1 de xullo

O 1 de xullo é o 182º día do ano do calendario gregoriano e o 183º nos anos bisestos. Quedan 183 días para finalizar o ano.

<< Xullo >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Salgueiro Maia1
Salgueiro Maia.

Mortes

Basov
Nikolai Basov.

Festas e celebracións

  • Día do Canadá
  • Día Mundial das Axudas á Navegación Marítima [1]

Outros

  • Santoral:

Os 366 días do ano

1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

1961

Este ano é declarado o Ano Mundial da Semente pola ONU.

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

1976

1976 foi Ano Santo Xacobeo.

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

Asociación de Transporte Aéreo Internacional

A Asociación de Transporte Aéreo Internacional, (en inglés International Air Transport Association ou IATA) é un grupo comercial internacional de aeroliñas que ten como misión representar, dirixir e servir ás compañías deste sector. Fundouse na Habana en 1945 e ten a súa sede en Montreal, ao igual que a Organización de Aviación Civil Internacional. As oficinas executivas atópanse no aeroporto de Xenebra.

A IATA representa a unhas 243 aeroliñas, que supoñen o 93% do tráfico aéreo internacional. O seu director xeral e conselleiro delegado é Tony Tyler dende o 1 de xullo de 2011. Actualmente a IATA está presente en 150 países, cubertos por 101 oficinas espalladas por todo o mundo.

CITES

O Convenio CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres) é un acordo internacional concertado entre os gobernos para asegurar que o comercio internacional de espécimes de animais e plantas salvaxes non ameace a súa supervivencia no seu medio natural. Foi asinado en Washington o 3 de marzo de 1973 por 21 países e entrou en vigor o 1 de xullo de 1975. Actualmente están adheridos 172 países, denominados Partes. A adhesión de España ao Convenio CITES efectuouse mediante o Instrumento de ratificación de 16 de maio de 1986.

Hoxe en día, o CITES ofrece diversos graos de protección a máis de 33.000 especies de animais e plantas.

Canadá

O Canadá (en inglés e francés: Canada) é un país que ocupa a metade norte da América do Norte. Limita cos Estados Unidos de América, localizado ao sur do país (Estados Unidos continentais) e ao noroeste (estado norteamericano de Alasca). Ao norte localízase o océano Ártico, ao oeste, o océano Pacífico, e ao leste, o océano Atlántico.

O Canadá é o segundo maior país do mundo, por extensión territorial.

O Canadá é unha federación, unha democracia parlamentaria, constituída por 10 provincias e 3 territorios. O país forma parte da Commonwealth de Nacións e a xefa de estado do país é a raíña Isabel II de Inglaterra, que está representada no Canadá por un gobernador xeral. O xefe do goberno é o primeiro ministro, posto ocupado actualmente por Justin Trudeau. A capital do país é Otava.

O país obtivo súa independencia en 1 de xullo de 1867, do Reino Unido. Esta, porén, continuou a ter o control do Ministerio do Exterior do Canadá. O Canadá obtivo independencia total en 1931, segundo os termos do Estatuto de Westminster.

O Canadá é un dos países máis multiculturais do mundo. Tendo sido colonizada por franceses e ingleses, cerca dun terzo da poboación do Canadá posúe ascendencia inglesa, escocesa ou irlandesa; e un cuarto da poboación do país posúe algún grao de ascendencia francesa. Os tres maiores grupos minoritarios do país son italianos, alemáns e chineses.

Os Estados Unidos son o maior parceiro económico do Canadá. Por causa da súa grande poboación e do seu maior poder económico e influencia cultural, os Estados Unidos dominan gran parte da economía e da cultura do Canadá - aínda que moitos canadenses loitan para que eles sexan os principais responsables do control da economía do seu país, e para manter a cultura canadense viva e en pé, que desde o comezo do século XX viuse asociada á cultura norteamericana.

Croacia

Croacia ( pronunciación ) (en croata: Hrvatska [xř̩ʋaːtskaː] ), oficialmente República de Croacia ( pronunciación ) (en croata: Republika Hrvatska ( pronunciación )), é un país de Europa central, rodeado pola chaira Panónica, os Balcáns e o mar Mediterráneo. A súa capital e cidade máis grande é Zagreb. Comparte fronteiras con Eslovenia e Hungría ao norte, Bosnia e Hercegovina ao sueste e Serbia e Montenegro ao leste.

Antigo membro da República Federal Socialista de Iugoslavia, o 25 de xuño de 1991 Croacia declarou a súa independencia converténdose nun Estado soberano. O 1 de xullo de 2013 Croacia entrou na Unión Europea. Ademais é membro das Nacións Unidas, o Consello de Europa, a OTAN, a Organización Mundial do Comercio e membro non permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas durante o período 2008 e 2009. Croacia está clasificada como unha economía emerxente e en desenvolvemento polo Fondo Monetario Internacional e país de alta renda polo Banco Mundial.

Deportivo da Coruña

O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña. Na tempada 2019-2020 xoga na segunda división, logo de descender na tempada 2017-18. Con todo, xogou 25 das últimas 29 tempadas en primeira división, 20 delas consecutivas (1991-2011) e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas Copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais. En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.Logo de 46 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española, sendo o segundo equipo galego neste ránking. A finais de 2003 o club tiña 287 agrupacións de afeccionados, pero na tempada 2011–12 en segunda división esa cifra de agrupacións baixou a 156.Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.

Lista de países por poboación

A continuación amósase unha lista de países e terrritorios dependentes por poboación, cuxa inclusión na lista está baseada no estándar ISO 3166-1. Non se reflicten as diferenzas de poboación nos países que non contan nos seus censos aos habitantes que non posúen a nacionalidade. Algúns países como Tailandia non reportan a poboación total, xa que contan exclusivamente os cidadáns nacionalizados.

Nesta lista inclúense os estados soberanos, os terrritorios dependentes e, nalgúns casos as nacións constituíntes de estados soberanos. Por exemplo, o Reino Unido considérase como un estado soberano cunha entidade única na lista, mentres que os estados soberanos do Reino dos Países Baixos atópanse separados.

Tamén se dá a porcentaxe da poboación en comparanza coa poboación mundial, que a Oficina do Censo dos Estados Unidos estima en 7.230 millóns de persoas. De acordo coa estimación realizada polas Nacións Unidas, a poboación mundial excedeu os 7 mil millóns en outubro de 2011.

Nikolai Basov

Nikolai Gennadievich Basov (en ruso: Николай Геннадиевич Басов), nado o 14 de decembro de 1922 e finado o 1 de xullo de 2001, foi un físico ruso. Premio Nobel de Física de 1964.

Real Sporting de Gijón

O Real Sporting de Gijón é un centenario e histórico club de fútbol profesional español da cidade de Xixón, en Asturias. Foi fundado o 1 de xullo de 1905 e xoga na Segunda División Española. Disputa os seus partidos como local no estadio El Molinón, o máis antigo do fútbol español, organiza desde 1962 o Trofeo Vila de Xixón (ata 1992, trofeo Costa Verde) e conta con algo máis de 20.000 abonados e 242 penas.Os seus máximos logros na categoría foron o subcampionato de Liga en 1979, así como dous subcampionatos de Copa do Rei en 1981 e 1982, e seis participacións na Copa da UEFA, actual UEFA Europa League.

Con 42 tempadas en Primeira División, é o equipo asturiano que máis tempadas disputou na máxima categoría. Ocupa a 15º na clasificación histórica da Primeira División e a 2ª na de Segunda. Ademais, é un dos nove equipos españois que nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.