1 de setembro

O 1 de setembro é o 244º día do ano do calendario gregoriano e o 245º nos anos bisestos. Quedan 121 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Amedeo Modigliani 035
Blaise Cendrars.

Mortes

Jacques Cartier 1851-1852
Jacques Cartier.

Festas e celebracións

Outros

  • Santoral: Santo Arturo.

Os 366 días do ano

.fi

.fi é o dominio de primeiro nivel xeográfico (ccTLD) para Finlandia. Está operado pola Autoridade Regulatoria de Comunicación de Finalndia (FICORA).

O 4 de decembro de 1986, o Grupo Finlandés de Usuarios de Unix fixo unha solicitude de rexistro de dominio de primeiro nivel xeográfico para Finlandia, desde Tampere. A solicitude foi aceptada e a administración do .fi concedéuselle inicialmente á Universidade de Tecnoloxía de Tampere, aínda que máis tarde se lle transferiu primeiramente ao FICIX (Comunicación e Intercambio en Internet de Finlandia) e máis tarde á FICORA.

No pasado, FICORA regulou os dominios.fi dun xeito moi estrito. Os nomes de dominio só se admitían para nomes de compañías ou empresas que dispuxesen de marcas comerciais rexistradas. Esta política levou moitas empresas finlandesas a solicitar outros dominios de nivel superior diferentes. O criterio cambiou o 1 de setembro de 2003. Desde esa data, permíteselle rexistrar nomes baixo este dominio a calquera empresa.Desde o 1de setembro de 2005, os dominios .fi poden conter os caracteres escandinavos (ä, å, ö), aínda que o seu uso non se recomenda como dominio primario. Desde o 1 de marzo de 2006, Tamén os particulares poden acceder a este dominio. Porén, seguen vixentes algunhas restricións, como a de que os nomes de empresas e de marcas só poden ser solicitados polos seus respectivos titulares, para evitar a fraude.

FICORA comezou a apoiar a seguridade do sistema de nomes de dominio (DNSSEC) no dominio .fi a finais de 2010.

Francis William Aston

Francis William Aston, nado en Harborne (Birmingham) o 1 de setembro de 1877 e finado en Cambridge o 20 de novembro de 1945, foi un químico inglés. En 1922 gañou o Premio Nobel de Química por determinar o peso atómico de todos os elementos da táboa periódica.

Hadrián IV, papa

Hadrián IV (de nome de bautizo Nicolau Breakspeare), nado en St Albans en 1100 e finado en Anagni o 1 de setembro de 1159, foi Papa da Igrexa católica romana do 1154 ao 1159.

Javier Solís

Gabriel Siria Levario, coñecido artisticamente como Javier Solís, nado en Nogueiras, estado de Sonora, o 1 de setembro de 1931 e finado o 19 de abril de 1966, foi un cantante e actor mexicano, denominado ás veces o «Rei do Bolero Ranchero».

Roy J. Glauber

Roy Jay Glauber, nado en Nova York o 1 de setembro de 1925 e morto o 26 de decembro de 2018 en Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América, foi profesor de física da Universidade Harvard. Foi galardoado xunto con John L. Hall e Theodor W. Hänsch co Premio Nobel de Física do ano 2005 pola súa contribución á teoría cuántica de coherencia óptica.

Xosé Ramón Vázquez Sandes

Xosé Ramón Vázquez Sandes, nado en Santa María de Neda o 1 de setembro de 1929 e finado o 7 de outubro de 2016, foi un xuíz galego e Valedor do Pobo entre 2002 e 2007.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.