1984

1984
Calendario gregoriano1984
MCMLXXXIV
Ab urbe condita2737
Calendario armenio1433
Calendario chinés4680 – 4681
Calendario hebreo5744 – 5745
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2039 – 2040
 ·  Shaka Samvat1906 – 1907
 ·  Kali Yuga5085 – 5086
Calendario persa1362 – 1363
Calendario musulmán1405 – 1406
Calendario rúnico2234
Década de 1980
1980 1981 1982 1983 1984 1985 1986 1987 1988

Acontecementos

11 de xullo - Aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.[1]

Nacementos

Mortes

Premios Nobel

Día das Letras Galegas dedicado a

Armando Cotarelo Valledor

Outros

Historia ano a ano

Notas

  1. "Texto da lei (PDF)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2009. Consultado o 06 de xullo de 2018.
1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Alfred Kastler

Alfred Kastler, nado en Guebwiller (Francia) en 1902 e finado en Bandol en 1984, foi un físico e profesor universitario francés galardoado co Premio Nobel de Física no ano 1966.

GeoNames

GeoNames é unha base de datos xeográfica libre e accesible a través de Internet baixo unha licenza Creative Commons Atribución 3.0.

Martin Ryle

Martin Ryle, nado en Brighton en 1918 e finado en Cambridge en 1984, foi un astrónomo británico galardoado co Premio Nobel de Física en 1974 xunto con Antony Hewish, converténdose nos primeiros astrónomos en conseguilo, polos seus traballos sobre radioastronomía e os púlsares.

Petr Kapitsa

Petr Leonidovich Kapitsa (en ruso: Пётр Леонидович Капица), nado en Kronstadt en 1894 e finado en 1984, foi un físico soviético galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1978.

Pintura

A pintura é a arte da representación gráfica utilizando pigmentos mesturados con outras substancias aglutinantes orgánicas ou sintéticas, en forma líquida a unha superficie bidimensional, co fin de coloreala, atribuíndolle matices, tons e texturas. Nesta arte empréganse técnicas de pintura, coñecementos de teoría da cor e de composición pictórica, e o debuxo. Nun sentido máis específico, a práctica da arte de pintar, consiste en aplicar, nunha superficie determinada -unha folla de papel, un lenzo, un muro (pintura mural ou de frescos), unha madeira, un fragmento de tecido etc.- unha técnica determinada, para obter unha composición de formas, cor, texturas, debuxos etc. dando lugar a unha obra de arte segundo algúns principios estéticos.

O arquitecto e teórico do clasicismo André Félibien, no século XVII, nun prólogo das Conferencias da Academia francesa fixo unha xerarquía dos xéneros da pintura clásica: «a historia, o retrato, a paisaxe, os mares, as flores e os froitos».

A pintura é unha das expresións artísticas máis antigas e unha das sete Belas Artes, e está incluída como materia na maior parte das licenciaturas nesta disciplina. En estética ou teoría da arte modernos a pintura está considerada como unha categoría universal que comprende todas as creacións artísticas feitas sobre superficies. Unha categoría aplicable a calquera técnica ou tipo de soporte físico ou material, incluíndo os soportes ou as técnicas efémeras así como os soportes ou as técnicas dixitais.

A pintura é considerada por moitos como un dos soportes artísticos tradicionais máis importantes; moitas das obras de arte máis importantes do mundo, tales como a Mona Lisa, son pinturas.

Diferénciase do deseño polo uso dos pigmentos líquidos e do uso constante da cor, mentres aquel apropiase principalmente de materiais secos.

Século XX

século XIX < século XX > século XXI

Período que abrangue do 1901 ó 2000. Coñecido coma o século das ideoloxías.

Xogos Olímpicos de 1984

Os Xogos Olímpicos de 1984 foron realizados na cidade dos Ánxeles, EUA, entre o 28 de xullo e 12 de agosto de 1984, sen a participación dos países da Europa Oriental, liderados pola URSS, ademais de países comunistas como Cuba, Corea do Norte e Etiopía, en resposta ó boicot liderado polos norteamericanos ós Xogos de Moscova, realizados catro anos antes.

A pesar do boicot, que prexudicou o nivel técnico de varias modalidades dominadas polos europeos do leste e polos cubanos, Os Ánxeles –candidata única á realización destes Xogos, debido ó receio xeral provocado polos grandes prexuízos económicos sufridos por Montreal nos seus Xogos Olímpicos de 1976- recibiu a presenza dun número récord de atletas, 6.829 (1566 mulleres, outro récord) de 140 países e foi cuberto por máis de 9.000 xornalistas de todo mundo.

A rica e suntuosa cerimonia de apertura, oficialmente feita polo presidente Ronald Reagan, un nativo do estado de California, sede dos Xogos, ocorreu no mesmo estadio olímpico, o Memorial Colyseum completamente remodelado, onde foron realizados xa os Xogos Olímpicos de 1932 e contou coa emoción da entrada da chama olímpica cargada pola neta de Jesse Owens, o máis emblemático dos heroes olímpicos americanos e gran nome dos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín, alén da inesquecible participación do home-foguete, nunha demostración da tecnoloxía dos anfitrións.

Mais o feito máis importante destes Xogos foi o anuncio, feito polo Presidente do Comité Organizador Peter Ueberroth meses após do seu término, de que deran un beneficio de 200 millóns de dólares, alén do lucro indirecto á propia cidade, o que significaba que os Xogos Olímpicos poderían ser economicamente viables, afastando a sombra dunha extinción provocada pola imposibilidade económica que vagaba sobre eles.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.