18 de xuño

O 18 de xuño é o 169º día do ano do calendario gregoriano e o 170º nos anos bisestos. Quedan 196 días para finalizar o ano.

<< Xuño >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Raymond Radiguet by Modigliani, 1915, private collection
Raymond Radiguet.

Mortes

JSJoseSaramago
José Saramago.

Festas e celebracións

Outros

Os 366 días do ano

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

1982

1982 foi Ano Santo Xacobeo.

Dudley R. Herschbach

Dudley R. Herschbach, nado o 18 de xuño de 1932 en San José, California (EUA), é un matemático, químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1986.

INaturalist

iNaturalist é un proxecto científico e cidadán e unha rede social conectada de naturalistas, científicos e biólogos co obxectivo de construír e mapear a biodiversidade en todo o globo compartindo observacións. As observacións poden ser engadidas a través da páxina web ou dende unha aplicación móbil. As observacións achegan valiosos datos abertos a unha gran variedade de proxectos investigadores científicos, museos, xardíns botánicos, parques, e outras organizacións. Os usuarios de iNaturalist contribuíron con máis de dous millóns de observacións dende o súa creación no 2008, e o proxecto foi chamado "un líder das aplicacións móbiles de historia natural". e o proxecto está considerado como "líder entre as aplicacións móbiles de historia natural."

Impulso específico

O impulso específico (abreviado a miúdo como ISP) é unha magnitude que describe a eficiencia dos motores foguete e os motores de reacción. Representa a derivada do impulso con respecto da cantidade de propelente usado, é dicir, o pulo dividido pol cantidade de propelente usado por unidade de tempo. Se a cantidade de propelente se da en termos de masa (como quilogramos), o ISP terá unidades de velocidade. Se se da en termos de peso (como Newtons), o impulso específico terá unidades de tempo. A constante de conversión entre as dúas maneiras de expresa-lo impulso específico é a constante da gravedade estándar, g, que ten un valor de aproximadamente 9,8 m/s². Canto maior sexa o impulso específico, menor será o fluxo de propelente necesario para obter determinado pulo, e no caso dos foguetes menor propelente será necesario para alcanzar unha mesma velocidade.

Jerome Karle

Jerome Karle, nado o 18 de xuño de 1918 en Nova York e falecido o 6 de xuño de 2013 en Annandale (Virxinia), foi un químico estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química en 1985.

José Saramago

José de Sousa Saramago, nado en Azinhaga o 16 de novembro de 1922 e finado na illa canaria de Lanzarote o 18 de xuño de 2010, foi un escritor e xornalista en lingua portuguesa, gañador do Premio Nobel de Literatura no 1998. Tamén gañou o Premio Camões, o máis importante premio literario da lingua portuguesa. Naceu na provincia do Ribatejo, o día 16 de novembro, aínda que o rexistro oficial presente o día 18 como o do seu nacemento.

Saramago, coñecido polo seu ateísmo, foi membro do Partido Comunista Portugués e director do Diário de Notícias.

Paul Karrer

Paul Karrer, nado o 21 de abril de 1889 en Moscova (Rusia) e finado o 18 de xuño de 1971 en Zúric (Suíza), foi un químico e profesor universitario suízo galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1937.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.