago de Goiriz é unha parroquia do concello de Vilalba, na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2008 tiña 758 habitantes (387 mulleres e 371 homes), distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1991 cando tiña 857 habitantes.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

India

A India (en hindi: Bharat), oficialmente a República da India (Bharat Ganrajya), é un estado situado en Asia Meridional. É o sétimo país do mundo en superficie, o segundo máis poboado e a democracia máis poboada do mundo con máis de 1,2 miles de millóns de habitantes. Rodeado polo océano Índico ao sur, o mar de Arabia ao suroeste e a baía de Bengala ao sueste, a India conta cunha costa de 7 517 km de extensión. Comparte fronteiras con Paquistán ao oeste; a China, o Nepal e Bután ao nordés; e Myanmar e Bangladesh ao leste. O Goberno da India tamén considera que comparte fronteiras con Afganistán, xa que considera toda Caxemira como parte do seu territorio, porén existe controversia ao respecto e a propia parte da fronteira afgá está controlada polo Estado de Paquistán. No océano Índico, a India atópase nas proximidades de Sri Lanka e as Maldivas, ademais as Illas Andaman e Nicobar comparten fronteira marítima con Tailandia e Indonesia. A súa capital é a cidade de Nova Deli.

Orixe da civilización do Val do Indo e rexión de históricas rutas comerciais e vastos imperios, o subcontinente indio foi sempre identificado pola súa riqueza comercial e cultural ó longo da súa extensa historia.

Nos seguintes milenios, comezaron a compoñerse as escrituras máis antigas asociadas ó hinduísmo. A estratificación social, baseada en castas, naceu no primeiro mileino BCE, e desenvolvéronse o budismo e o xainismo. As primeiras consolidacións políticas producíronse baixo os imperios Maurya e Gupta, os posteriores Reinos medios da India influíron culturas tan afastadas como as do Sueste asiático. Catro relixións de carácter global naceron neste territorio: o hinduísmo, o budismo, o xainismo e o sikhismo, ademais no primeiro milenio (EC) chegaron o xudaísmo, o zoroastrismo, o cristianismo e o islam, o que contribuíu á formación da diversa cultura da rexión. Gran parte do norte do país caeu baixo o Sultanato de Deli, e o sur uniuse baixo o Imperio Vijayanagara. A economía expandiuse no século XVII no Imperio mogol. Na metade do século XVIII, o subcontinente caeu baixo o goberno da Compañía Británica das Indias Orientais, e logo, a mediados do século XIX, directamente administrada polo Reino Unido. A finais do século XIX naceu un movemento nacionalista, que posteriormente, con Mahatma Gandhi, fíxose famoso pola súa resistencia non violenta e levou á independencia da India en 1947.

En 2016, unha enquisa en World Tourism rankings realizada pola World Tourism Organization das Nacións Unidas indicou que a nación é visitada, aproximadamente, por 14.6 millóns de turistas cada ano (2016), facendo que sexa o 8º país máis visitado en Asia-Pacífico.

En 2017, a economía india foi a sexta máis grande do mundo por PIB nominal e a terceira maior por paridade de poder adquisitivo. A raíz das reformas económicas baseadas na economía de mercado en 1991, a India converteuse nunha das grandes economías de máis rápido crecemento, sendo considerado un país recentemente industrializado. Porén, segue a facer fronte aos desafíos da pobreza, a corrupción, a malnutrición, a desaxeitada sanidade pública e o terrorismo. A nivel militar, é un Estado posuidor de armas nucleares e está considerado unha potencia rexional, tendo ademais o segundo exercito con máis tropas do mundo e sendo o quinto en gasto militar. A nivel político é unha república constitucional federal gobernada baixo un sistema parlamentario consistente en 28 estados e 7 territorios da unión. A India é amplamente recoñecida pola súa desenvolvida industria do cine, a súa rica cociña e a exuberante vida salvaxe e vexetación. É unha sociedade plural, plurilingüística e multi-étnica. É, ademais, fogar dunha gran diversidade de vida silvestre e espazos naturais protexidos.

International Music Score Library Project

A International Music Score Library Project (en galego Proxecto de Biblioteca Internacional de Partituras Musicais) ou IMSLP, tamén coñecido coma Petrucci Music Library (Biblioteca Musical Petrucci) en honor ao editor italiano Ottaviano Petrucci, é un proxecto para a creación dunha biblioteca virtual de partituras de dominio público empregando a tecnoloxía wiki, así como incluír traballos de novos compositores que desexen compartir as súas creacións musicais de xeito libre e gratuíto, é dicir, a partir de licenzas de Creative Commons ou cedendo os seus dereitos de autoría. Dende a súa creación, o 16 de febreiro de 2006, foron subidos en torno a 220.000 partituras e 21.000 gravacións de arredor de 61.000 composicións de arredor de 7.800 compositores. O proxecto emprega software MediaWiki para prover aos usuarios dunha interface familiar. Dende o 6 de xuño de 2010, IMSLP inclúe gravacións.

Library of Congress Control Number

O Library of Congress Control Number (LCCN) é un sistema baseado en números de serie para numerar os rexistros de catálogo da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos. Este sistema de numeración están en uso dende 1898. Non ten relación algunha cos contidos dos libros e non debe confundirse coa Library of Congress Classification (LCC).

Oleiros, Vilalba

San Mamede de Oleiros é unha parroquia do concello de Vilalba (Lugo). En 2008 contaba cuns 450 habitantes repartidos en 31 entidades de poboación.

Partido Popular

O Partido Popular (PP) é un partido político conservador español situado no centro dereita ou a dereita política. Foi fundado en 1989, cando adoptou a súa denominación actual, que substituíu á de Alianza Popular, partido fundado en 1976 por Manuel Fraga (ministro durante a época franquista).

É un dos partidos maioritarios de España. O PP ten maioría simple no Congreso dos Deputados, maioría absoluta no Senado e goberna en cinco comunidades autónomas, así como en Ceuta e Melilla. É, coas presidencias de José María Aznar e Mariano Rajoy, a segunda formación que máis anos gobernou o país desde o restablecemento da democracia, por detrás do PSOE.

Sevilla

Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima.

Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Ten 696.676 habitantes en 2014, 1.317.098 na área metropolitana, 1.813.908 en total na provincia (datos de 2005). É o principal centro artístico, cultural, financeiro, económico e social do sur de España e un dos máis importantes do sur de Europa. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica (factoría de EADS-CASA establecida no aeroporto). Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os concellos. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sectoriais (augas, residuos etcétera), non pode por tanto falarse de área metropolitana no seu sentido máis estrito.

De indubidable interese turístico, grazas a numerosos monumentos, prazas, xardíns, igrexas etcétera. Conserva o meirande casco histórico-artístico de Europa. De entre os seus monumentos máis famosos, a Giralda (antigo alminar da mesquita maior, hoxe campanario da Catedral) e a Torre del Oro son os dous máis coñecidos.

Dos seus barrios, Triana, La Macarena, Santa Cruz, Los Remedios, Heliópolis e Nervión son os máis famosos. A Giralda, a Catedral, o Alcázar, o Arquivo de Indias e a súa contorna foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.

A tan só 20 m sobre o nivel do mar, entre Vega e a Campiña do río Guadalquivir, e á beira deste, conforma unha aglomeración urbana que se estende cara ó Aljarafe, As Marismas, o Parque Nacional de Doñana, a Serra Norte e a Serra Sur.

WikiTree

WikiTree é unha páxina web libre e social sobre xenealoxía que deixa ós usuarios investigador e contribuír ás súas propias árbores familiares persoais, ó tempo que constrúe e colabora nunha singular árbore mundial familiar dentro do mesmo sistema. O sitio foi creado no ano 2008 por Chris Whitten, desenvolvedor da páxina WikiAnswers, e é propiedade de Interesar.com, Inc. O sitio utiliza unha linguaxe “wiki markup" (achegada polo software MediaWiki) que ofrece a usuarios principiantes e experimentados a habilidade de crear e editar perfís persoais, categorías e “páxinas espaciais” libres para documentar a historia da súa familia. O 20 de xaneiro de 2017, a páxina WikiTree tiña uns 394 000 membros rexistrados e mantén arredor de 13 millóns de perfís de devanceiros. A revista GenealogyInTime clasificou WikiTree como a 15ª páxina máis popular sobre xenealoxía en xaneiro de 2016.

Wikipedia

Para ver unha introdución non enciclopédica para os visitantes do que é a Wikipedia, véxase Wikipedia:Acerca de.

A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia de contido libre, multilingüe e de contido aberto operativo grazas á organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia. O seu nome é unha mestura das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas) e enciclopedia. Foi lanzada o 15 de xaneiro do ano 2001 por Jimmy Wales e Larry Sanger, e o seu obxectivo é recadar a suma de todo o coñecemento humano no maior número de linguas. En 2015 recibiu o Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional e o Premio Erasmus.

World Register of Marine Species

O World Register of Marine Species (WoRMS, en galego Rexistro Mundial de Especies Mariñas) é unha base de datos que inclúe unha exhaustiva lista de nomes de organismos mariños. O contido do rexistro é editado e mantido por científicos especialistas en cada grupo de organismos. Estes taxonomistas controlan a calidade da información, que é reunida desde varias bases de datos rexionais ou específicas por taxon. WoRMS mostra os nomes válidos de tódolos organismos mariños coñecidos, pero tamén contén información sobre sinónimos e nomes incorrectos.

WoRMS foi fundada en 2008, recibindo fondos principalmente da Unión Europea. Manter ao día a base de datos é unha tarefa inxente, non só pola cantidade de información, senón porque constantemente novas especies son descubertas e descritas. Para o ano 2010 esperábase ter a base de datos completamente actualizada.En novembro do 2011, WoRMS tiña 212.633 especies mariñas válidas, das cales 191.155 estaban revisadas. O seu obxectivo é conseguir os datos das 240.000 especies mariñas estimadas no mundo.

XVIII
 
XIX
 
XX
 
Século XXI
 
XXII
 
XXIII
 
XXIV
Década de 2100
Década de 2090
Década de 2080
Década de 2070
Década de 2060
Década de 2050
Década de 2040
Década de 2030
Década de 2020
Década de 2010
Década de 2000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.