1953

1953
Calendario gregoriano1953
MCMLIII
Ab urbe condita2706
Calendario armenio1402
Calendario chinés4649 – 4650
Calendario hebreo5713 – 5714
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat2008 – 2009
 ·  Shaka Samvat1875 – 1876
 ·  Kali Yuga5054 – 5055
Calendario persa1331 – 1332
Calendario musulmán1373 – 1374
Calendario rúnico2203
Década de 1950
1949 1950 1951 1952 1953 1954 1955 1956 1957

Acontecementos

Arte e cultura

Nacementos

Mortes

Premios Nobel

Outros

Historia ano a ano

15 de xullo

O 15 de xullo é o 196º día do ano do calendario gregoriano e o 197º nos anos bisestos. Quedan 169 días para finalizar o ano.

5 de marzo

5 de marzo é o 64º día do ano no calendario gregoriano e o 65º nos anos bisestos. Quedan 301 días para acabar o ano.

8 de decembro

O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

9 de novembro

O 9 de novembro é o 313º día do ano do calendario gregoriano e 314º nos anos bisestos. Quedan 52 días para rematar o ano.

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1953

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1953 é o cuarto campionato anual de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 9 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 8 de xaneiro, e finalizou o 13 de setembro. Foi gañado por Alberto Ascari, pilotando un Ferrari.

Corea

Corea, chamada Daehanminguk (en coreano: 대한민국) en Corea do Sur e Joseon (en coreano: 조선) en Corea do Norte, é unha entidade xeográfica e cultural dividida en dous estados, Corea do Norte e Corea do Sur. Estes dous países xurdiron despois da Guerra de Corea, entre 1950 e 1953.

Ocupa a península de Corea, limitando coa China polo norte, uns poucos quilómetros con Rusia (Siberia), e o resto co mar, polo sur co Mar da China e polo norte co Mar do Xapón. Ademais da península, Corea conta cunhas 3200 illas. A cadea montañosa de Taebaeksan corre ao longo da costa oriental, onde as grandes ondas do mar de Xapón esculpiron enormes cantís e illotes rochosos. As ladeiras do sur e do oeste presentan un relevo suave, que forma chairas e unha multitude de pequenas illas con pequenas calas. O cume máis alto é a montaña Baekdusan, en Corea do Norte, que se eleva 2744 msnm, na fronteira setentrional que linda con China.

Heike Kamerlingh Onnes

Heike Kamerlingh Onnes, nado en Groninga o 21 de setembro de 1853 e finado en Leiden o 21 de febreiro de 1926, foi un físico holandés, descubridor da supercondutividade e galardoado co Premio Nobel de Física en 1913.

Iosif Stalin

Iosif Vissarionovich Stalin (en ruso Иосиф Виссарионович Сталин; nado Ioseb Besarionis je J̌uḡašvili, en xeorxiano: იოსებ ბესარიონის ძე ჯუღაშვილი, AFI: [iɔsɛb bɛsariɔnis dze dʒuɣaʃvili]), nado en Gori (Xeorxia) o 21 de decembro de 1879 e finado en Moscova o 5 de marzo de 1953, foi un político e revolucionario marxista-leninista soviético, segundo líder da Unión Soviética.

Tamén foi coñecido coma Koba (nome dun heroe popular de Xeorxia) e empregou varios pseudónimos: David, Nijeradzé, Chijikov, Ivanóvich, ata adoptar o de Stalin que usou despois da Conferencia Bolxevique de Tammerfors (Finlandia). O nome Stalin deriva da palabra rusa stal (aceiro) co mesmo sufixo posesivo persoal -in que tamén empregara o seu predecesor Lenin.

Lista de pilotos campións do mundo de Fórmula 1

O Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 é outorgado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) ó piloto de Fórmula 1 máis exitoso da tempada, sendo este determinado por un sistema de puntuación baseado nos resultados finais de cada Gran Premio. O primeiro Campionato Mundial de pilotos foi gañado por Nino Farina en 1950, sendo Alberto Ascari o primeiro piloto en conseguir máis dun campionato, en concreto os de 1953 e de 1954.

A FIA non declara oficialmente ó campión até que a tempada estea rematada, pero dícese xa que un piloto acadou o título cando non hai outro que sexa capaz de obter máis puntos que el aínda que consiga o máximo en tódalas carreiras restantes. O Campionato de Pilotos foi gañado 29 das 69 veces que foi disputado na derradeira carreira. A vez que o Campionato foi decidido máis cedo foi en 2002, cando Michael Schumacher o gañou a falta de seis carreiras para o final da tempada.

En total 33 pilotos diferentes gañaron o Campionato, sendo o alemán Michael Schumacher o que máis acadou, con sete. Ademais, o propio Schumacher ten o récord de máis Campionatos consecutivos, con 5 dende o 2000 até o 2004. O asturiano Fernando Alonso e o único español que logrou o título (2005 e 2006). O Reino Unido produciu a maioría dos pilotos gañadores do campionato do mundo con dez; Brasil, Alemaña e Finlandia son os seguintes con tres cada un. Dos 33 pilotos que conseguiron o título mundial, 20 seguen vivos. O último falecido foi John Surtees (1934-2017). O campión actual é Lewis Hamilton. Entre os equipos, a Scuderia Ferrari produciu a maioría dos pilotos gañadores do Campionato Mundial con 15.

Nigel Mansell

Nigel Mansell Ernest James, CBE naceu en Worcestershire o 8 de agosto de 1953 é un ex piloto de carreiras británico que gañou o Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1992 e o Champ Car World Series de 1993.

De orixe humilde, Mansell estudou enxeñaría no Matthew Boulton College en Birmingham. Traballou como enxeñeiro aeroespacial en Lucas Engineering antes de abandonar a súa profesión polas carreiras de autos.

Mansell era o campión en vigor da F1 cando se marchou a competir na CART, converténdose na primeira persoa en gañar o título da CART na súa primeira tempada, e sendo ata 2015 a única persoa en ocupar tanto o Campionato Mundial de pilotos e o Campionato nacional americano de monoprazas simultaneamente.

A súa carreira na Fórmula Un prolongouse por 15 tempadas, coas súas últimas dúas tempadas completas das carreiras no máxomo nivel na serie CART. Mansell é o segundo piloto británico máis exitoso de todos os tempos en térmos de carreiras gañadas con 31 vitorias, e é sétimo na lista xeral de gañadores de carreiras de Fórmula Un detrás de Michael Schumacher, Alain Prost, Lewis Hamilton, Sebastian Vettel, Ayrton Senna e Fernando Alonso. Tiña a marca de maior número de poles logradas nunha soa tempada, que foi superada en 2011 por Sebastian Vettel.

Mansell correu na serie Grand Prix Masters en 2005, e gañou o título de campión. Posteriormente asinou un contrato dunha sóa carreira polo equipo Scuderia Ecosse GT para conducir o seu coche Ferrari F430 GT2 co número 63 en Silverstone o 6 de maio de 2007. Desde entón competiu en carreiras de autos deportivos cos seus fillos Leo e Greg, incluíndo as 24 Horas de Le Mans de 2010.

Robert Andrews Millikan

Robert Andrews Millikan, nado en Morrison, Illinois o 22 de marzo de 1868 e finado en San Marino, California o 19 de decembro de 1953, foi un físico estadounidense que gañou o Premio Nobel de Física en 1923 primordialmente polo seu traballo para determinar o valor da carga do electrón e o efecto fotoeléctrico. Tamén investigou os raios cósmicos

Século XX

século XIX < século XX > século XXI

Período que abrangue do 1901 ó 2000. Coñecido coma o século das ideoloxías.

XVII
 
XVIII
 
XIX
 
Século XX
 
XXI
 
XXII
 
XXIII
Década de 2000
Década de 1990
Década de 1980
Década de 1970
Década de 1960
Década de 1950
Década de 1940
Década de 1930
Década de 1920
Década de 1910
Década de 1900

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.