1 de outubro

O 1 de outubro é o 274º día do ano do calendario gregoriano (275ºnos anos bisestos). Quedan 91 días para finalizar o ano.

<< Outubro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Busto Vicente Risco, A Coruña
Vicente Risco

Mortes

Pierre Corneille 2
Pierre Corneille

Festas e celebracións

  • Día Internacional das Persoas de Idade.[1]
  • Día da Independencia, en Nixeria.

Notas

  1. Organización das Nacións Unidas. Asemblea Xeral. (14 de decembro de 1990). "A/RES/45/106. Implementation of the International Plan of Action on Aging and related activities". www.un.org (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2018.

Outros

Os 366 días do ano

1926

1926 foi Ano Santo Xacobeo.

1943

1943 foi Ano Santo Xacobeo.

1999

1999 foi Ano Santo Xacobeo.

2004

2004 foi ano santo xacobeo.

2018

2018 (MMXVIII) é un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.

Aaron Ciechanover

Aaron Ciechanover (en hebreo: אהרון צ'חנובר), nado o 1 de outubro de 1947 en Haifa (Israel), é un biólogo israelí galardoado co Premio Nobel de Química do ano 2004.

Bonifacio IX, papa

Bonifacio IX, nado co nome de Pietro Tomacelli en Nápoles cara a 1356 e finado en Roma o 1 de outubro de 1404, foi un nobre napolitano e Papa nº 203 da Igrexa católica, entre 1389 e o seu falecemento. Foi o segundo Papa do Cisma de Occidente.

Carlos García Bayón

Carlos García Bayón, nado en Caldas de Reis o 1 de outubro de 1914 e finado en Xuño (Porto do Son) o 20 de xullo de 2003, foi un mestre, escritor e xornalista galego.

Dialnet

Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidad de La Rioja e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.

No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.

Julio Jaramillo

Julio Alfredo Jaramillo Laurido, nado en Guayaquil, Ecuador, o 1 de outubro de 1935 e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 1978, foi un sobranceiro intérprete musical latinoamericano, con especial relevancia dentro do xénero denominado bolero. Estímase que gravou ao redor de 3.500 pezas musicais ao longo da súa vasta carreira.

MTV

Music Television, máis coñecida polo seu acrónimo MTV, é unha cadea estadounidense de televisión orixinalmente establecida no ano 1981 por Warner-Amex Satellite Entertainment, pasando posteriormente a formar parte de Viacom no ano 1985 .

Iniciou a súa transmisión o 1 de agosto de 1981 cun vídeo do grupo inglés Buggles, Video Killed the Radio Star seguido do video de Pat Benatar "You Better Run" .

MTV cambiou moito desde os seus primeiros días de programación. Na actualidade conta con máis de 71 600 000 suscriptores en Estados Unidos e chega a 301,2 millóns de suscriptores en 82 países, ten 9.105 afiliadas e emite as 24 horas do día.

A súa expansión internacional inclúe a MTV UK e USA, MTV Europa (1 de agosto de 1987), MTV Brasil (20 de outubro de 1990), MTV Xapón (24 de decembro de 1992), MTV China (21 de abril de 1995), MTV Asia (5 de maio de 1995) e MTV Latinoamérica (1 de outubro de 1993).

A cadea organiza varias entregas de premios musicais, coma os MTV Video Music Awards e os MTV Europe Music Awards.

Manuel Colmeiro Guimarás

Manuel Colmeiro Guimarás, nado en Chapa (Silleda) o 7 de agosto de 1901 e finado en Salvaterra de Miño o 1 de outubro de 1999, foi un pintor galego.

República Popular da China

A China (en chinés: 中国; pinyin: Zhōngguó), oficialmente a República Popular da China (en chinés: 中华人民共和国; pinyin: Zhōnghuá rénmín gònghéguó), é un estado situado en Asia oriental. Trátase do país máis poboado do mundo, xa que conta cunha poboación que supera os 1.300 millóns de habitantes. A República Popular é un Estado unipartidista gobernado polo Partido Comunista da China, estando a súa sede goberno na cidade de Pequín. Esta, exerce xurisdición sobre vinte e dúas provincias, cinco rexións autónomas, catro municipalidades directamente controladas (Pequín, Tianjin, Shanghai e Chongqing) e dúas rexións administrativas especiais practicamente autónomas, Hong Kong e Macau. A República Popular da China reclama Taiwán como a súa provincia número viente e tres, aínda que na práctica a illa é independente, xa que se atopa administrada polo réxime da República da China dende a fin da guerra civil de 1949.

Cunha superficie aproximada de 9,6 millóns de quilómetros cadrados, a China é o segundo país máis grande en relación á súa superficie terrestre e o terceiro ou cuarto máis grande pola súa superficie total. A paisaxe da China é vasta e diversa. Os áridos norte e noroeste, nas proximidades de Mongolia e Asia Central, están ocupados por estepas forestais e os desertos do Gobi e Taklamakan. O sur, lindando coa rexión do Sueste asiático, é máis húmido e está ocupado por bosques subtropicais. A zona máis occidental é accidentada e moi elevada, coas cordilleiras do Himalaias, Karakoram, Pamir e Tian Shan facendo de fronteira natural entre a China e Asia Central e do Sur. A nivel fluvial destacan os ríos Yangtzé e Amarelo, o terceiro e o sexto máis longos do mundo. Ambos nacen na meseta do Tíbet, e flúen cara á densamente poboada costa leste. A liña costeira da China ao longo do Océano Pacífico é de 14.500 quilómetros e está limitada polos mares de Bohai, Amarelo, Oriental e o Meridional.

A antiga civilización chinesa, unha das máis antigas do mundo, floreceu na fértil conca do río Amarelo. Durante miles de anos o seu sistema político baseouse en monarquías hereditarias, coñecidas como dinastías, sendo a primeira a semimitolóxica dinastía Xia (aprox. 2.000 a.C.). Dende o ano 221 a.C., cando a dinastía Qin conquistou varios estados para formar un grande Imperio chinés, o país expandiuse, fracturouse e reformouse en varias ocasións. A última dinastía foi derrocada no ano 1911 coa chegada da República da China. En 1945, a República conquistou Taiwán ao Imperio do Xapón trala fin da Segunda Guerra Mundial. Nos anos 1946 a 1949 o Partido Comunista derrotou ao nacionalista Kuomintang na China continental e estableceu en Pequín a República Popular da China o 1 de outubro de 1949, mentres que o Kuomintang trasladou o goberno da República da China a Taipei. A xurisdición da República da China limítase agora a Taiwán e varias illas próximas, incluíndo Penghu, Kinmen e Matsu.

A lingua chinesa é a lingua máis falada no mundo: arredor dun quinto da poboación mundial fala algunha forma de chinés como lingua nai. A lingua chinesa, na forma de chinés mandarín, é a lingua oficial da República Popular da China, así como de Taiwan. É ademais unha das linguas oficiais de Singapur e mais unha das seis linguas oficiais das Nacións Unidas.

A China ten fronteiras con 14 países: Afganistán, Bután, Myanmar, India, Casaquistán, Quirguisia, Laos, Mongolia, Nepal, Corea do Norte, Paquistán, Rusia, Taxiquistán e Vietnam. As cidades máis importantes son Pequín, Shanghai, e Hong Kong. Desde a súa fundación en 1949, a RPCh está gobernada polo Partido Comunista Chinés. Aínda que oficialmente segue a ser un estado comunista, a súa economía vén sendo liberalizada desde hai tres décadas.

Xogos Olímpicos de 2000

Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.

Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.