19 de decembro

O 19 de decembro é o 353º día do ano do calendario gregoriano e o 354º nos anos bisestos. Quedan 12 días para finalizar o ano.

<< Decembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 1808 - Remata a ocupación británica en Macau, que fora iniciada o 21 de setembro deste mesmo ano.
  • 1944 - Publícase por primeira vez o xornal Le Monde en Francia.
  • 1946 - Ten lugar a Batalla de Cambedo entre forzas hispano-lusas e guerrilleiros antifranquistas.
  • 1946 - Ho Chi Minh comanda o ataque ás forzas francesas no Vietnam.
  • 1963 - Zanzíbar obtén a súa independencia como monarquía constitucional, aínda que o 26 de abril de 1964, logo do derrocamento do sultán, uníuse con Tanganika para formar o novo estado de Tanzania.
  • 1972 - O Apollo 17 regresa á Terra. A súa cápsula caeu ó Pacífico ás 2:25 PM, non moi lonxe de Samoa, a 6,4 quilómetros do punto previsto.
  • 1997 - A CRTVG recibe o Premio Galicia de Comunicación polo labor de difusión da imaxe de Galicia no mundo a través da súa páxina web.
  • 2012 - A sesión do Claustro da USC suspéndese ante a irrupción de estudantes no mesmo en protesta pola mala xestión dos recortes por parte do reitorado.

Nacementos

JeanGenet-HansKoechler1983-cropped
Jean Genet.

Mortes

Emily Brontë cropped
Emily Brontë.

Festas e celebracións

  • Día das Nacións Unidas para a Cooperación Sur-Sur.

Outros

Os 366 días do ano

1915

1915 foi Ano Santo Xacobeo.

Albert Abraham Michelson

Albert Abraham Michelson, nado en Strzelno o 19 de decembro de 1852 e falecido en Pasadena (California, nos Estados Unidos) o 9 de maio de 1931, foi un físico pruso, coñecido polos seus traballos acerca da velocidade da luz. Recibiu o Premio Nobel de Física en 1907.

Eleccións municipais en Santiago de Compostela

Corporacións democráticas en Santiago de Compostela desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Antonio Souto Paz — UCD. Renuncia, sendo substituído por Marcial Castro Guerra o 7 de setembro de 1981.Modelo:Santiago de Compostela 1979

1983 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Tras unha moción de censura o 5 de maio de 1986 toma posesión como alcalde Ernesto Viéitez Cortizo de Alianza Popular (AP).Modelo:Santiago de Compostela 1983

1987 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Xerardo Estévez — PSdeG-PSOE. Renuncia, sendo substituído por Xosé Antonio Sánchez Bugallo o 19 de decembro de 1998.

1999 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2003 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2007 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Xerardo Conde Roa — PPdeG. Dimite en abril de 2012 trala súa imputación por fraude fiscal, sendo substituído polo seu compañeiro de partido Ángel Currás Fernández. O 9 de xuño de 2014, dimite Currás trala inhabilitación de sete dos seus concelleiros condeados por prevaricación, xunto coa súa imputación e a doutros dous concelleiros na Operación Pokemon. O seu substituto foi o ex-conselleiro Agustín Hernández, que fora na lista do PP ao concello no último posto.

2015 Alcalde: Martiño Noriega — Compostela AbertaCandidatos: Martiño Noriega Sánchez (Compostela Aberta), Agustín Hernández Fernández de Rojas (PP), Francisco Reyes Santiás (PSdeG-PSOE), Rubén Cela Díaz (BNG), Javier Sánchez-Agustino Mariño (C's), Xosé Antón López Fernández (CxG-CCTT), Cristina Bandín Potel (SAIn) e Antonio Asorey Cacheda (Converxencia 21).

2019 Alcalde: Xosé Antonio Sánchez Bugallo — PSdeG-PSOE

Eric Allin Cornell

Eric Allin Cornell, nado o 19 de decembro de 1961 en Palo Alto (California), é un físico que, xunto con Carl E. Wieman, sintetizaron o primeiro condensado de Bose-Einstein en 1995. Por este avance, Cornell, Wieman, e Wolfgang Ketterle compartiron o Premio Nobel de Física en 2001.

Herbert C. Brown

Herbert Charles Brown, nado o 22 de maio de 1912 en Londres (Inglaterra) e finado o 19 de decembro de 2004 en Lafayette (Indiana, EUA), foi un químico e profesor estadounidense, de orixe británica, galardoado co Premio Nobel de Química o ano 1979.

Robert Andrews Millikan

Robert Andrews Millikan, nado en Morrison, Illinois o 22 de marzo de 1868 e finado en San Marino, California o 19 de decembro de 1953, foi un físico estadounidense que gañou o Premio Nobel de Física en 1923 primordialmente polo seu traballo para determinar o valor da carga do electrón e o efecto fotoeléctrico. Tamén investigou os raios cósmicos

Urbano V, papa

Urbano V, nado co nome de Guillaume de Grimoard en Grisac en 1310 e finado en Avignon o 19 de decembro de 1370, foi un relixioso francés, Papa n.º 200 da Igrexa católica de 1362 a 1370, e sexto Papa do pontificado de Avignon.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.