18 de setembro

O 18 de setembro é o 261º día do ano do calendario gregoriano e o 262º nos anos bisestos. Quedan 104 días para finalizar o ano.

<< Setembro >>
Lu Ma Xo Ve Do
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
2019
Todos os días

Acontecementos

  • 4 - Tiberio é confirmado como o emperador polo Senado.
  • 96 - asasinato do emperador romano Domiciano, acaba con el a dinastía Flavia. É proclamado novo emperador Nerva quen da comezo a dinastía Antonina.
  • 795 - Batalla das Babias, entre o Reino de Asturias e o Emirato de Córdoba.
  • 1502 - Cristovo Colón, na súa cuarta viaxe a América, chega a Puerto Limón, Costa Rica.
  • 1810 - Instálase en Chile a Primeira Xunta Nacional de Goberno, primeiro paso para a independencia
  • 1910 - Colócase a primeira pedra do monumento da Virxe da Rocha de Baiona.
  • 1931 - Xapón comeza a invadir a Manchuria, ó norte de China
  • 1989 - Richard J. Terrile e o equipo de imaxes da sonda espacial Voyager 2, descobren a lúa do planeta Neptuno, Talasa, a partir de imaxes tomadas pola propia sonda; a data do descubrimento é unha especie de media, xa que no anuncio do descubrimento (feito o 29 de setembro do 1989) só se fala de "25 fotogramas tomados en 11 días", resultando así que a data inicial do descubrimento fora algún outro día antes do 18 de setembro.
  • 2014 - Ten lugar en Escocia un referendo pola independencia. O resultado foi a favor 45% en contra 55%.

Nacementos

Traianus Glyptothek Munich 72
Busto de Traxano
Hans Burgkmair d. Ä. 006
Leonor de Portugal
Greta Garbo 1925 by Genthe
Greta Garbo

Mortes

León Felipe
León Felipe
Jimi Hendrix 1967
Jimi Hendrix

Festas e celebracións

  • Día da Independencia de Chile.

Outros

  • Santoral: San Xosé de Cupertino.

Os 366 días do ano

.bg

.bg é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bulgaria. Está operado por Register.bg.

As pautas para o rexistro de nomes no dominio impoñen que estes teñen que ser rexistrados por compañías e organizacións búlgaras, ou compañías de fóra que teñan presenza representativa en Bulgaria. O nome do dominio ten que representar o nome da compañía ou unha abreviación del. En xeral, calquera nome pode ser rexistrado se primeiramente é rexistrado no Rexistro búlgaro.

O prezo do rexistro é de 30 euros por ano (36 € incluíndo o IVE).

Até mediados de 2006, o prezo era de 50 USD para o rexistro e logo 50 USD por ano (dando un total de 120 USD incluíndo o IVE para o primeiro ano). Para o nivel local, isto era un prezo moi alto e moitas páxinas web búlgaras rexistráronse baixo dominios .com, .org, ou .net, pois os custos de rexistro son significativamente máis baixos (de 8 a 12 USD por ano) e con menos dificultades burocráticas.Desde o 25 de agosto de 2008, Register.BG simplificou os procedementos, permitindo o rexistro co .bg sen prover documentación (marca, nome da empresa) para o nome. As disputas que se poidan dar serán resolvidas a través dunha comisión de arbitraxe de recente creación.Desde o 18 de setembro de 2006, Register.bg propón novos subdominios de terceiro nivel baixo a.bg, b.bg etc, (unha letra latina ou un díxito máis o .bg) a un baixo prezo (12€/ano incl. IVE), con menos restricións. Está principalmente feito para persoas individuais.O 5 de setembro de 2009, Register.bg comezou a aceptar nomes de segundo e terceiro nivel en cirílico con letras que só hai na lingua búlgara.

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

Edwin Mattison McMillan

Edwin Mattison McMillan, nado o 18 de setembro de 1907 en Redondo Beach, no condado dos Ánxeles (Estados Unidos), e finado o 7 de setembro de 1991 en El Cerrito (California), foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1951.

Forza Aérea dos Estados Unidos de América

A Forza Aérea dos Estados Unidos (en inglés: United States Air Force, USAF) é unha das ramas das Forzas Armadas dos Estados Unidos. É a forza aérea máis grande e máis avanzada tecnoloxicamente do mundo e conta cuns 15 000 avións en servizo e uns 352 000 homes en activo, 72 000 na reserva, e 102 000 na garda aérea nacional (Air National Guard).

O 18 de setembro de 1947, trala aprobación da Acta de Seguridade Nacional de 1947, escindiuse do exército (US Army). A misión actual da USAF é "dar opcións soberanas para a defensa dos Estados Unidos de América e os seus intereses globais, voar e combater no ar, no espazo e no ciberespazo".

Gregorio XVI, papa

Bartolomeo Alberto Cappellari Pagani Gesa , nado en Belluno, Italia, o 18 de setembro de 1765 e finado en Roma o 1 de xuño de 1846, foi Sumo Pontífice, bispo de Roma, soberano dos Estados Pontificios e 254º papa da Igrexa católica dende o 2 de febreiro de 1831 ata a súa morte en 1846.

John Cockcroft

Sir John Douglas Cockcroft, nado o 27 de maio de 1897 e finado o 18 de setembro de 1967, foi un físico británico. Recibiu o premio Nobel de Física por ser o primeiro en desintegrar un núcleo atómico, e foi primordial no desenvolvemento da enerxía nuclear.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

Setembro

Setembro é o noveno mes do ano no calendario gregoriano e ten 30 días. O seu nome, que vén da mesma raíz latina ca "sétimo", débese a que era o sétimo mes no calendario romano.

O mes de setembro empeza no mesmo día da semana que decembro cada ano.

The New York Times

The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).

A súa sede atópase no The New York Times Building, na Oitava Avenida de Nova York.

xaneiro
febreiro
marzo
abril
maio
xuño
xullo
agosto
setembro
outubro
novembro
decembro

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.