18 de xaneiro

O 18 de xaneiro é o 18º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 347 días para finalizar o ano, 348 nos anos bisestos.

<< Xaneiro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
2019
Todos os días

Acontecementos

Nacementos

Charles Montesquieu
Charles de Montesquieu.

Mortes

Rudyard Kipling
Rudyard Kipling.

Santoral

  • Santa Margarida de Hungría.
  • San Amancio.
  • Santa Prisca.

Outros

Os 366 días do ano

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

Adolf Butenandt

Adolf Friedrich Johann Butenandt, nado o 24 de marzo de 1903 en Lehe, Bremerhaven, (Alemaña) e finado o 18 de xaneiro de 1995 en Múnic, foi un bioquímico e profesor universitario alemán galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1939.

Aureliano Pardo Villar

Aureliano Pardo Villar, nado en Arzúa o 18 de xaneiro de 1882 e finado en Padrón o 13 de xaneiro de 1957, foi un frade e escritor galego.

Carlos Blanco Yáñez

Carlos Blanco Yáñez, nado en Meira o 18 de xaneiro de 1934 e finado en Vigo o 12 de abril de 1998, foi un editor galego.

Imperio Alemán

O Imperio Alemán (en alemán: Deutsches Reich, chamado por algúns historiadores alemáns Kaiserlich Deutsches Reich ou simplemente Kaiserreich), foi a forma de Estado que existiu en Alemaña desde a súa unificación e a proclamación de Guillerme I como emperador, o 18 de xaneiro de 1871, ata 1918, cando se converteu nunha república logo da derrota na Primeira Guerra Mundial e a abdicación de Guillerme II (9 de novembro de 1918). O término de Deutsches Reich mantívose como nome oficial de Alemaña durante a República de Weimar e a maior parte do período nazi ata 1943, cando foi cambiado a Großdeutsches Reich («Grande Imperio Alemán»).

Durante os seus 47 anos de existencia, o Imperio alemán xurdiu como unha das economías industriais máis poderosas da Terra e unha gran potencia, ata que se derrubou logo da súa derrota militar na Primeira Guerra Mundial e a Revolución de Novembro. Os Estados fronteirizos máis importantes foron o Imperio ruso no leste, Francia no oeste e o Imperio austrohúngaro situado no sur.

José Castro González

José Castro González, máis coñecido polo alcume de Chané, nado en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 1856 e finado na Habana o 27 de xaneiro de 1917, foi un músico galego. Como instrumentista era virtuoso da guitarra e da cítara. Tamén foi compositor, e director do Orfeón Coruñés e máis tarde da Coral Polifónica El Eco, coa que obtivo galardóns en Pontevedra (1880), Madrid (1887), Barcelona (1888), Santander e París (festival do Teatro Trocadero de 1889). Foi membro correspondente da Real Academia Gallega.

Marcos, papa

San Marcos foi entronizado papa o 18 de xaneiro de 336. O Líber Pontificalis di que é romano e indica Priscus como o seu pai. O seu goberno breve (oito meses e algúns días) é marcado non obstante pola elevación, á súa demanda, de dúas basílicas en Roma, San Marcos e igualmente Santa Balbina. Falece o 7 de outubro de 336 e é enterrado no cemiterio de Balbina.

Concédelle o palio ao bispo de Ostia, que ten o privilexio de consagrar o papa.

É celebrado o 7 de outubro.

Yoichiro Nambu

Yoichiro Nambu (南部 陽一郎, Nanbu Yōichirō), nado en Tokio o 18 de xaneiro de 1921, é un físico estadounidense de orixe xaponesa.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.