19 de agosto

O 19 de agosto é o 231º día do ano do calendario gregoriano e o 232º nos anos bisestos. Quedan 134 días para finalizar o ano.

<< Agosto >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 1487 - Málaga é reconquistada ós musulmáns.
  • 1612 - en Lancashire (Inglaterra), tres mulleres (as bruxas de Samlesbury) son levadas a un tribunal acusadas de bruxería por unha rapariga de 14 anos.
  • 1839 - As autoridades francesas anuncian publicamente a patente do daguerrotipo, precursor da fotografía moderna.
  • 1945 - O Viet Minh, comandado por Ho Chi Minh chega ó poder en Vietnam.

Nacementos

Maria de Medeiros Cannes
Maria de Medeiros

Mortes

Ánxel Casal Gosenxe
Ánxel Casal
Groucho Marx
Groucho Marx

Outros

  • Santoral: San Mariano.

Os 366 días do ano

Bill Clinton

William Jefferson Clinton, máis coñecido como Bill Clinton, nado en Hope (Arcansas) o 19 de agosto de 1946, é un político demócrata estadounidense. Foi presidente dos Estados Unidos de 1993 a 2001.

Nico Hülkenberg

Nicolas "Nico" Hülkenberg, nado en Emmerich o 19 de agosto de 1987, é un piloto alemán de Fórmula 1. O 3 de decembro de 2013, confirmouse que Hulkenburg volverá a Force India para 2014.

Octavio Augusto

Gaius Iulius Caesar Octavianus Augustus, chamado tamén César Augusto e Octavio Augusto, nado en Veletri o 23 de setembro do 63 a. C. e falecido o 19 de agosto de 14 , foi o primeiro emperador romano. Era sobriño-neto de Xulio César. Tras a morte deste no 44 a. C. , empezou a loita contra o que fora o seu lugartenente, Marco Antonio; para isto contou co apoio de Cicerón e dos republicanos do Senado de Roma, que esperaban dividir os cesaristas enfrontándoos entre si. Casado con Livia, nai do seu sucesor (Tiberio), foi o iniciador da dinastía Xulia Claudia. Foi o primeiro en ser recoñecido como deus inmortal. Houbo rumores, non confirmados, de que morreu envelenado pola súa muller Livia.

Rotten Tomatoes

Rotten Tomatoes (en galego, Tomates podres) é unha páxina web dedicada a achegar información, críticas e noticias sobre filmes. O nome deriva do costume de lanzar tomates e outras verduras aos actores que facían malas actuacións.

O sitio foi lanzado o 19 de agosto de 1999 por Senh Duong. Desde 2010, o editor executivo da páxina web é Matt Atchity.

Virís, Begonte

Santa Helena de Virís é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 94 habitantes (47 homes e 47 mulleres), o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 87 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 75 habitantes, sendo 34 homes e 41 mulleres.

As festas patronais son o 18 e 19 de agosto.

Willard Boyle

Willard Sterling Boyle, nado en Amherst (Canadá), o 19 de agosto de 1924 e finado o 7 de maio de 2011 en Wallace, Nova Escocia (Canadá), foi un físico canadense.

Ánxel Casal

Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.